martes, junio 03, 2008

Está á venda Amancio Ortega?

Está á venda Amancio Ortega? Isto é o que se anuncia na dirección electrónica www.amancioortega.es, sen dúbida pertencente a algún listo que se lle adiantou ao famoso patrón do textil en materia de rexistrar dominios
No citado enderezo só aparece esta mensaxe: "Amancio Ortega. Este dominio esta (sen acento no a) en venta". Resulta curioso que a un dos homes máis ricos do mundo, que ten unha caterva de expertos e asesores a soldo, se lle escapara rexistrar o seu nome no dominio do seu Estado e un dos de máis fácil control porque non está a dispor de calquera senón de quen apareza sustentado por unha empresa.
Acabará o empresario coruñés comprando este dominio como compra casas sen parar en París e nos Estados Unidos?