martes, diciembre 23, 2008

O viño e nós falamos galego


Quizais sexamos poucos e ata algo mal avidos os que escribimos, lemos e comentamos este blog que se empeña en dar e recibir golpes na cabeza coa intención de facérmonos pensar entre todos. Pero, iso si, querémonos abondo como esperar xuntos a que escampen os tempos da mediocridade.
E, mentres agardamos, nós tamén celebramos o Nadal e, sobre todo, o Aninovo. Facémolo brindando con viño galego etiquetado en galego. Saúde, Pepiño! E celebramos tamén que a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, a Consellería de Medio Rural e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística promoveran un anuncio tan bonito como o que Croques escolle para felicitar estas festas aos da banda de Laíño e aos da banda de Lestrove. Ou sexa, a todos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Saúde Don Perfeuto, e a seguir dando croques (contra isto e aquilo, ou a prol). Lectora súa desde hai moito eu tamén penso que o viño noso debe falar (e cantar) en galego. Así que aí lle vai o meu brinde monolingüe. Para vostede e todos os que compartimos estes croques.

Anónimo dijo...

tú segue así, cona. maniático pero rabudo.