viernes, mayo 30, 2008

La Región vólvelle dar a Santiago Rey

Quen dixo que se perdera a tradición galega do escarnio e do maldizer? Perderíase a poesía das cantigas e agora non haberá Joan Soares Colello, Fernán García nin Airas Peres, pero aínda queda algún cego que vai cantando pola feira da vida. Luis Sotelo –chéirame a pseudónimo–, por exemplo, publica hoxe en La Región a seguinte diatriba contra o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey:

“Al dueño de La Voz de Galicia, Santiago Rey, se dirigía en una publicación coruñesa el socio y accionista del Deportivo nº 25.640: ‘Santiaguito, te recuerdo muy bien en aquellos tiempos que jugabas en el jardincillo de la Dársena, frente a la Redacción de La Voz. Recuerdo que las chachas no nos dejaban jugar contigo, porque decías blasfemias y muchos tacos. Tan ya de pequeñito’. Pues, han pasado los años pero Santiaguito sigue siendo el mismo. El mismo incluso que allá por los años 70 llegaba con su flamante Jaguar al Club de Golf y se bajaba del bólido como si se tratara de un 600, eso sí dejando que se notara que Santiaguito era Santiaguito con chaqueta de paño inglesa, camisa abierta y el inevitable pañuelo de seda al cuello que se había convertido en la marca de fábrica, en la etiqueta distintiva, de todo el pijerío que se dejaba ver, mejor admirar, por los club de yates o de golf de Galicia. En aquella misma publicación, donde se le llama ‘el maltratador del Deportivo’, se daba la siguiente nota biográfica del personaje: ‘Su padre, Emilio Rey, originario de Betanzos, era un hombre sin estudios pero emprendedor, con sus hermanos fundó el sello YER (Rey al revés), un sucedáneo de la aspirina en el periodo entreguerras. El éxito le proporcionó una gran fortuna para la época, se vino a La Coruña y le permitió comprar varios cines, entre ellos el Colón. Se casó con doña María Victoria Fernández-España, viuda (dueña de La Voz de Galicia) y que aportaba al matrimonio dos hijas. Con ella tuvo otros tres: Emilio, Paloma y Santiago. Emilio Rey padre dejó en herencia, entre otras cosas, un periódico modernizado. Santiago se encargó de ‘clarear’ las participaciones en el mismo de su hermana, hermanastras y de su madre. Dio el poder del periódico a sus hijos y a su mujer. Después los desheredó (lo que sí es un relevo ‘por gestión’). No tienen relación. Cambió el nombre de la Fundación Fernández Latorre (su bisabuelo) para ponerle su propio nombre, Santiago Rey. El ayuntamiento le ofrecía una calle, pero él se empeñó en que quería una avenida. Tuvieron que quitar la mitad de la de su abuelo. Nadie de los Fernández Latorre tiene relación con él. El único amigo, familiar, que le quedaba, el que lo ayudó y lo acogió numerosas tardes en su casa del Parrote, huyendo de la soledad y del desprecio de la familia, fue su primo Enrique Fernández-Latorre; hoy tampoco tiene relación’. En la misma publicación se le atribuyen como ‘sus éxitos profesionales’ los siguientes: ‘Cerró Diario 16, 118 trabajadores de una cabecera histórica de la transición se quedaron sin trabajo. Cerró el diario deportivo local Meta Sport. Cerró La Voz de Baleares. Cerró todas las emisoras de Radio Voz de fuera de Galicia (después de recibir una graciosa ayuda pública). Todavía no ha conseguido cerrar La Voz de Galicia con una notable deuda de casi 10.000 millones de pesetas, más del 80% a corto plazo, siendo asimismo la empresa de comunicación más subvencionada por la Xunta de Galicia’. Y ya puestos a hablar de la Xunta, una ingenua pregunta que se hacen no pocos coruñeses: ¿Cómo es posible y por qué la Xunta de Galicia mantiene paralizado desde el 5 de mayo de 2006 el expediente de expulsión que le fue abierto en el Club de Golf por llamar ‘hijo de puta’ y otros insultos al entonces presidente de la entidad al tiempo que le amenazaba con ‘dar unas hostias’? ¿Están las administraciones públicas para estas cosas?"

Sanidade tampouco ten abondos psiquiatras

Algunhas unidades de saúde mental están a piques de ficar sen abondos especialistas para atender á demanda de atención psiquiátrica. Hai varios meses, cando se levou a cabo a oferta pública de emprego do Sergas, a reclamación por vía xudicial dun dos concursantes paralizazou a incorporación de novos psiquiatras e agora a situación laboral destes centros empeza a ser sumamente preocupante.
Cando tivo lugar o exame para seleccionar novos especialistas en Psiquiatría o tribunal, composto por cinco psiquiatras de distintos hospitais, presentou un total de 100 preguntas sobre dous temas a escoller e, xa no proceso de autocorrección, observouse que había varios examinandos coas 100 preguntas contestadas. Un dos concursantes que non foi seleccionado entrou nun cuarto de hospital onde estaba un compañeiro de traballo que foi dos seleccionados dicíndolle que sabía todo o que pasara e que se ían enterar todos. Cando isto sucedeu xa se extendera a sospeita de que algún membro do tribunal puido dar a coñecer o cuestionario a varios dos concursantes.
Este denunciante deixou a súa bata de médico colgada nunha percha antes de saír da sala e, dentro dela, un magnetófono funcionando que gravou o que ocorreu a continuación. O psiquiatra interpelado, namais irse o outro de onda el, marcou varios números de teléfono e falou con outros concursantes que tamén resultaron admitidos na proba de acceso ás prazas. Todo ficou gravado e suponse que, das conversacións efectuadas, derívanse indicios de que as cousas non transcorreron como debían.
Presentada a denuncia en Vigo, o fiscal coñeceu o contido das gravacións e, aínda que non as admitíu como proba válida, por facérense subrepticiamente as gravacións, atopou indicios razonábeis de que puido haber delito e o xuíz mandou abrir unha investigación.
Como consecuencia foron chamados a declarar os membros do tribunal e as persoas que aparecen rexistradas na gravación. Mentres tanto, o Sergas inhibíuse e púxose á espera do que resolva a Xustiza. A toma de poesión das prazas de Psquiatría quedou suspendida.
E agora pasa o que pasa.

jueves, mayo 29, 2008

Pobre México

Pobre México. Tan lonxe de Deus e tan preto de Estados Unidos. En menos de 24 horas, 17 persoas foron asasinadas en seis estados en enfronta-
mentos rexistrados entre carteis do narcotráfico e entre estes e a Policía e o Exército. Os crimes cometéronse nos estados de Sinaloa, Durango, Chihuahua, México, Jalisco e Tabasco.
Leo no diario La Jornada que os casos máis cruentos tiveron lugar o pasado mércores en Durango, onde se atoparon dúas cabezas humanas e un corpo decpaitado que tiña unha cabeza de porco sobreposta. En Chihuahua foi decapitado un policía e sete persoas máis asasinadas.
Entre a tarde do martes e a mañá do mércores, mataron a balazos oito persoas en Chihuahua, catro en Ciudad Juárez, outra en Casas Grandes e unha máis en Cuauhtémoc. No concello de Ignacio Zaragoza foi decapitado o policía municipal Adrián Ramos e na cidade de Chihuahua Jesús Francisco Guardado, ex axente municipal. Na maioría dos casos, os executores de todos estes crimes deixaron mensaxes contra o nacrotraficante El Chapo Guzmán, firmado por La Línea, grupo relacionado co cartel do capo Carrillo Fuentes. Nunha ponte da cidade de Chihuahua apareceu unha pancarta cunha lista de nomes e alcumes e, no final da lista, a seguinte frase: “Son los que siguen”.
En Sinaloa foi asasinado o comandante da Policía Ministerial, Rufino Aispuro Soto. Tiña a cara cuberta con cinta adhesiva e a cabeza envolta nunha bolsa de plástico. Xunto a el había un rifle AR-15 e unha pistola calibre 38.
Metres tanto, tres novas narcomantas (pancartas colocadas polos narcotraficantes) apareceron en distintos sitios de Culiacán, acusando ao xeneral Roberto Miranda, comandante da Terceira Rexión Militar e ex xefe de Estado Maior Presidencial, e a Genaro García Luna, secretario de Seguridade Pública Federal, de protexer os narcotraficante Arturo Beltrán e Vicente Carrillo.
Nunha destas “narcomantas", colocada fronte a un centro comercial de Lomas del Bulevar, figuraba o seguinte texto: “General Roberto Miranda, secretario que vende y entrega a sus policías. Genaro García Luna en su memoria y conciencia si es que la tienen llevarán la muerte de tantos polis y gente inocente y todo por ser fiel servidor de los narcotraficantes Arturo Beltrán y Vicente Carrillo”.
No concello de Ecatepec foi asasinado Crisóforo Flores, axente da Policía Federal Preventiva que traballaba na área de migración do aeroporto internacional de Ciudad de México. O comandante da policía municipal de Huixquilucan, Fernot Ramírez, e tres civís tamén foron abatidos a tiros. En Zapopan (Jalisco) foi executado a balazos o policía municipal Luís Fernando Rodríguez. Unha muller desnuda tamén apareceu morta na autoestrada México-Morelia, e outra muller máis, con dous tiros na cabeza, apareceu en Villa del Rosario (Tabasco).
Ás veces un agradece vivir en Europa.

Tallón foise de Emigración

O xornalista ourensán Xoán Tallón decidíu abandonar a xefatura de Prensa da Secretaría Xeral de Emigración que veu desempe-
ñando ata agora ás ordes do titular deste departamento da Xunta, Manuel Luís Rodríguez González. Segundo conta o dimisionario, a súa marcha non ten nada que ver coa situación pola que atravesa o citado oorganismo público dende que o PP promoveu unha investigación oficial, que está levándose a cabo no Parlamento, sobre un suposto desvío de fondos autonómicos a campañas electorais do PSdeG-PSOE, asunto que foi denunciado pola suposta axente electoral María Isabel Blanco Rodríguez.
Tallón, que antes de entrar ao servizo da administración pública galega, era correspondente do xornal ourensán La Región, pensa volver a exercer o xornalismo independente, para o que demostrou estar ben capacitado profesionalmente. É un deses xornalistas novos que, estando sobradamente preparados, non deixan que a súa cabeza se encha de paxariños. Oxalá que lle vaia ben na súa volta ao xornalismo da rúa, especie que xa está demasiado en extinción.

Ánxela Bugallo convidou a mojitos

Nin que fose o banquete da súa boda. Ou polo menos unha despedida de solteira. A conselleira de Cultura convidou no hotel Presidente da Habana con 400 “mojitos”, 90 refrescos, 160 buffets e 168 merendas. Todo por un importe, propina incluída, de 1.626 dólares que non saíron do seu peto particular senón dos fondos públicos da Consellería que goberna. Se fose Fraga o que convidase, a que lle armarían os do Bloque.
Tal gasto foi ocasionado durante a estancia en Cuba da ambaixada composta por case trescentos escritores, inteletuais, artistas, políticos e algún que outro enchufado que viaxaron ao Caribe co gallo de celebrar na Habana a Feira Internacional do Libro. Apúntome para que me conviden a min tamén na próxima e, a ser posible, que incluán no fort-fait algunha visitiña pola noite ao Tropicana con botellas de Havana 15 e Cohibas Siglo VI.

miércoles, mayo 28, 2008

Cazadores badocos

Cubríronse de groria os cazadores de Francelos, Castroverde, Lugo. O cartel que fixeron para promover o seu concurso de tiro é unha auténtica xoia representativa do que pode dar de si a choqueirada cando se aplica sen complexos. Unha moza, á que se lle ve a entreperna, aparece como branco do tiro dun home que apunta cunha escopeta (véxase a foto).
Normalmente as persoas que desfrutan moito matando seres vivos a tiros ou facendo gala da súa pericia disparadora non acostuman destacar como inspiradores de ideas sublimes, pero o badoquismo a que chegaron os túzaros que deseñaron este cartel supera todas as marcas. Calquera psiquiatra que analice o seu contido seguramente ditaminaría unha inmediata misse en garde dos inspiradores, realizadores e pomotores do mesmo.
Neste caso si que está sobradamente xustificada a intervención da Scretaría Xeral de Igualdade para que se procedese á inmediata retirada da circulación de tan burda e perigosa “machada”. O malo é que os organizadores da mesma decidiron substituir a rapaza despernada por unha perdiz. A onde lle van apuntar agora ao pobre animal? Ao cú? Ao cú destes cazadores é cara a onde tiñan que disparar as perdices. E con cartuchos de sal.

A Xustiza anda no lixo

Dame preguiza ser eu o que fale disto, pero voulle meter o dente. Non hai nada que se teña menos acaído á evolución democratica deste país de países ca administración de xustiza, agás unha cousa, a puñetera Igrexa Católica que segue pensando que andamos pola Idade Media. Aquí refórmouse o Exército, a Garda Civil e ata a dereita franquista anda pensando que ten que deixar de selo, pero a que continúa coma sempre é a famosa cega da balanza.
Nos tempos de Franco dicíase que pobre de ti se un funcionario de Xustiza tecreaba o teu nome nunha máquina de escribir. Con razón ou sen ela, sabías que ías fodido. O que non sabiamos daquela é que podiamos rematar botados, con nomes e apelidos, a un caixón do lixo. Era o que nos faltaba e é o que nos acaba de chegar, segundo a noticia de que o Consello Xeral do Poder Xuducial abríu unha investigación sobre unha reportaxe emitida por Telecinco na que se mostraron documentos xudiciais que foron botados ao lixo por diversos xulgados de Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e A Coruña.
Pobres de nós, nin Lei de Protección de Datos ni hostias benditas están para socorrernos. Teña vostede a desgraza de pasar por un xulgado e rematará como o lixo en calquera canle de televisión, que é onde ultimamente vai parar sempre calquera forma de lixo. Ou sexa, que primeiro condenarano ou absolverano, pero finalmente rematarán con vostede no caixón do lixo . É unha maneira como outra calquera de tomar de coña a xustiza. Pero, iso si, tomada de coña polos que din defendela e cobran por vivir dela.
Teño un amigo que di que a desgraza do que nos pasa é por estarmos gobernados por profesores do que sexa que renegan do ensino para dedicarse a someternos a pagar impostos, e eu engadiría que tamén estamos gobernados por profesionais da Xustiza que, en vez de dedicarse a amañar o seu, se puxeron a facer estradas ou a organizar cantarelas. E así andamos.
A conclusión que tiro é a de que, en vez de xuíces superstar coma Garzón ou ministros que proveñen do ramo pero só poñen a ponla, a min gustaríame ver na testa dos xulgados humildes servidores da deusa Temis, e iso debería comprender que a Xustiza non acabase nunca no lixo.

Ferrín e Fierros, dous dos mellores


Xosé Luís Méndez Ferrín acaba de ser bendecido pola cultura oficial galega. Tempo era. Concedéronlle o Premio Nacional de Literatura ao autor vivo de máis valía. Hai poucos días, Francisco Fernández del Riego dicíame que “as letras galegas non teñen aínda a ninguén que supere a Ferrín, a pesar de que agora se prodigan todo tipo de libros e de escritores”. Ferrín é moito máis ca un escritor, pois tamén é un político de raiceiras ben presas na terra, pero fundamentalmente é o autor que anovou e dignificou a literatura galega máis ca ninguén.
Outro galardonado é o catedrático da USC Francisco Díaz Fierros, ao que se lle acaba de conceder o Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica pola súa “capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica”. Fierros, ademais, é un digno continuador de Otero Pedrayo na interpretación da paisaxe e a xeografía do país e un magnífico conciliador do ecoloxismo e o desenvolvemento sostíbel.
Esta vez acertaron plenamente os distribuidores dos premios nacionais galegos.

martes, mayo 27, 2008

Necionalismos


Vou ter que rezar unha penitencia. Hai máis de seis meses, López, o meu humorista de cabeceira, mandoume unha viñeta que eu non souben valorar no que valía. É a que agora reproduzo aquí enriba. Onte, no xornal ABC, o xenial Mingote publicou a que aparece debaixo da de López. Xúrolles que é unha auténtica coincidencia, pero ten graza o conto pois nin Mingote puido inspirarse en López –só eu tiña a viñeta– nin López inventou a coincidencia –o seu debuxo leva no meu ordenador dende hai preto de medio ano–.
Lamento que eu non fose máis espabilado e non me dera conta antes de que a viñeta de Lopez é xenial. Ou que a miña pregiza me impedira aproveitar o debuxo dos “necionalismos”. I’m sorry, López! Congratulations, Mingote!

La Región súbeselle ás barbas a Santiago Rey


Interesante órdago o que lle acaba de lanzar o xornal ourensán La Región ao coruñés La Voz de Galicia. Quen dixo que os cans non comen carne de can? Hase ver agora, porque o editorial publicado hoxe polo periódico dos Outeiriño, xunto cun artículo firmado por Luís Sotelo, convida a que se abra a caixa de Pandora dos medios de comunicación galegos e o máis seguro é que, a estas horas, o editor Santiago Rey xa tivo que engolir máis dun trago de escocés para dixerir a xenreira que lle provocou a reacción dos que queren que a Deputación de Orense lle tire as castañas do lume a un xornal que pasa por apretos económicos.
Din os do xornal ourensán que La Voz de Galicia “está levando a cabo nos últimos días unha groseira campaña contra a lexítima operación de reestruturación financeira emprendida pola sociedade editora de La Región, tanto no libre exercicio do seu dereito empresarial como no de garantir aos ourensáns que a súa marca informativa continuará desenvolvendose sen maiores trabas no futuro ao compás das novas tecnoloxías e das novas situacións de mercado”.
Tamén aseguran que a Santiago Rey fáltalle por conquistar o feudo de Ourense: “É indudábel que La Voz de Galicia reina na provincia da Coruña. E é igualmente incuestionábel que este xornal ten unha significativa implantación noutras áreas. É unha realidade que, como medio informativo, recoñecemos sen ningún problema. Pero a mesma realidade revela que en Ourense o periódico coruñés non logra penentración algunha a pesar dos esforzos, ás veces abondo sucios, desplegados durante décadas. Por citar tan só un exemplo deses esforzos non sempre limpos, aí están as súas reiteradas pácticas de dumping empresarial ofrecendo as súas páxinas de publicidade en Ourense ata 200 veces máis baratas que na Coruña. Inequívoco exemplo de boa práctica empresarial. Como para dar consellos”.
E aínda din máis os de La Región: “La Voz de Galicia é unha empresa familiarizada coa venda e distribución de exemprares do xornal que, engrosando a súa tirada, non abonan puntual e fielmente os petos de moitos dos seus lectores; páganos outros e non precisamente polo afán de lectura”.
Segundo La Región, o reto do xornal de Santiago Rey “trátase de acadar, como sexa, a obsesiva meta dos 100.000 exemprares e, para conseguilo, vale todo”. “Dende hai décadas –di o editorial do periódico dos Outeiriñoo xornal coruñés está gastando grandes cantidades de diñeiro na súa distribución pola provincia de Ourense, na que hai lugares nos que a venda dun só exemprar supón a perda de rendabilidade de decenas. En operacións de mercadotecnia batéronse todas as marcas imaxinábeis co resultado habitual: as vendas non suben. Pola contra, baixan. La Voz de Galicia, que chegou a publicar tres edicións na provincia, tivo que tirar finalmente a toalla e reducíunas a unha, tamén co resultado que se coñece. E todo como consecuencia de que o que fatura o diario coruñés nun ano na provincia de Ourense está por debaixo do que fai La Región nun mes”.
Máis lonxe aínda quere chegar Luís Sotelo no artigo que, coa súa firma, publica tamén hoxe La Región lembrando que La Voz de Galicia quintuplica as axudas repartidas polas administracións públicas de Galicia. “Se ao segundo medio ao que lle dan máis gabelas, lle conceden unha moeda dun euro, a vostede entréganlle un billete de cinco”, exclama o articulista dirixíndose a Santiago Rey, antes de pasar a referirse aos “millóns de euros que viñeron e veñen facturando á televisión pública” e á empresa Sondaxe, “ese perfecto escarpín que tanto serve para o interior como para o exterior e que arrima boas brasas ás súas propias sardiñas”.
O articulista lánzalle a Rey algunhas interesantes preguntas: Cantos millóns de euros máis quere que lle faciliten eses poderes públicos que con tanta tacañería lle financian ocorrencias ou lle apadriñan empresas? Máis concesións de radio e televisión dixital? Novos contratos con organismos oficiais? Novas publicacións de diarios oficiais? Máis servizos de asistencia á Xunta, ás deputacións e aos concellos?
Sotelo termina popoñéndolle a Santiago Rey que considere “oportuna e esclarecedora” a proposta de que “se leve a cabo unha auditoría independente e de total garantía sobre os respetivos vencellos dos medios de comunicación de Galicia coas administracións públicas a todos os níveis”.
Pos non estaría mal que se levase a cabo esa auditoría. Saberiamos, por fin, os contribuíntes en que camas se deitan os políticos galegos cos amos da comunicación. Os de Ourense tiraron a primeira pedra. Que siga a liorta. A ver quen se esnafra.

Síndrome de Monte Pío

A residencia oficial que deseñou e dirixíu na súa construcción o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, un dos flamantes premios nacionais de cultura galega, é a Moncloa de Galicia dende que Pérez Touriño desempeña a presidencia da Xunta. O edificio de Monte Pío, con magníficas vistas sobre a catedral e a cidade de pedra, convertíuse no lugar no que o líder socialista pasa máis tempo e leva a cabo unha boa parte das súas actividades oficiais. Gústalle recibir alí os personaxes cos que sinte maior empatía (na fotografía aparece con Elvira González, compañeira do escritor arxentino Ernesto Sábato), preside reunións de traballo públicas e privadas, celebra algunha festa e charla cos amigos.
Dicíase no seu tempo que Adolfo Suárez padecía o síndrome da Moncloa cando se quería expresar un certo aillamento da realidade cotiá que acabou padecendo o líder da extinta Unión do Centro Democrático (UCD). Agora habería que falar do síndrome de Monte Pío non referíndose ao conxunto de síntomas que supostamente caracterizaron o comportamento de Suárez senón a unha particular manifestación dalgúns daqeles síntomas. Emilio Pérez Touriño, segundo pensan mesmo algúns dirixentes do seu partido, non é que se aillara da realidade cotiá senón que elixíu refuxiarse en determinados sectores que conforman esa realidade. En particular, no grupo de profesores de Universidade que incorporou ao poder autonómico cando accedeu ao goberno.
Nunca foi Touriño home de expresións multitudinarias. De carácter tímido e sen dúbida coñecedor dalgunhas das limitacións que coforman a súa personalidade –non é poseedor, por exemplo, dunha oratoria brillante nin consegue case nunca falar ben ningún idioma–, tende a atoparse cómodo cando se senta no colo dalgunha intimidade que el controla ben, tendencia que o leva moitas veces a arrodearse excesivamente de colaboradores mellor dotados para o manexo do botafumeiro que para o exercicio da crítica.
De feito, Touriño soporta enormemente mal que lle critiquen o que fai. Como soporta igual de mal, ou píor aínda, que alguén lle faga calquera tipo de sombra e quizais é neste conxunto de síntomas onde hai que atopar explicación a unha parte do seu comportamento en relación co vicepresidente Anxo Quintana, co que non lle quedou más remedio que compartir o goberno, pero evitando canto pode que o nacionalista exerza na práctica unha vicepresidencia para a que que oficialmente foi designado, como se acaba de ver agora no Parlamento co tema de Ence.
Pasamos así dun presidente da Xunta todopoderoso, como era Manuel Fraga, a un presidente que se sabe limitado, pero que non quere que se vexan esas limitacións. Quizais por isto tamén se refuxia máis en Monte Pío e nesas viaxes ao extranxeiro que acostuma facer con ares de xefe de Estado. Vai a Buenos Aires e os seus asesores rapidamente lle amañan algunha xuntanza coa viúva de Borges ou coa familia de Sábato. Recíbeo o vicepresidente Julio César Cleto, eso si, en funcións de presidente, e o asunto máis importante que trata con el é unha posíbel intervención do goberno arxentino preto de Editorial Sudamericana para prohibir o libro Super chistes de gallegos, que nin se acabou prihibindo nin falta que fixo. E dalí a Brasil, comer cos empresarios. Non era isto mesmo o que tamén facía Fraga?
O síndrome de Monte Pío, en fin, caracterízase por representar unha maneira de entender a política a través dun prisma de elitismo condicionado polo que hai e non polo que podía haber. Polo galpón de luxo que lle fixo Manuel Gallego a Fraga desfilan agora moitos empresarios, innúmeros profesores universitarios, visitantes ilustres que chegan de fóra e poucos –ou ningún– obreiros, sindicalistas e mesmo poucos intelectuais e artistas galegos. Parece como se Touriño dese por perdida, en favor do Bloque, a leira na que se cultivan estas berzas.

lunes, mayo 26, 2008

Imagenio imaxinado

–Ring! Ring!
–Diga.
–É vostede Perfecto Conde Murais?
–Non, son Perfecto Conde Muruais.
–Bueno, iso.
–Dígame o que quere.
–Son instalador de Imagenio de Telefónica, e chamo para averiguar cando vai estar na casa para ir poñerllo.
–Imagenio? Que Imagenio?
–Vostede o saberá, que foi o que o contratou.
–Eu non contratei ningún Imagenio.
Pasaban cinco minutos das dez da mañá de hoxe cando tiven que manter esta conversación telefónica, se é que se lle pode chamar conversación porque telefónica sí que a era porque procedía dun empregado ou subcontratado desta compañía. Namais colgar, marquei o 1004 e preguntei que era o que pasaba. Pedíronme o DNI e sentenciaron:
–Mandámoslle un instalador de Imagenio porque vostede contratou este servizo noso.
–Onde consta iso e quen introducíu eses datos?
–Na nosa base de datos, e pediríao vostede.
–Eu nunca pedín nada de Imagenio. Nin sequera sabía que estivese disponíbel para a miña liña. E agora que?
–Pois dámolo de baixa, se non o quere.
–Fágano inmediatamente e coiden de non cargar nada na miña conta.
Agora terei que mirar con lupa os recibos do Banco. Curioso sistema este de Telefónica para engrosar a carteira de clientes.

viernes, mayo 23, 2008

Voda de coalición

No oficio ao que pertenezo adoitamos consagrar o tópico de que non hai que confundir rumor con noticia. Logo case ninguén respecta o principio. Pásanos con isto aos xornalistas como lles pasaba aos cristianos co xaxún de non comer carne en Venres Santo.
Vén isto ao caso de que está moi extendida a especie de que Cupido cravou a súa frecha no mesmo colo do Consello da Xunta de Galicia. Un conselleiro importante, socialista, e unha conselleira, que non é menos significada, nacionalista, convertéronse no Romeo e Xulieta do bipartito e estarían mesmo a piques de pasar pola vicaría civil para oficializar os seus amores. Haberá voda de coalición?
O tema, aínda que ben puider pertenecer exclusivamente ao terreo dos sentimentos e da vida privada, de ser certo, adquiriría inmediatamente relevancia social e política debido á importante significación pública dos supostos noivos. Segundo parece, o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, estaría preocupado polo alcance e as repercusións que puider ter o caso, e xa tería mostrado o desexo de que a parella de conselleiros non pasase polo altar antes de que teñan lugar as próximas eleccións autonómicas.
A min, se este rumor remata sendo noticia, pareceríame o feito máis importante que se producise ata agora na Xunta. Algo parecido a que Carme Chacón mandara poñerse firmes coa barriga de futura nai. Demostraríase que estamos gobernados por persoas que son coma todos nós. Como na vida mesma, vaia.

Galegos, en Madrid


Presentouse en Madrid a revista Galegos. Nun acto que tivo lugar na Casa de Galicia e no que falaron Carlos Reigosa, director da publicación, Alexandro Diéguez, editor da mesma, e Alfonso Sobrado Palomares, director da institución pública que acolleu o acontecemento.
Xosé Blanco, secretario de Organización do PSOE e Carme Adán, secretaria xeral Igualdade da Vicepresidencia da Xunta, entre outros políticos, empresarios e representantes da vida social (Xosé Manuel Piñeiro, Marc Ostarcevic, María Pineda, etc.), estiveron moi atentos á aparición da nova publicación galega en Madrid.

miércoles, mayo 21, 2008

A Filesa de Touriño

Pinta mal este asunto da suposta axente electoral do PSdeG-PSOE. A súa compare-
cencia esta mañá no Parlamento de Galicia, no que respondeu con voz segura de si mesma e a desenvoltura propia dos que non parecen terlle medo á verdade, pon enriba da mesa o que vai camiño de converterse na pequena Filesa do goberno de Emilio Pérez Touriño.
María Isabel Blanco, de tratarse dunha impostora, sería, dende logo, unha intérprete digna de ser contratada inmediatamente polo Centro Dramático Galego para ver se así despertaba este trebello insitucional que pouco fai máis que comerlle cartos ao contribuínte. O seu labor, pagado por parte do PSdeG con diñeiro procedente das arcas públicas galegas, como acaba de apresurarse a dicir o PP nun comunicado, ficou hoxe máis esclarecido que nunca e nin sequera o terceiro grado a que quixo sometela, con técnicas do mellor interrogatorio policial, o voceiro socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, conseguíu evitar que esta moza se pareza cada vez máis a aquel chileno que puxo barriga enriba o que rematou sendo o famoso escándalo Filesa. Non sei que teñen estes “latinochés” que sempre acaban poñendo en apretos ao PSOE.
Confirmou que foi contratada polo actual alcalde de Muxía, Félix Porto, do que recibíu diñeiro para exercer de axente electoral na Arxentina. Que traballou nun sindicato afín aos socialistas, que pagou a súa nómina cunha subvención otorgada pola Consellería de Traballo. Que a deputada Marisol Soneira lle xestionou os billetes para viaxar a Buenos Aires, pagados pola Secretaría Xeral de Emigración, e que esa viaxe non foi precisamente para visitar a súa irmá pola sinxela razón de que a súa irmá estaba en Galicia cando ela viaxou. Por non calarse, ata contou que está recibindo ameazas procedentes de varias persoas relacionadas co PSOE, entre eles, Evaristo Oroña, número dous dos socialistas españois en Arxentina.
Segundo a versión que hoxe prestou no Parlamento, foi casa por casa pedindo o voto para Félix Porto, función na que tampouco se mostrou moi eficaz pois este candidato só obtivo 38 votos favorábeis en Arxentina. E tamén contou que ela lle prestou servizos electorais ao propio Emilio Pérez Touriño, para o que dixo que chamou por teléfono, dende o Grupo Parlamentario Socialista, pedíndolle aos seus coñecidos arxentinos que votasen polo actual presidente da Xunta.
Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PP na Comisión de Investigación que está tratando de clarexar este asunto, foi lapidario: “É un escándalo do que pediremos explicacións no seu momento”. Cando será ese momento?

Prensa del Movimiento

Resulta curioso observar os poucos puntos da realidade nos que cinciden unanime-
mente as tres forzas parlamen-
tarias de Galicia. Un deles case sempre é o de reforzar o estatus social da clase política, salarios incluídos, e outro radica na singular maneira que teñen PP, PSdeG-PSOE e BNG de consideraren o papel dos medios de comunicación. E importa pouco o que algunha delas, particularmente a forza nacionalista, pensase e defendese sobre este asunto durante o longo tempo que se demorou na oposición.
Atopo exemplo do que digo na ratificación que fixeron PSOE e BNG da proposta do presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, que é do PP, para que a institución pública provincial dedique 1,5 millóns de euros a comprar accións do xornal local La Región. Os do BNG sosteñen que hai que apoiar “unha empresa ourensá que ten problemas económicos e que con esta medida se garantiza a súa viabilidade e se salvagardan os postos de traballo”, argumento que non deixa de ser francamente preocupante se se ten en conta que, por exemplo, no campo da construcción, é máis que probábel que os problemas económicos afecten gravemente a outras empresas, igualmente ourensás e con cadro de persoal. Tamén propoñerán os nacionalistas entraren publicamente nos seus capitais para salvalas?
Lembro perfectamente que cando a Xunta de Manuel Fraga decidíu socorrer os apretos económicos polos que atravesaba a estación de montaña de Manzaneda, outra empresa relacionada con La Región, socialistas e nacionalistas, que entón estaban na oposición, ergueron o berro da protesta. Unha cousa é predicar e outra é dar trigo. E non digamos facer o pan con ese trigo. Finalmente, na política de goberno, os panadeiros compórtanse case sempre da mesma maneira e a case todos lles saen iguais as bolas e, sobre todo, as empanadas.
Non quero dicir con isto, a ver se me entenden, que haxa que desasistir a empresa editora do xornal ourensán e, sobre todo, os seus traballadores, pero preocúpame a deriva intervencionista que case sempre mostra o noso goberno cando se trata de medios de comunicación. Queren resucitar a idea que materializou o franquismo na desaparecida Cadena del Movimiento investindo en medios de comunicación que se poñan a tiro?
Simplemente como lector dos xornais que se editan en Galicia, teño a impresión de que todos coxean do mesmo pé, ou sexa, dunha enfermiza complacencia cos poderes públicos, e non digamos cos fácticos, empresariais, etc., que nalgún caso roza o puro e duro servilismo mediático. Se cambia o goberno da Xunta, automaticamente cambian canda el as orientacións dos once diarios de Galicia. Isto é case matemático, como dicía o muiñeiro de Salmeán cando cambiaba o vento. E non paremos xa a mirar o que pasa nos medios propiamente públicos, a radio e a televisión, auténticos altofalantes da propaganda oficial dos gobernantes de quenda.
Que vai significar, neste contexto, a entrada de capital público no xornal de Ourense? Pois o que significan sempre estas penetracións. Que os políticos terán un espello máis no que mirarse cando se atopan ben peiteados. Dicíase en Colombia que o primeiro que facía un narcotraficante era comprar un Mercedes, logo unha amante e, a continuación, un político. Por estes lares os políticos o que fan é comprar xornais. Non aprederon nada de Jordi Pujol, que dicía que el non precisaba comprar periódicos porque, por menos prezo, compraba xornalistas. Pobres contrtibuíntes!

martes, mayo 20, 2008

Minte a Xunta?

El País deixou hoxe co cú ao ar á Xunta de Galicia e ao PSdeG-PSOE. E menos mal que xa andamos metidos na primavera porque senón o constipado podería ser dos que non se curan con aferventados. María Isabel Blanco Rodríguez, a suposta axente electoral que viaxou a Arxentina para facer campaña a favor do PSOE, con gastos pagados pola Xunta, non se desprazou Buenos Aires para coidar a súa irmá doente, que nin sequera estivo na capital arxentina mentres que ela andivo de porteña.
El País, que di que ten no seu poder documentación da propia Xunta, sostén que cando a Secretaría Xeral de Emigración empezou a tramitar os billetes de avión de María Isabel Blanco, emigrante retornada, xa se sabía que a súa irmá enferma, María do Carme Blanco Rodríguez, estaría en Galicia durante unha boa parte da estancia de María Isabel en Arxentina.
Foi a propia Secretaría Xeral de Emigración quen financiou dúas pasaxes en épocas distintas para as citadas irmás. Malia que a Xunta tentou xustificar o pago dos billetes de María Isabel coa finalidade de que se ocupara de coidar da súa irmá María do Carme dicindo que se trataba dunha “dependente de terceiros para as súas necesidades básicas”, a suposta dependente levaba xa máis de dous meses en Vimianzo cando se lle mandou unha coidadora a Buenos Aires. Esta muller dependente chegou a Galicia o 17 de xaneiro de 2007 e non regresou á capital arxentina ata o 16 de abril do mesmo ano.
Por se collelos nesta mentira fose pouco, El Pais tamén informa de que a documentación oficial pon en tela de xuízo a contratación da presunta colaboradora do PSOE por parte da Unión de Viticultores do Castro, unha asociación vencellada a Unións Agrarias, sindicato campesiño próximo ao partido de Pérez Touriño. Esta Unión reclamaou á Xunta que lle fosen contratados tres técnicos especializados: un enxeñeiro, un avogado e un economista para traballar na comarca de Valdeorras. Malia que non tiña máis titulación ca de oficial de primeira, María Isabel Blanco foi unha das persoas que foron elixidas para cubrir estes postos, traballo ao que se incorporou o 10 de decembro de 2006. Case ao mesmo tempo, a deputada socialista Marisol Soneira empezou a tramitar na Secretaría Xeral de Emigración as pasaxes de avión con cargo a un convenio existente entre a Xunta e Iberia.
Posteriormente, a propia beneficiada por esta viaxe á Arxentina manifestou, a través do Partido Popular, que o seu desprazamento a Buenos Aires levouse a cabo para pedir o voto a favor do candidato socialista á alcaldía de Muxía, Félix Porto, que recibíu 38 papeletas ao seu favor procedentes de Arxentina.
Se todo isto é así, e aínda non saíu ninguén demostrando que non sexa verdade, o propio presidente da Xunta debería dar unha explicación convincente. Por mentir menos descaradamente, hai democracias nas que os cachados teñen que dimitir.

Tello Escobar

Bob Dylan “ven tocar e faino de espaldas; chega, non saúda e non toca ningunha canción coñecida”. Se palabras tan necias fosen pronunciadas por un gobernante do PP armaríase a marimorena. Porén, o que as dixo foi Henrique Tello, concelleiro nacionalista da Coruña. “Claro, por iso o IMCE decidíu non traelo" apurouse a apostillar Carlos González-Garcés, concelliro socialista da mesma cidade. O IMCE é o Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.
Vaia par de dous que decidiron non contratar a Dylan porque canta de espaldas e non saúda, e, aínda por riba, “non toca ningunha canción coñecida”. Polo camiño que van estes do BNG e do PSOE rematarán cantando a dúo O Carro de Manolo Escobar.

lunes, mayo 19, 2008

Queimar libros non é un chiste



Ricardo Parrotta, autor do polémico libro Superchistes de gallegos, que firma co pseudónimo de Pepe Muleiro, acaba de mandarme a seguinte comunicación que recibo case con emoción e que lle agradezo sinceramente. Coido que é de interese xeneral reproducila aquí:

Hola!
Soy Ricardo Parrotta o Pepe Muleiro.
Gracias Perfecto Conde por tu comentario.
Es verdad: no soy un enemigo.
Mi intención no es pegarle dos tiros a un gallego.
Ni a nadie.
La posibilidad de que alguien piense que un chiste es una historia real, tiene serios inconvenientes para analizar la realidad.
La situación de Hitler, Bin Laden y el gallego en una habitación es tan descabelladamente descabellada que precisamente lo descabellado es el mecanismo del chiste.
Un chiste es un chiste, es un chiste, es un chiste.
Como una rosa es una rosa, es una rosa, es una rosa.
Defender un chiste es tarea baldía, inútil.
No hace falta decir que uno tiene un amigo negro para demostrar que no es racista.
Como sabes, Perfecto, mi carrera como periodista acumula 43 años de enfrentamientos con todos los fascismos y todas las censuras.
Es madrugada en Buenos Aires y siento cierta incomodidad, alguna conocida inquietud.
De una forma indirecta , aunque crea que se trata de una tarea baldía, me sorprendo defendiendo los chistes.
Y esto me produce esa inquietud ya conocida: hay en las calles y en ciertas manifestaciones una Neo Inquisición que ondea banderas inhóspitas.
Triste.
Todo lo contrario que los chistes.

Soy un recolector de chistes. Igual que el investigador que reúne anécdotas de la historia y las cuenta. Y a nadie se le ocurre condenarlo por contar lo que recoge.
Los chistes están en las calles, en los bares, en las gentes que prefieren la risa a la oscuridad.
Yo recojo esas risas.
Sigmund Freud, cuando los nazis quemaron sus libros, comentó:
- No me siento tan desgraciado. Al menos no me quemaron a mí.
Una fina ironía.
Cuando se queman libros hay ese tufillo a nazi en el aire que nubla la vista y ahoga algunas esperanzas.
Quemar libros no es un chiste.
Un chiste, sí.
Cuando conocí Galicia comprendí por qué los gallegos de Argentina hablaban tanto de la morriña. Esa tierra es tan bella que sentir morriña es casi poco.
Los destierros son dolorosos siempre. El desarraigo es un castigo atroz.
Desterrar la risa es el peor de los exilios y los desarraigos.
A ti, Perfecto, un perfecto recuerdo de aquellos años en los que nos tocó estar con los ojos muy abiertos para derrocar las censuras, los inquisidores, y las balas de Tejero que fueron mucho más que dos.
Atravesamos aquella transición española contra toda forma de opresión.
Nos resultó bastante bien.
A pesar de esta inquietud que nos obliga a mantenernos alerta una vez más. No me resulta extraño. Cada tanto se agitan esas oscuras banderas
Nunca transité una alta literatura.
No pretendo que consideren la redacción de los chistes que recojo un hito en la agenda de Guttemberg.
Pretendo de una manera sencilla, llana y popular, decirle a los que quieran: Gracias por la Risa
Y gracias una vez más, Perfecto, por tu ecuanimidad y los recuerdos.
Ricardo Parrotta - Pepe Muleiro

sábado, mayo 17, 2008

Galegos, sen límites extraxornalísticos






“Galegos é unha revista aberta e plural que asume o compromiso radical de facer visible a nosa realidade. Non admite, xa que logo, ningún límite extraperio-
dístico. Galicia e o galego constituen o noso espazo preferente de información e de pensa-
mento. Non queremos chegar antes que os demais medios de comunica-
ción, pero si chegar máis fondo”
. Así concibe Carlos Reigosa o papel da nova revista, dirixida por el, que foi presnetada o 14 de maio en Santiago.
Reigosa, experimentado xornalista e escritor de recoñecido prestixio, considera que “a realidade é un referente inevitable”, pero mostra a súa vontade de que Galegos amose “por riba de todo, o cerne da realidade, o corazón das persoas, o eixo das empresas, a alma das paisaxes, a cor das lembranzas, o cheiro das vellas e das novas lareiras…”. Galegos, segundo Reigosa, “é unha revista sen fronteiras que quere escarabellar e revolver no noso mundo para coñecérmonos –e recoñecérmonos– mellor”. “Nun tempo en que a realidade prefabricada leva camiño de asoballar ou ‘secuestrar’ o xornalismo, nós queremos falar do que é esencialmente noso dun xeito duradeiro. Porque o bo xornalismo non é unha moda pasaxeira , senón un compromiso continuado e indeclinable co lector”, reflexiona o responsábel xornalístico de Galegos.
Pola súa parte, Alexandro Diéguez, editor da revista e director xeral de Ézaro Ediciones, caracterizou Galegos como unha “coffe magazine”. “En termos de mercadoría editorial lévase falar de “coffe book” -dixo na presentación de Santiago– cando nos referimos a un libro de gran formato, xenerosamente ilustrado e editado, que ocupa un lugar fóra da biblioteca, para ser consultado en mesas de recepción e antedespachos. Pois ben, nós gorentamos falar da “coffe magazine” no canto do coñecido “coffe book”, agás no que estas dúas ideas conlevan de publicacións máis feitas para ser vistas que para ser lidas. Queremos ofrecer contidos e tratamentos atrativos que superen esa limitación. A nosa revista nace para ser vista e para ser lida, pero formada e tratada graficamente con técnicas e artes que lle dan valor aos seus contidos”.
E ten razón Diéguez, porque polo que máis destaca a nova revista galega é pola súa feitura técnica, a súa maquetación e o seu look cosmopolita. Dende este punto de vista, alónxase bastante da tradición case sempre localista e apegada ao chan que predominou nas revistas de Galicia que tentaron abrir o seu paso no mercado editorial e que case sempre fracasaron.
O primeiro número de Galegos, en edición bilingüe galego-castelá, está impreso en 214 páxinas e leva un prezo de portada cifrado en 15 euros. Porén, distribuirase gratuitamente a todos os centros galegos do mundo, institucións e organizacións de tipo cultural ou de interese galego e a suscriptores patrocinados, é dicir, aos destinatarios que un patrocinador decida.
Ademais, estará á venda nas librarías, especialmente nas que teñan espazo dedicado ás publicacións en galego ou sobre Galicia. A distribución en Galicia corre a través de Alonso Estravís Distribuidora e no resto do Estado por conta de UDL Libros (www.udllibros.com).
Tamén se distribuirá mediante suscripción, a un prezo anual de 60 euros (catro números a 15 euros), na que non se caragará en ningún caso gastos sexa cal sexa o destino da publicación. É o que o editor chamou “tarifa plana” e que fai que Galegos lle custe igual a un suscriptor que viva en Santiago e a outro que estea domiciliado en Nova Zelanda.

martes, mayo 13, 2008

Chistes de Galegos


Na edición electrónica d’A Nosa Terra leo hoxe que “a colectividade galega de Buenos Aires, motorizada –e logo, andará en Vespino?– polos seus integrantes máis novos, repudia no derradeiro día da Feira do Libro a edición do volume Superchistes galegos, do autor Pepe Muleiro”. O semanario nacionalista engade que “a manifestación será diante de Editorial Sudamericana que vén publicando dende hai anos libros con contos humillantes para os galegos e as galegas”.
En realidade, esta é unha vella historia. Pepe Muleiro, pseudónimo do xornalista arxentino-español Ricardo Parrotta, publicou este libro hai preto de dez anos e, dende entón, foi acadando sucesivas reedicións con gran éxito de vendas. Non é, en efecto, unha obra de arte nin unha publicación que estea destinada a consagrar definitivamente o invento de Guttemberg, pero seguramente merece menos aínda a propaganda que lle van facer os do BNG de Buenos Aires montando unha manifa contra a súa distribución. Un libro no que aperece un chiste que di que, se un está nun cuarto con Hitler, Osama Ben Laden e un galego, e ten unha pistola con dúas balas, a quen hai que tirarlle dúas veces é ao galego “para non correr riscos”, seguramente lle ía máis acaído o desprezo que a propaganda, pero aló eles.
O curioso é que eu coñezo a Ricardo Parrotta e non me parece precisamente un inimigo a bater. Durante un tempo foi un dos “cerebriños” que lle axudaron a medrar ao editor Antonio Asensio, para o que concebíu e deseñou un simpático e corrosivo suplemento da revista Interviú que se chamaba Sal y Pimienta. Xunto co Gordo Chimirri e outros arxentinos que chegaran a España fuxindo da dictadura militar que arrasou o seu país, Parrotta foi un dos que máis contribuíron a remozar o xornalismo español da transición á democracia. Ata tivo algo que ver con Galicia, pois foi un dos que deseñaron a transformación do xornal coruñés El Ideal Gallego cando empezou a saírse da órbita da histórica Editorial Católica.
Ricardo Parrotta, dende entón, publicou 90 libros –40 deles firmados como Pepe Muleiro–, presentou e dirixíu programas de televisión en Buenos Aires, asesorou empresas de comunicación, fixo de todo. Incluído o gañar moitos cartos a conta dos chistes de galegos. Coido que aínda van engrosar máis as súas contas se se empeñan en manifestarse contra el.

PD: Algúns títulos de Parrotta: Las mejores anécdotas del Rey, Nuevas anecdotas del Rey, Las mejores anécdotas del Príncipe.

A carencia de sempre

“Os alcaldes do partido popular seguen presentando a día de hoxe a mesma carencia que días atrás”. Sacada de contexto, esta frase que acaba de pronunciar o parlamen-
tario do PPdeG Manuel Ruíz Rivas, podería prestarse a interpretacións moi diversas. Aplicada ao rexedor de Vilamartín de Valdeorras, se cadra ata se podería deducir dela que a carencia se referise a unha inescrupulosa ausencia de preuxízos para cambiar de becerro de ouro segundo tornasen os vendavais políticos.
Se se segue lendo o que dixo Ruíz Rivas, atópase un con que do que cerecen eses alcaldes é “dos cartos suficientes para garantir a prestación de servizos sociais nos seus concellos mentres que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar lles impón un dobre raseiro: a Xunta só financia eses centros a cambio de que os municipios lles cedan o control político”.
Rivas tamén volveu a denunciar “as ameazas das que son obxecto os concellos, na medida en que a Xunta está reducindo as convocatorias de subvencións para converter os convenios nunha das únicas vías das administracións locais para acceder a recursos financeiros no ámbito social”. Segundo o parlamentario popular, “a Vicepresidencia nacionalista obriga aos rexedores a elixir entre ter garantidos determinados investimentos a cambio de ceder o control político ou estar afectados polo ‘frío permanente’ sen proxectos de ningún tipo”.
Moi ben, toda esta leria xa a coñeciamos. No fondo é a gasolina coa que o alcalde de Antas de Ulla prendeu as neuronas que lle fixeron chamar mafioso a Quintana, pero da espantada que lle deron a Rueda e a Feijóo os tres estómagos agradecidos de Antas, Vilamartín e O Rosal ninguén do PP ten nada que dicir? Alberto Núñez, missing; Rueda na procesión dos caladiños e Ruíz Rivas coa trécola de sempre.
Porque o que non é de recibo é a interpretación que fai da última atitude adoptada polos tres mosqueteiros do líder do BNG no PP. “O rexedor de Antas de Ulla –di Ruíz Rivas trataba de demostrarlle a Quintana que non existen razóns para que este se sinta insultado, mantén tódalas afirmacións que fixo e se disculpa polas formas, pero non polo fondo”. Ou sexa, que polo menos Quintana siciliano non é.
Do rexedor d’O Rosal di Rivas que “insiste en ofrecer colaboración institucional á Vicepresidencia”, e do de Vilamartín de Valdeorras sostén que “non participou na reunión que supostamente incomodou a Quintana e, polo tanto, semella lóxico que se interprete que se desmarca dunha postura da que non tomou parte”. O malo, para Ruíz Rivas ou para o PP, polo menos, é que Manuel Candal tamén se desmarcou dos líderes do seu partido. Ou non singifica iso mostrarse en público partidario de que Anxo Quintana “presida” os destinos de Galicia? Será que o alcalde de Vilamartín de Valdeorras quere a Alberto Núñez Feijóo de ministro en Madrid, ou nin sequera iso, pero non de presidente en Galicia? Hai sapos que son máis difíciles de tragar cando lle son servidos a un no almorzo por alguén que se pensaba que era dos seus.

domingo, mayo 11, 2008

Que país, Miquelarena!

O caso podería chegar mesmo a ser abafante. Estou a referirme ao famoso contrato das galescolas que rompeu unilateral-
mente o vicepresidente da Xunta (para asuntos de galescolas, non para finan-
zamentos procedentes do Estado) con oito alcaldes do PP.
Unha intelixente aportadora de comentarios a este blog, Hildegard Canido, dixo hai só dous días que non lle extrañaría nada que Quintana e os alcaldes do PP escenificaran pronto calquera escena de sofá botando “pelillos a la mar” e dicindo que aquí paz e despois gloria. Pois xa se acaba de producir o primeiro capítulo desa representación freudiana coa comparecencia pública de tres deses oito alcaldes conservadores, concretamente os de Antas de Ulla (Lugo), Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e O Rosal (Pontevedra).
O primeiro deles, Xavier Varela, precisamente o que tentou comparar a Quintana con algún Corleone á galega, deuse presa en meter o rabo entre as pernas para dicirlle por carta ao vicepresidente nacionalista que o que quería manifestar cando lle chamou mafioso siciliano era que a oferta que lle fixo polas galescolas era tan boa que resultaba “absolutamente irrechazábel”, e que o convida á Festa dos Maiores que terá lugar en antas de Ulla o próximo día 15 (ata onde eu sei, na carta non se indica que o vicepresidente teña que ir acompañado polo televisivo Piñeiro). Non sei se este señor está de coña, se estaba borracho cando lle chamou mafioso a Quintana e sobrio cando lle escribíu a carta de agora ou se pensa que a inmensa maioría dos contribuíntes somos unha panda de parvos. Porque non quero imaxinar que este tal Varela identifique a mafia siciliana con algo tan bo que non se pode rechazar.
O do Rosal opina agora que firmou “sen ningún tipo de coacción” e pídelle a Quintana que manteña a vixencia do convenio. A ver, señor rexidor dunha das zonas produtoras do mellor viño de Galicia: non era preciso que vostede se axoenllase para que tal contrato seguira en vixencia, abondaba con que esixise o seu cumprimento. Ou é que unha rescisión unilateral coma que executou o vicepresidente abondoulle para sentirse perdedor?
Máis lonxe chegou aínda o de Vilamartín, Manuel Candal*, mostrando que só ten “alabanza e agradecemento” para a política de Quintana e todo canto representa. Segundo el, a única culpa existente neste caso é a do seu propio partido, o PP, e o líder do BNG é a “unica persoa que pode presidir os destinos de Galicia”. Se non fose porque é só unha brincadeira, podería parecer que acabásemos de trasladármonos no túnel do tempo a aqueles costumes que se lle atruibuíron á Unión Soviética e á Cuba de Fidel Castro de promoveren as célebres autocríticas coas que máis de un remataron confesando que mataron a Cristo, pero non mediante a crucifixión senón a goteira chinesa.
Claro que o papelón que lles están facendo cumprir estes alcaldes ao chiripitifláutico Núñez Feijóo e ao seu lugartenente Rueda tamén é de campionato. Xa pasaron demasiadas horas sen que ningún dos dous desen sinais de vida política e, por moitísmo menos co destes alcaldes, botaron do BNG a Gómez Valadé. Haberá que seguir de preto o sainete, e mirar onde rematan os alcaldes de Antas de Ulla, O Rosal, e Vilamartín de Valdeorras, outra boa terra de viños. Serán futuros candidatos do BNG? Do Partido Galeguista? De Terra Galega? Dos tres a un tempo? Que país, Miquelarena!

*Quen queira ver como se explica o alcalde de Vilamartín, Manuel Candal, pode premer aquí.

Máis sobre Rouco Varela


Volvo a salientar a participación de Almiral Mouchez neste pequeno foro de opinión. A súa información exclusiva e a súa análise axudan a entender mellor a polémica que orixinou a sobriña espida do cardeal-arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal Española, Antonio María Rouco Varela. Di Mouchez o seguinte:

Don Perfeuto, meu admirado amigo: Que quere que lle diga...?
O afecto verdadeiro, coma o seu, sempre me emociona. E agradézolle que diga iso da pluma, que non sendo certo axuda a escurecer a máscara, e xogamos mellor. Vaime permitir, abusando da súa hospitalidade, que ademais de saudar a todos os nosos amigos (tanto aos que interveñen como aos que non o fan, pero están aí), responda por escrito a dous dos seus lectores, amigos comúns tamén, que me chamaron esta mañá por teléfono despois de pasar polo seu blog. I) Meu querido ex-parlament(...) e ex-alcal(..): Por aí non trabes, que só hai óso. Ti sabes mellor ca min que Rouco non é quen aparenta ser. É un home dominado, desculpa a licenza, polo seu propio personaxe. E enfermo de desconfianza. Que lle debemos nós QUEEEEE...??? Se te refires á nosa Diocese, mellor calo. Se te refires á algún familiar ou a algún amigo meu, que creo que é o que insinúas, permíteme unha aclaración. O día 24 de xullo do pasado ano, co grande bispo Araúxo de corpo presente en Ourense, os prelados de Galicia (teoricamente todos, pero en realidade non: L.Q. propuxo outra cousa)e Camilo, o de Astorga, acordaron dirixirse ao Nuncio para pedirlle que o sucesor de Frei Xosé Gómez na mitra de Lugo fose un bispo do mesmo talante que o franciscano, a aquelas alturas xa moi enfermo, e que o que acababa de falecer. E deron un nome que non se che escapa. Como sei que estas cousas, raramente escritas, case non son secretas para ti tampouco, conto o que non debo: a terna saíu para Roma, porque ao Nuncio pareceulle ben. Primeiro, na teoricamente secretísima proposta elevada á Santa Sede, ía quen ti sabes. Segundo, Raúl Berzosa, auxiliar de Oviedo. Terceiro o sobriño de Tucho, Alfonso, fillo tamén por certo de Visita. O resto da historia xa o coñeces.Do cabreo do Nuncio, nin che conto. 2) Meu querido ex-libreiro: Rouco leva feitas moitas cousas que non vou adxectivar. Dividiu a Igrexa. Impediu o ascenso ao episcopado de persoas ás que vetou etiquetándoas de nacionalistas. Entre os galegos non poño exemplos. Entre os cataláns, si: o abade de Montserrat. Pero, co seu, non hai persoa máis xenerosa do mundo. Non pode saír da casa con 50 euros no peto (xa non digamos con 100...) porque llos dá ao primeiro que pasa. E, iso si, procurando sempre que non se entere ninguén. Grazas a todos pola súa atención... e por existiren. Almiral Mouchez

sábado, mayo 10, 2008

Galegos/Gallegos

O próximo mércores, 14 de maio, ás 20 horas, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, será presentada a nova revista Galegos, publicación trimestral dirixida ao mundo da galeguidade que se extende por todos os continentes. Dirixida polo xornalista-escritor Carlos Reigosa e editada por Alexandro Diéguez, de Ézaro Ediciones, esta publicación proponse espallar a realidade galega actual, en calquera das súas manifestacións, dende a pluralidade independente e a visión de futuro.
Para levar a cabo os seus propósitos, os responsábeis de Galegos integraron un variado equipo de colaboradores que proceden das máis diversas especialidades e da totalidade das posicións culturais, sociais e políticas. Firmas comas de Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras, Luísa Castro, Vítor Freixanes, Carlos García Martínez, César Antonio Molina, Fernando Onega, Manuel Rivas ou Francisco Rodríguez, entre moitos outros, figuran no staff de colaboradores habituais da revista.
Longa vida a Galegos/Gallegos.

viernes, mayo 09, 2008

Almiral Mouchez puntualiza o caso Rouco Varela

Almiral Mouchez, competente e ilustrado participante en varios foros de Internet, acaba de colgar neste blog unha interesantísima disertación sobre o caso da sobriña espida do cardeal Rouco Varela. Como sei da fiabilidade que teñen sempre as palabras deste home –poseedor, entre outras boas condicións, dunha das mellores plumas de Galicia, serían moitos os que se sorprenderían se se dese a coñecer a quen corresponde o pseudónimo– non só saúdo con agrado a súa aportación de comentarista senón que me prace salientar o seu comentario traéndoo a primeira páxina. Almiral Mouchez di o seguinte:

Ultimamente teño que saír tanto en defensa de Rouco Varela (de familia moi levada coa miña, si señor, para xa ven vostedes o que eu lle debo...) que xa me empezo a preocupar de maneira seria. Pero neste caso tampouco podo evitalo, porque nada do que se está a dicir é verdade. Miren vostedes, esa rapaza, á que eu non recordo, pero creo que si ao seu pai, non di a verdade. E crean que non me gusta citar, baixo un seudónimo, a persoaas que non se poden defender. Mais o certo é que a cuestión nin sequera se parece ao que se está a dicir. Rouco fixo, no seu día, ben. Eu, no seu caso, tería feito exactamente o mesmo. Miren: O hoxe cardeal tiña e ten unha irmá, Visita, un tanto raiante pero boa muller. Grazas a Deus aínda lle vive. Ela, Visitación, quedou moi nova viúva e con catro nenos. Nunha situación económica dificilísima. Permítanme obviar os detalles. Cando os seus pais -aos que ela coidara- morreron, Tucho estaba en Alemaña. Xa se ordenara sacerdote, e era un profesor novo. Acordaron partir o capital, e el díxolles: Mirade, eu son sacerdote, e para min non quero nada. Amañade vós a vosa maneira. Pero a casa deixádella a Visita, que está aí cos nenos, e foi quen coidou a papá e mamá. E os seus irmáns, incluído o pai desta pajarita do Interviú, dixeron que diso nada, que todos tiñan fillos, e que a cada un o seu. Fíxense vostedes que incluso chegaron a provocar que a casa na que Visita estaba cos fillos saíse a subasta..! E Rouco, que non tiña os cartos pero que os buscou (isto non o sabe case ninguén, agora sábeno vostedes), pediu os cartos onde puido. Dise que llos deixou quen hoxe é un importante coengo en Santiago. Falso. Eu creo que foi un dos poucos galegos dos que se sabe que non quixo ser bispo, poeta extraordinario e sacerdote queridísimo. Pero iso dá igual. O caso é que Tucho lle comprou a casa a Visita, en silencio. Pero iso si, despois díxolles aos irmáns, con todo o sacerdote que era e hoxe un señor cardenal de la santamadreiglesia: ASÍ O BUSCASTES, E ASÍ QUEDA ISTO. O QUE QUIXESTES, FOI. PERO QUE SAIBADES QUE NUNCA EN VIDA MIÑA ESTE CAPITAL SE PARTE. QUE LEVE AS LEIRAS QUEN QUEIRA, QUE COLLA A AUGUA QUEN A PRECISE E QUE COLLA A HERBA QUEN TEÑA FALTA DELA, PERO MENTRES EU VIVA ESTE CAPITAL QUEDARÁ SEN PARTIR. Así fixo, e fixo ben. Almiral Mouchez

A sobriña espida de Rouco Varela


Con algo de retraso, acabei lendo –sobre todo mirando– a historia de Magdalena Rouco Hernández, sobriña do cardeal Antonio María Rouco Varela, arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal, e curmá de Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo. O que se di toda unha familia cristiana a desta xente de Vilalba que, a falta dun conde Lucanor calquera, acaban de sumar á súa árbore xenealóxica unha desnudista que mostra os seus peitos caídos nas páxinas de Interviú. Válianos Deus Noso Señor, que dirá o Papa!
Frivolidades aparte, a verdade é que o caso dá que pensar. Conta Magdalena que o seu importantísimo tío non para de repetir que “a familia é sagrada, e hai que respectala, pero logo el despreza e abandona a súa”. Considera que a través do seu tío descubríu “a hipocresía da Igrexa, que predica unha cousa e fai a contraria”. Pon de exemplo o comportamento do cardeal Rouco cando morreu o seu irmán Xosé Euxenio Rouco Varela, pai de Magdalena. O arcebispo nin lle foi ao enterro nin lle deu o pésame á víuva, que é cuñada súa.
Hai dous meses a sobriña de Rouco, acuciada polos problemas domésticos, chamouno para pedirlle axuda, aconsellada polo bispo de Lugo, curmán seu e sobriño tamén do cardeal. O home de Magdalena perdeu o traballo que facía nunha empresa de catering que presta servizos ao Bispado de La Laguna (Canarias). Ademais, un irman seu, sobriño tamén polo tanto de Rouco, é toxicómano e está cumprindo condea por roubo. Onde pode ir un buscar axuda se non é na familia? No Arcebispado de Madrid pasáronlle a chamada e a escena transcorreu así, segundo conta Magdalena en Interviú: “Só me deu tempo a dicirlle: ‘Tío…’ E el contestou: ‘Adiós!’”. Volveu a chamar, e a secretaria díxolle: “Laméntoo moito, pero dixo que non ten nada que falar contigo”. Todo un comportamento digno da mellor familia cristiana.
Só hai unha cousa que non me gusta de Magdalena. En realidade son dúas porque os seus peitos tampouco me gustan. É que diga que non se espíu por diñeiro. Muller, se os cartos tampouco son tan malos. Sobre todo para os que non os temos. En cambio, encantoume que diga que espíndose ela tamén deixa en bolas a Rouco Varela. Mesmo diría eu que a quen se lle ve todo agora é ao cardeal-arcebispo de Madrid.

jueves, mayo 08, 2008

As cousas, claras

Buf! En 19 anos que traballei en Interviú nunca me abrumaron os centos de miles de lectores que tiña cada semana. Nin xamais me paralizaron as ameazas que recibín cando publiquei La conexión gallega, del tabaco a la cocaína. Ou as contínuas demandas que me obrigaron a pasar polos xulgados por culpa de variopintos poderosos que se sentiron tocados no que pensaban que eran intocábeis. E resulta que agora pódenme preocupar dous ou tres merdáns –a liberdade de expresión tamén me asiste a min– que tratan de emporcar o meu modesto nome con mentiras e falacias. Podía non contestarlles e ata penso que se cadra era o mellor, pero por se acaso alguén pensa que calando otorgo, vou colocar algún punto no seu sitio.
Primeiro e dirixido ao Anónimo que cuspe veleno dicindo que "o de votar nacionalista se cadra foi porque estivo (eu) a soldo desa organización política (o BNG)", tome nota do seguinte este pésimo autor de cantigas de escarnio e maldizer:
Nunca na miña vida traballei a soldo de ningunha organización política nin penso traballar endexamais. E non o digo porque despreze aos que o fan. Nas organizacións políticas traballa moita xente honesta e competente que presta, cando lle deixan, importantísimos servizos á democracia e ao desenvolvemento político e social. Durante catro anos traballei a soldo do Concello de Ferrol, como xefe do Gabinete de Prensa, nun goberno de coalición integrado por nacionalistas do BNG e socialistas do PSdeG-PSOE. Quero dicir que traballei moi a gusto co alcalde nacionalista Xaime Bello, un home íntegro, honorábel e tolerante como hai poucos na política do sillón. Ou cos socialistas Bonifacio Borreiros e Amable Dopico, por desgraza xa falecido o primeiro, e o segundo integrante da nómina dos meus amigos. Hai pouco atopeino no aeroporto parisino de Orly e gustounos aos dous darnos un abrazo. Con María Luísa Sabio, con Xosé Lastra, con todos e con cada un dos concelleiros –incluídos os do PP– que formaron a Corporación ferrolá coa que me tocou desenvolver a miña función.
Fun nese posto cargo de confianza e designado, polo tanto, a dedo, pero cumpríndose estrictamente a legalidade vixente, e teño ben claro que nin os gobernantes municipais ferroláns daquela época pensarían en min para esta designación nin eu aceptaría tal cousa se non mo pedira o meu primo carnal Xosé Lastra Muruais, daquela conselleiro delegado de Urbanismo e xestor clave da política municipal nacionalista da cidade de Pablo Iglesias e de Ricardo Carballo Calero e que non debeu ser nunca de Franco.
Capici alora, anónimo cuspidor de veleno? Nunca fixen nada a soldo de ningunha organización ou partido político. E dígolle máis, só militei nun destes aparatos, o Partido Comunista de España (PCE), que abandonei xa no ano 1970. Que lle vou facer, nisto fun absolutamente monogámico e ata pode ser que unha migalliña de máis monográfico.
Tamén me lanza á cara o tal anónimo envelenado que “aquí o que se precisa é xente que arrime as costas para erguer a Nación galega”. Home, aí se cadra acertou. Eu o que se di “ossianesco” non lle son moito (ande e corra a Google para ver de onde tomo o adxectivo, porque vostede seguramente nunca oíu esta palabra).
Outro envelenador, igualmente anónimo, off course, di que os “escribidores” coma min “son os que están a foder a Nación galega” e que eu son algo pior que un “renegado”. Recoñezo que me chamaron moitas cousas, pero nunca me alcumaran deste xeito. Renegado? Renegado de que? Como non sexa da fe cristiana que nin sequera estou totalmente seguro de que a perdera toda! Que lle vou facer? A min esta linguaxe súa sóame a mala música “aiatolística”.
E aínda hai outro, ou se cadra é o mesmo, que me convida a decirdirme a votar dunha vez polo PP, “xa que tanto sae –di el– en defensa dos seus alcaldes”. Fódase pa! Vostede é parvo. Confunde totalmente o touciño coa velocidade.
Aínda así, quero dicirlles algo a todos: celebro que vostedes e máis eu vivamos nun país no que se poden dicir estas cousas libremente. Non comparto o que din de min, pero daría a vida porque vostedes e máis eu podamos decir o que queiramos. Sei que están equivocados, pero a liberdade de enganarse forma parte felizmente da atmósfera na que respiramos o ar democrático.
Que Prisciliano, en Tréveris ou en Compostela, nos teña na súa beizón. Amén.

miércoles, mayo 07, 2008

Quintana vai de sobrado

A Quintana empezaron a medralle precocupan-
temente as ínfulas autoritarias. Se cadra é porque nos imos aproxi-
mando a unha contenda electoral, pero o caso é que o vicepresidente da Xunta está dando mostras de que quere marcar terreo ciscando acó e aló a súa impronta de gobernante que sabe e quere pegar unha puñada enriba da mesa. Parece ir por este camiño a carta que lles mandou a oito alcaldes do PP anunciándolles a rescisión unilateral dos contratos que firmara con eles para o estabrecemento das galescolas, un produto social que non foi precisamente inventado polos alcaldes de Núñez Feijóo.
Dame a impresión de que se equivocou gravemente o gobernante nacionalista. Unha cousa é sentir o “desagrado e sorpresa” que manifesta na carta polas “calificacións insultantes” que puido recibir dos alcaldes conservadores, un dos cales chegou mesmo a calificar de “mafia siciliana” as prácticas da Vicepresidencia da Xunta. Outra, ben distinta, debería ser o respecto escrupuloso que debería ter o vicepresidente por todo o que firma representando a Administración pública.
O insulto é unha figura penal que está suficientemente tipificada na legalidade vixente e ben puido Anxo Quintana recorrer ao amparo da Xustiza, como persoa e non como institución porque dificilmente se alcanza a insultar un ente por moi concreto que sexa. E quede clarísimo que eu non considero propio de ingunha “mafia siciliana” nada do que fai o vicepresidente da Xunta. Dende que se lle foi Antón Losada –e hai que ver que non era santo da miña devoción– parece como se o ex alcalde de Allariz non tivese ao seu carón asesoramento experto suficiente para non caer nestes vicios de afecionado.
Porque hai que ser aínda ben novato en lides políticas para poñer por escrito nunha carta oficial dirixida aos alcaldes que se lles retira unilateralmente o que foi contratado e que se lles deixa “o mesmo” que levaban cos gobernos de Fraga “máis o IPC”. Menos mal que non se lle ocorreu dicirlles que os retrolevaba aos tempos de Franco.
Un político que, coma Quintana, fragou a súa experiencia persoal e pública na confrontación pura e dura, cousa que non ten nada de malo senón todo o contrario, debería ter lido máis a bibliografía de e sobre Winston Churchill. Aquilo de que un político que non é quen de tomar a parva cun sapo todos os días non vale para exercer un oficio que debería ser noble, aínda ten algún valor. Ou debería telo.
PD: Por se algún lector desavisado me confunde, quero deixar claro que votei BNG en case todas as eleccións que houbo dende 1995. Antes vivía en Madrid e estaba censado alí. O que xa empezo a dubidar é o que vou facer nas próximas.