miércoles, febrero 11, 2009

Pepiño Blanco, galegofalante por parte de nai

Non hai coma os políticos destora para contar paridas en canto se aproxima unha cita electoral. Quen o ía dicir? Resulta que a Pepiño Blanco, galegofalante por parte de nai, alguén lle está impondo o idioma galego, e a el –anarcoinsolente de Palas de Rei– nin diola lle di o que tén que facer. Consecuencia: que se pasa ao castelán por revelarse contra as imposicións. Non é o mesmo o que fai Gloria Lago?
Esta foi a súa actitude nun mitin no que participou onte no Barco de Valdeorras (Ourense). Falou no idioma de Gerado Diego e non no de Curros Enríquez, por dúas razóns seguramente. Unha, a expresada por el. Outra, porque o autor de Aires da miña terra a Pepiño Blanco debe quedarlle algo así como o Sermón da Montaña a Karina Flanagan. Ou o Sempre en Galiza a Corina Porro. En cambio, os versos de Gerardo Diego (Alondra de la verdad quién te dio las alas/quién la música azul que alzas y robas) seguramente lle resultan gratos ao dirixente socialista cando durme no piso que comprou na Illa de Arousa, aínda que xa non poda sentir o “arume dos piñeiros” porque houbo que cortalos para construir o edificio.
De Pepiño Blanco eu sabía que era capaz de calquera cousa, pero o de tirarlle un cable a Gloria Lago e a Rosa Díez xa me colleu de sorpresa. Hai anos contaba Farruco un mal chiste que consistía en preguntarlle a alguén: Cal é o pior branco de Galicia? E había que responderlle: O branco Campaña. Non sei se haberá que actualizar o chascarrillo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O peor blanco de Galicia é Fernando Blanco. O que se foi co vento.

Anónimo dijo...

Mandárome o "pogüerpoint" da casa de Pepiño, dous conselleiros e outros cargos do PSOE na Illa de Arousa.
E algo impresentable.
Un dos beneficiados é o conselleiro de Medio Ambiente!
Para chorar!