lunes, abril 20, 2009

A esperanza branca de Feijóo

Ollo ao piollo con este home. O da fotografía. Chámase Roberto Varela Fariña. É licenciado en Filosofía, diplomático de carreira e tén 50 anos. Vivíu en Bonn, Kuwait e Nova Iork. Non é do PP. Fala ben o galego e ten ideas claras sobre o que é a cultura e a súa posíbel difusión polo mundo. O novo presidente da Xunta nomeouno conselleiro de Cultura e Deporte. Con el non vai haber “mojitos” na Habana, pero ha dar moito que falar. E, senón, o tempo. Se cadra é a única esperanza branca do goberno de "peeneenes" que acaba de formar Núñez Feijóo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Señoras, señores:
Para a Cidade da Cultura, só hai unha solución: parar os edificios que non están en construción e pagar aos empresarios do ladrillo o que haxa que pagar.
Se Núñez fai isto, ou ben o seu Conselleiro, gañarán votos e vontades.
Se deciden continuar co mamotreto (máis de 50 millóns de euros anuais en mantemento e salários), acabarán mal, ou sexa, irán polo camiño do Governo "Bi".
Agora ben, collan un camiño ou outro, penso que van dar-lle unha volta ao proxecto e van abrilo ás grandes empresas internacionais da cousa da arte (galeristas e demáis ralea), limpando bastante o pouso galego que podía ter.

Anónimo dijo...

Este o que vai facer é caer no espellismo de que podemos facer un Moma en Santiago. A cultura galega é o do menos para el. O que lle interesa é o cosmpolitismo de papel couché. Hase ver.