miércoles, septiembre 09, 2009

Cultura e pistolas

Leo en Xornal de Galicia o que di un tal coronel José Navas, director do Museo Militar de A Coruña, a respecto do que se pode facer coa estatua do xeneral fascista Millán Astray. Considera que “hai espazo para o fundador da Lexión máis que para ninguén”. Entendo, logo, que máis sitio que para o xeneral Caridad Pita, que era gobernador militar de A Coruña e foi executado cando Franco se volveu inimigo da democracia e asasino dos demócratas.
A este estrelado militar parécelle moi mal a idea expresada pola Comisión de Recuperación da Memoria Histórica para que a estatua daquel bruto que lle berraba “morra a intelixencia” a Unamuno, sexa fundida para convertela nun monumento en homenaxe aos represaliados do franquismo. Di que lle parece un “acto de vandalismo” e que “sería unha pena privar aos nenos de ver un testemuño histórico como o de Millán Astray”.
A este fascista coruñés dise que lle gustaba repetir unha frase inventada polos nazis. “Cando escoito a palabra cultura, sempre boto a man á pistola”, parece que decía. Non está moi claro se foron Hermann Goering ou Goebels os que a acuñaron baixo a forma de “cando escoito falar de cultura quito o seguro da miña Browning”, e ata puido ser o escritor Hanns Johst, moi aprezado polo nazismo, quen a puxo en circulación na súa obra Schlageter. Cando Jean-Luc-Godard estaba rodando a súa película Le Mépris (1963), acercóuselle o produtor para dircirlle que cando escoitaba falar de cultura corría a esconder a carteira. Fritz Lang, que andaba por alí e que tivera que fuxir de Alemania pola chegada de Hitler, deuse presa en matizarlles: "Hai algúns anos, algúns horríbeis anos atrás, os nazis sacaban unha pistola no canto dunha chequeira" ("Some years ago, some horrible years ago, the nazis used to take out a pistol instead of a checkbook").
O caso é que tal modelo de incultura era o que lle acaía ao manco militar coruñés. Por iso resultan inquietantes as palabras dun coronel que ten mando na democracia.

8 comentarios:

Pepiño de Melide dijo...

Pois eu a pallasos como Millán Ashtray ben que os deixaría á pública irrisión. Nomeadamente pensando na bufonada que lle adicaron en Coruña. Como propuxen facer o propio (non me atenderon) coa paverada adicada a Franco en O Val (de Narón). Coñecida aquela estatua, pucho cuarteleiro e todo, como "O ladrón das patacas". Levárona de alí, mágoa, que era de moita risa. Don Perfeuto, colgue ese foto na que están Ashtray e Franco botándose unhas coplas. Ande, asústenos un pouco.

Anónimo dijo...

Algúns aínda cren nos paxariños preñados, e cren que coa transición xa quedou o fascismo enterrado. Pasaron 34 anos e o fascismo está moito máis acentuado e van de demócratas, senón escoiten as palabras de Marianín e os seus agochados franquistas sociolóxicos sobre o "puño en alto".Dentro dese englomerado de serpes envelenadas fascistas do PP, intentan crispar e desenterrar as españas de Machado. ¿Que pensades que nos cuarteis chegou a democracia?. De portas para dentro as cousas son como son. Aqui non se depurou a ninguén como en Europa dos nazis. Aquí convertíronse da noite para a mañan os da BPS. militares e outros, por que lles conviña estar ao sol que máis lle quentaba, pero levan dentro o "bicho". Así que non nos estrañe se algún que outro militar saia con patadas de burro. Canto votan de menos aquela alianza Igrexa, MIlitares e fascistas, iso para Rouco sería o seu ceo, e non digamos para Mayor Oreja e o nefasto bigotes das Azores.

Anónimo dijo...

Temos PP para rato.

Anónimo dijo...

O que estou a ver neste blog é a cantidade de opinións dobre o ex Molina e sobre o xenocida, animal sen roupa e inimigo da cultura Mallán Astray, 72 opinión a primeira e dúas a segunda.
Na primeira están os culturetas a greña coas súa invidias, as súas lideiras a tolear entre eles. Ramiro Fonte foi un gran poeta e Molina un home da cultura os dous cos seus defectos e virtudes da esquerda, como eu e a maioría deses comentaristas. O que temos que falar e deste animal anticultura de Astray. Mentres eses 72 comentaristas están a vuscar o sexo dos ánxos, non pensan que neste país aínda temos a milleiros como Millán Astray que pode acabar con todos eles cun tiro na nuca. Estámos como sempre, mentres os partidos de esquerda estaban a greña ata nas cadeas en Alemania, os nazis subian ao poder. Non aprendemos da historia nin pa Dios.

Anónimo dijo...

Desengánese. Aquí o que quere o persoal é carallada. E Millán Astray ben pouca pode dar. En cambio Molina aínda sirve para unhas risas. ¿Non se decatou vostede de que a maior parte dos setenta e pico opinantes sobre Molina son uns paveros? Incluíndo os defensores de CAM e máis de Fonte. Por certo, Astray e Franco tamén escribiron libros, ¿que pensaba vostede? Tan para ao esquezo como os de Molina ou Fonte.

Anónimo dijo...

Si, debe de haber lúa chea. Como se poñen as cabeciñas....

Unknown dijo...

"Non caiades na tentación de crer que a historia é unha indisciplinada e incansable columna que camiña sen vacilación hacia o futuro. Cremos que estamos avanzando, que nos diriximos cara ao oasis da Utopía. Pero como sabemos que non estamos avanzando en círculo?". Graham Swift. "O país da auga".

A malchamada "transición" -trans - ire... pero cara onde?- é o noso círculo. E non damos pechado nin as fochas. Que exista a Lexión ou mesmo a Garda Civil e a Monarquía nun país do século XX é que algo fallou dende a base.

Anónimo dijo...

Que razón ten Pablo. Faltábache o do Tribunal Supremo e ese englomerado que se inventaron da Audiencia Nacional unha continuación do Tribunal de Orden Público. Atado e ben atado e nós a votar cada catro anos nesta farsa teatral de "democracia", e de un Borbón que está por riba do humano e do divino.