lunes, mayo 31, 2010

Pepiño de Sarria

Hoxe abrín o Iphone moi tarde. “Perfe, murió el Queixos hace dos días”, dicíame Santiago Lamas nunha mensaxe que tanto me gustaría non recibir nunca. O Queixos é como lle cahamabamos os amigos ao escultor sarriano Xosé Díaz Fuentes, que finou onte en París, vítima dun cancro fulminante que nin el sabía que o padecese. Era un escultor de prestixio internacional.
Pepiño de Sarria, outra das maneiras que tiñamos os amigos para referírmonos a el, era un gran home e un enorme artista da escultura. Sempre tiña un sorriso e os brazos abertos para recibir o mundo. Foi alumno da Escola de Artes e Oficios de Santiago e das escolas de Belas Artes Sant Jordi de Barcelona e San Fernando de Madrid. Hai moitos anos, afincou a súa vida artística e familiar en París, onde últimamente desempeñaba altas responsabilidades no Petit Palais, pero nunca esquenceu a súa terra para a que traballaba de contado a través da Unesco e de outros organismos.
Esta vez si que non é un tópico dicir que se nos foi un dos mellores e dos maís xenerosos.

2 comentarios:

SurOeste dijo...

Para os interesados na súa obra, deixou en Pontedeume, onde viviu coa súa familia mentres durou a encomenda, varios deseños no pavimento de dúas rúas e unha praza que se ornamenta, ademais, cunha escultura. O seu nome aparece a carón do oso e do porco bravo da casa dos Andrade.

Luisfoz dijo...

Que a terra lhe seja leve ao bom amigo