jueves, mayo 31, 2012

Paoletto


O 11 de xuño do 2010 atopabame eu en Roma facendo unha reportaxe sobre o poder dos galegos no Vaticano, que se publicou na revista Galegos (número 10). Facía un calor que case fundía as pedras da praza de San Pedro. Aquel día celebraba a Santa Sede a clausura do Encontro Internacional coa que concluía o Ano Sacerdotal convocado por Benedito XVI polo aniversario do nacemento de Juan María Vianney, patrón de todos os párrocos. Máis de 9.000 curas de todo o mundo ateigaban a praza na que o Papa presidiu a Misa.
No momento en que Benedito XVI percorreu a praza no seu papamóvil, que pasou a escasos dous metros do lugar no que me atopaba, farteime de tirar fotos. Daquela non me imaxinaba que, transcurridos dous anos, aquelas instantáneas ían recuperar actualidade co actual escándalo das toupas que filtraron á prensa documentos reservados que levou ao cesamento do director do IOR (a Banca do Vaticano), Gotti Tedeschi, e á detención do mordomo do Papa, ata agora home da súa máis absoluta confianza, Paolo Gabrielle, alcumado Paoletto.
Precisamente, Paoletto é o que aparece na foto no asento á dereita do condutor do papamóvil (premer nela para ampliala). Unha proba máis de que non hai que botar nunca á papeleira as fotografías que se fan polo mundo adiante.

miércoles, mayo 30, 2012

Bankia, a endogamia do PP

A España de Mariano Rajoy móvese entre o ánimo e a teimosía, segundo editorializa hoxe Le Monde, que chega a ver un “xesto quixotesco” na actitude do presidente español de rechazar o rescate europeo do sector bancario do seu país. O xornal francés remata dicindo que “polo interese do euro, Rajoy quizais deberia coller o teléfono e chamar a Bruxelas”.
Claro que o que non lle poderá contar a Bruxelas, nesa hipotética e seguramente inevitábel conversación telefónica, é a morea de homes e mulleres do PP que detentaron altos cargos no banco que agora precisa ser salvado plos cartos públicos. A endogamia conservadora era tal que mesmo parece que medio Partido Popular estaba colocado en Bankia. Véxase, caso a caso:
Rodrigo Rato, presidente de Bankia. Ex vicepresidente segundo e ex ministro do goberno de José María Aznar. Ex director xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).
Santiago Alarcó Canosa, ex cuñado do ex presidente de Bankia, Rodrigo Rato, e irmán de Ángeles Alarcó Canosa, presidenta de Paradores. Conselleiro de Deoleo en representación da Sociedade de Promoción e Participación Empresarial Caja Madrid.
Claudio Aguirre Pemán, curmán da presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, foi responsábel de Merril Lynch para España e Portugal.
Juan Chozas Pedrero, director de recursos Humanos de Bankia. Es secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais dos gobernos de José María Aznar. Colaborador destacado da FAES.
Jesús Pedroche Nieto, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex presidente da Asamblea de Madrid. Ex conselleiro do Goberno Rexional de Madrid.
Ricardo Romero de Tejada, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex secretario xeral do PP na Comunidade de Madrid. Ex alcalde de Majadahonda.
Mayte Jiménez, coselleira de Caja Madrid Pensiones. Esposa de Salvador Victoria, conselleiro de Asuntos Sociais do Goberno de Esperanza Aguirre.
Nieves Alarcón Castellanos, conselleira de Caja Madrid Pensiones. Esposa do ex secretario xeral do PP madrileño e senador Francisco Granados.
Ángel Acebes, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex ministro de Interior do goberno de José María Aznar.
Manuel Lamela, presidente do Comité de Auditoría de Bankia e consellerio de Cibeles Corporación. Ex director de gabinete de Rodrigo Rato cando foi ministro de Economía.
Carmen Cavero Mestre, vocal do Consello de Caja Madrid Cibeles e conselleira de Bankia. Cuñada de Ignacio González, vicepresidente do Goberno de Esperanza Aguirre.
Mercedes de la Merced, vocal do Banco Finaciero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex eurodeputada e ex tenente de alcalde do Concello de Madrid.
Estanislao Rodríguez-Ponga, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex secteraio de Estado de Hacienda cando Rato era ministro.
José Manuel Fernández Norniella, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio e ex secretario de Estado de Comercio e Turismo.
Mercedes Rojo Izquierdo, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex asesora de Esperanza Aguirre.
María Zaplana Barceló, becaria de Caja Madrid, filla de Eduardo Zaplana.
Elena Pisonero, conselleira de Caja Madrid. Ex jefa de gabinete de Rodrigo Rato, ex deputada e presidenta de Hispasat.

lunes, mayo 28, 2012

Das Opium des Volkes


“El Dépor en primera y el Celta a un punto”, titula hoxe La Voz de Galicia nalgunha das súas edicións amplamente dedicadas ao fútbol, ata o punto de empregar 20 páxinas para tratar o tema. Non será un pouco esaxerado? Anda que o día que a un galego lle dean o premio Nobel de Física, que fará o xornal coruñés?
Como nos tempos de Franco vivimos nun mundo “enfutboleirado”. Ao ditador valíalle para facer que o pobo non se decatase de que os tiros que disparaban os grises rebotaban nas nubes antes de matar algún obreiro ou estudiante. Quizais agora o balompédico deporte de competición comercial –que case nunca paga a seguridades social dos seus traballadores– tamén sirve para que nos esquenzamos da crise aínda que contribúa de paso a agrandala. En 1844, Karl Marx escribiu unha frase que deu a volta ao mundo: “Sie ist das Opium des Volkes”. Daquela, o fútbol aínda non era opio do pobo.

sábado, mayo 26, 2012

Inventores de inventos


Albízaras! Xa dicía eu –vello lector da Biblia– que a época das vacas fracas non ía durar toda a vida. Entre a millonada que nos van pagar os mexicanos de Pemex e o socorro que nos van prestar os chineses montando unha terminal de valorización enerxética de aceites en punta Langosteira, dentro de nada, todos ricos outra vez. Xa podo ir pensando en cambiar de coche e comprar unha casa na praia. Menos mal que temos a Núñez Feijóo.
Pero, sobre todo, por fin, ábreseme unha saída para os 30 ou 40 litros de aceite doméstico queimado que fun gardando na miña bodega dende que os do Concello de Ames, daquela gobernado por socialistas e nacionalistas e hoxe polo PP, me mandaron unha carta dicíndome que sería recollido por unha empresa ad hoc con destino á súa reciclaxe. Dende aquela pasaron polo menos dez anos e nunca fun quen de desfacerme nin dun cuartillo do tal aceite, que aínda o sigo gardando mentres agardo que o administradores públicos empecen a tomarse en serio a protección mdioambiental.
E digo eu que se a noticia que estou lendo en La Voz de Galicia, acerca de que a firma chinesa Beijing 3E firmou un preacordo coa Autoridade Portuaria da Coruña para instalar en punta Langosteira unha terminal de producción de enerxía baseándose na reciclaxe e valorización de aceites, os tales chineses xa me poderían comprar a min o aceite queimado que teño na casa. Ou non?
Mira ti por onde non hai mal que cen anos dure nin saia que non teña remendo. Ao meu vello mestre e amigo Borobó gustáballe moito falar dos inventores de inventos, cuestión na que era un verdadeiro sabio. Por desgraza xa non vive para contarnos se o de agora lle parece un invento inventado ou significa que estamos a piques de recibir o maná.

viernes, mayo 25, 2012

De Eurovisión líbranos Señor


Pastora Soler

Sandrine Morel, correspondente de Le Monde en Madrid, pregúntase hoxe se España vai tan mal que non pode permitirse o luxo de lograr unha vitoria en Eurovisión. Baséase en que a candidata a este certame, Pastora Soler, dixo que responsábeis de TVE lle pediron que, por favor, non gañase. Referíndose á organización da conseguinte edición do festival, a cantante española dixo que “se se gañase, creo que sería imposíbel porque custa una enormidade de diñeiro”.
Eefectivamente, nunha España cada vez máis sometida a unha política de austeridade, cunha recesión do 0,3 por cento no seu PIB durante o primeiro trimestre do 2012, coa maior taxa de paro da Unión Europea (24,4 por cento da poboación activa), a RTVE viu como lle reducían 204 millóns de euros neste ano sobre un total de 1,2 millóns.
Xa no mes de febreiro, o daquela presidente de turno do Consello de Administración de RTVE, José Manuel Silva, advertiu de que había “perigo serio de non poder seguir representando o papel de servizo público”, e, dende entón, as cousas non fixeron máis ca empiorar para a TVE, principalmente, pero tamén para RNE.
Quizais á pregunta da correspondente de Le Monde habería que engadirlle outra: por que non se suprime dunha vez esa horterada que representa o festival de Eurovisión e se dedica a millonada que custa a facer televisións públicas de verdade?

jueves, mayo 24, 2012

A muller máis rica do mundo


Gina Rinehart, á equerda.

Por cada hora da súa vida mete no peto 1,5 millóns de euros. É a primeira fortuna de Australia (22.600 millóns de euros) e a muller máis rica do mundo. Trátase de Gina Rinehart, herdeira dende 1992 do imperio mineiro Hancock Prospecting, especializado en extracción e tratamento de mineral de ferro. A publicación Business Review Weekly encabeza co seu nome a lista dos 200 australianos máis ricos.
Só non transcurso dun ano, a súa fortuna incrementouse un 65 por cento debido a inversións levadas a cabo en novos proxectos e ao aumento da producción e a recuperación dos mercados do ferro durante os últimos seis meses. No pasado mes de xaneiro, Gina Rinehart dobrou a súa fortuna, de 7.700 a 15.400 millóns de euros, vendéndolle a grupos xaponeses e coreanos unha participación do 30 por cento nunha das súas concesións mineiras da rexión de Pilbara, no oeste de Australia. Esta operación, valorada en 2.300 millóns de euros, permitiulle investir no desenvolmento doutro proxecto que viu aumentado o seu valor exponencialmente. O grupo Hancock Prospecting tamén é propietario de dúas minas de carbón no estado australiano de Queensland. No 2011, o grupo mineiro de Rinehart tamén se convertiu en accionista maioritario de Fairfax Media, o principal competidor do magnate da comunicación Rupert Murdoch, despois de entrar no capital de Ten Network.
Gina Rinehart, aos 58 anos de idade, destronou á que ata agora era a muller máis rica do mundo, Christy Walton, herdeira do imperio norteamericano de distribución Wal-Mart, dona dunha fortuna de 20.000 euros. A australiana, polo demais, pode chegar a ser moito máis rica porque tén no seu poder varias concesións mineiras que aínda non foron explotadas.
Con todo, Gina Rinehart aínda non é tan rica como o amigo mexicano de Felipe González, Carlos Slim, o máis rico do mundo, dono de 74 millóns de dólares, segundo a última clasificación da revista Forbes, que só nun ano incrementou a súa riqueza en 20.000 millóns de dólares. Nin como o galego Amancio Ortega, amo de 31.000 millóns de dólares.
A crise económica que está fundindo na pobreza a millóns de habitantes do planeta non afecta aos todopoderosos. No 2011, había 1.210 supermillonarios, 214 máis dos que había no 2010. No seu conxunto, ostentan 4.500 billóns de dólares, máis ca o PIB de Alemania.
Deste total de superricachóns, 413 están nos Estados Unidos. En Europa hai 248, e na Rexión Asia-Pacífico, 332. Esta última parte do mundo é onde están aparecendo máis novos supermillonarios, 100 nun só ano.
Para que digan que non hai riqueza no mundo.

miércoles, mayo 23, 2012

As verdades do barqueiro


Jean-Marc Ayrault

En Francia, o primeiro ministro, Jean-Marc Ayrault, anuncia para dentro de tres semanas un decreto que volverá a estabrecer a xubilación aos 60 anos para os traballadores que empezasen moi novos a cotizar. Antes do 14 de xullo haberá en París unha “gran conferencia social” sobre o emprego, os salarios, as condicións de traballo, as xubilacións e a igualdade salarial entre homes e mulleres.
En Galicia, Alberto Núñez Feijóo defende a privatización do que el chama “núcleo duro” da sanidade, e descubre a pólvora dicindo que “non hai xestión privada ou xestión pública, existe boa xestión ou mala xestión”. Así nos vai aos galegos.
En España, outro galego, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, métese debaixo da saia de Angela Merkel e pónselle de xionllos, como lle dixo Luís María Ansón, para entregarnos á especulación do capitalismo ultraliberal e devolvernos ás relacións laborais preescravistas que houbo depois da guerra.
Calquera destes dous gobernantes galegos, un na súa propia terra e o outro en toda España, están usando as maiorías absolutas que lles deron as urnas para afogarnos na crise económica que non causamos precisamente os traballadores nin os pequenos empresarios. E non falemos xa do delirio neocon que lle ataca de vez en cando a outros gobernantes da dereita española, como é o caso da presidenta de Madrid, Esperanza Aguirre.
Visto o que hai, non podería un preguntarse que vantaxes conlevou para nós o fracaso da invasión napoleónica? Perdemos a Ilustración e agora estannos facendo gañar, contra a nosa vontade, a precarización, o desmantelamento público e a perda do benestar. O patriarca José Luis Sampedro, nesa célebre carta que se lle atribúe dirixida a Mariano Rajoy, non terá razón no uso que fai dalgúns epítetos e adxetivos, pero esencialmente canta as verdades do barqueiro.

martes, mayo 22, 2012

José Luis Gutiérrez


Con José Luis Gutiérrez uníame unha agora lonxana pero vella amizade que databa dos anos heroicos. Coincidimos, entre outros lugares, nalgunha das reunións preparatorias que precederon o nacemento do Diario 16, xornal que el acabou dirixindo na súa etapa final, pero –sobre todo– na interesantísima primeira etapa de Cambio 16. O xornalista que acaba de falecer en Madrid era un fóra de serie.
Algo me di que, nun pais máis normal ca o que agora temos, o pasamento de Gutiérrez tería que estar sendo tratado con agarimo máis polos medios de comunicación da esquerda que da dereita e, porén, sucede todo o contrario. Só o xonal El Mundo lle adica hoxe varias páxinas. É certo que o falecido arrimou a última parte da súa vida –sempre marcada polo anarquismo– máis á beira dereita ca zurda, pero –aínda así– merece os loureiros da casca amarga aínda que só fose pola súa importantísima contribución a que exista unha revista como é Leer, por exemplo.
Coma José Luís Prieto, Raúl del Pozo e algún máis, José Luis Gutiérrez era ese vello rockeiro que nunca baixaba a garda. Un xornalista de corazón e de cerebro. Un auténtico. Xa van quedando poucos.

Os pesticidas, causantes do mal de Parkinson


O flufenoxuron mata as abellas.
Informa hoxe El País que os representantes galegos dunha plataforma contra as fumigacións de eucaliptos presentaron no rexistro da Xunta 100.000 sinaturas para pedir que non se leven a cabo a través de medios aéreos aínda que os propietarios das plantacións as autoricen. Segundo o portavoz da plataforma, Xesús Asorey, as fumigacións xa empezaron a practicarse na zona de Ribadeo (Lugo).
Trátase de fumigacións utilizando o insecticida flufenoxuron, que as empresas fabricantes de pasta de papel queren utilizar contra o gurgullo nos montes de toda Galicia, a pesar de que a Unión Europea declarou unha moratoria sobre este produto debido os riscos que representa para o mediomabiente.
Os responsábeis sanitarios e medioambientais da Xunta de Galicia deberían andar con máis tino nesta dirección. O 7 de maio entrou en vigor en Francia un decreto que recoñece a enfermidade de Parkinson como doenza profesional e estabrece explícitamente unha relación de causalidade entre esta patoloxía –segunda doenza neurodexenerativa despois do Alzheimer– e o uso dos pesticidas.
Todo empezou coa demanda presentada por Paul François, un agricultor cerealístico da Charente, contra a poderosa multinacional Monsanto, que foi xulgada e condeada en febreiro último como responsábel de intoxicar o citado agricultor cos vapores dun dos seus pesticidas, o Lasso, retirado do mercado francés no ano 2007 por unha perigosidade que xa se lle coñecía dende había vinte anos.
Máis recentemente e tamén en Francia, o 30 de abril, A Comisión de Indemnización das Vítimas de Infracción de Epinal condenou ao estado a indemnizar outro agricultor cerealístico de Meurthe-et-Mosselle que padece un síndrome meloploriferativo, asociado ao uso de produtos que conteñen benzol.
Non vaia ser logo o caso de que Núñez Feijóo e os seus palmeiros de agora se atopen no futuro cunha serie de reclamacións como as que acontecen en Francia. Por que, ademais, tanto interese en non respectar a moratoria comunitaria estrabrecida sobre o flufenoxuron, un produto fabricado en China que, entre outras cousas, pode acabar coas abellas de Galicia?

sábado, mayo 19, 2012

Pánico e fuga de capitais


Primeira páxina de Le Monde de hoxe.

Acostumo atopar a Marisa Melón –unha vella e intelixente amiga dos tempos heroicos da Universidade– nos supermercados de Bertamiráns. Esta mañá, por exemplo. Mostróuseme moi preocupada. “Estoulle empezando a coller moito medo á crise”, díxome diante da cafetería A Fonte.
Non sei se para animala a ela ou por animarme a min –seguramente para animarnos aos dous– contesteille que eu o que volvo a estar é esperanzado polo que está representando a volta do socialismo ao goberno de Francia. “Hollande pode ser a nosa salvación”, dixenlle cunha expresión que non paro de repetir estes días.
Dez mininutos máis tarde, xa de volta na miña casa, púxenme a ler a edición de hoxe do xornal Le Monde, e lembreime da preocupación e do medo de Marisa. Nun titular que abre a primeira a media páxina, á esquerda, anuncia o prestixioso periódico francés que hai “Vento de pánico e fuga de capitais en Grecia e en España”, asunto que desenvolve en toda a súa páxina 13 e parte da 14, e analiza na 17.
Non digo que sexa para porse e tremer, pero dende logo que é para preocuparse como se preocupa Marisa Melón. Dende o comenzo desta semana, os gregos retiraron dos seus bancos 1.500 millón de euros e, dende as eleccións do 6 de maio, o total retirado sitúase entre 2.500 e 3.000 milóns. Dende que comenzou a crise, a finais do 2009, os depósitos bancarios de Grecia baixaron 72.000 millóns de euros, ou sexa, a terceira parte do que había. Unha media de 2.500 millóns de euros por mes con picos de 5.000 a 7.000 millóns durante algunhas subidas de tensión.
Os helenos compórtanse desta maneira levados pola enorme incertidume que reina no seu país, que vai celebrar unha segunda elección dentro dun mes. Téñenlle pánico a unha saída inminente do euro e cada vez que se axita esta posibilidade corren ás oficinas bancarias para retiraren o pouco que lles vai quedando nas súas contas. A consecuencia é que, cada vez máis, os bancos gregos vanse atopando en estado crítico.
Hoxe en día xa case non hai billetes de máis de 20 euros nos bancos de Grecia. Os de 500, 200 e 100 foron acaparados polos que progresivamente van retirando diñeiro. Do total de 72.000 millóns de euros retirados dende finais do 2009, 16.000 foron parar ao estranxeiro. En Grecia está sendo moi frecuente que cando un directivo empresarial viaxa fóra do pais aproveita para transportar cartos que coloca en contas que considera máis seguras no estranxeiro.
Tamén é moi frecuente que os particulares, sobre todo as persoas maiores, retiren os seus aforros para gardalos nas súas casas polo medo a que, se volve a antiga moeda local, o drachma, volvan a ser tan pobres como hai 60 anos, coa diferenza de que daquela Grecia era un país pobre pero estaba en crecemento. Porén, a metade do diñeiro que está sendo retirado dos bancos vai destinado a compensar a caída do poder adquisitivo que ocasionaron as baixadas de salarios e das pensións, segundo lle indicou a Le Monde o economista Panayotis Petrakis.
Neste panorama, as previsións para o caso grego son cada vez máis pesimistas. Constantin Michalos, presidente da Cámara de Comercio e Industria de Atenas, vaticina que vai haber “un caos completo” e que “os bancos van quebrar, e isto conlevará unha depresión severa en Grecia e unha gran recesión en toda Europa”. Nicolas A. Vernicos, presidente da rama grega da Cámara Internacional de Comercio, fala mesmo du “clima de geurra cvil” no caso de que se volva ao drachma.
As grandes empresas estranxeiras xa se están preparando para esta eventulidade incluíndo en todos os contratos unha cláusula monetaria apropiada, e propiciando que os préstamos sexan suscritos segundo o dereito grego para beneficiárense dos efectos dunha eventual devaluación que reduciría a súa deuda.
O caso de España
Mentres tanto, entre nós as cousas tampouco van ben. O feito de que que a axencia de puntuación Moody’s baixara o 17 de maio a nota de 16 bancos (entre eles, os tres máis grandes: Santander, BBVA e Caixa Bank) non fixo máis que empiorar as cousas. A banca española segue tendo en activos problemáticos 184.000 millóns de euros, procedentes da burbulla inmobiliaria.
O xornal El Mundo publicou este xoves que os clientes de Bankia retiraron preto de 1.000 millóns de euros en menos de dez días, e Le Monde di hoxe que “en España a principal inquietude radica na fraxilidade do sistema bancario... Algúns estabrecementos están dende agora incluídos na categoría de obrigacións podres. Máis aló disto, é toda a península á que se enfronta coa desconfianza dos investidores. As taxas de préstamo da deuda soberana sobrepasaron o 6 por cento. Un nivel insostíbel para España”.
E o caso é que, con toda a que está caendo, na propia Galicia hai predicadores, coma José Luís Barreiro, que untan con pez a súa manía de dobrar o espiñazo diante das obsesivas e perversas políticas de Angela Merkel. Todo o contrario do que, hoxe mesmo, preconiza en Le Monde Charles Wysplosz, profesor de Economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais do Desenvolvemento cando sostén que “non hai ningunha dúbida de que a estratexia adoptada en maio de 2010, canda o salvameno de Grecia, era errada”. Para este especialista, “as políticas de austeridade son fracasos”.
Menos mal que nos queda François Hollande.

viernes, mayo 18, 2012

Deontoloxía política


Polo seu interese político e social, reprodúcese aquí –traducida ao galego– a Carte de Déontologie imprantada polo novo goberno francés no primeiro día de funcionamento.

PRESIDENCIA
        DA
 REPUBLICA
Servizo de Prensa
París, 17 de maio do 2012
CARTA DE DEONTOLOXÍA DOS MEMBROS DO GOBERNO
O bo funcionamento dunha democracia pasa pola existencia dunha relación de confianza entre os cidadáns e os que gobernan. Esta confianza non se confunde coa lexitimidade otorgada, directa ou indirectamente, polo sufraxio universal. Escapa, ademais, das diverxencias políticas. Constrúese día a día á vista da acción de goberno e da imaxe ofrecida polos que son membros del. Un fallo aillado pode abondar, por si só, para danar durabelmente.
Co propósito de axudar á construcción e á preservación deste lazo de confianza pareceunos útil reunir, baixo a forma dunha “carta de deontoloxía”, algúns principios simples que deben guiar o comportamento dos membros do goberno.

1. SOLIDARIEDADE E COLEXIABILIDADE
A expresión dos puntos de vista, a confrontación das ideas con toda a confianza, son necesarias para asegurar a vitalidade dun goberno. A deliberación colexiábel permite buscar as medidas máis xustas e evitar os erros. Cada membro do goberno ten dereito a expresarse no respecto á confidencialidade que afecta ás deliberacións do goberno sobre calquera tema, incluídos os temas alleos ás súas atribucións.
Unha vez que a decisión sexa tomada, en caso necesario coa arbitraxe do xefe do goberno, é o principio de solidariedade o que se aplica. A expresión, directa ou indirecta, de desacordos non pode debilitar o goberno e suscitar o escepticismo dos cidadáns no tocante á credibilidade da acción política.

2. CONCERTACIÓN E TRANSPARENCIA
Os membros do goberno deben estar á ecoita dos cidadáns. Eles manteñen relacións continuadas co conxunto dos partícipes institucionais do seu ministerio, e recollen a súa opinión sobre as principais decisións.
Estas relacións institucionais seguidas deben ir da man cun desenvolvemento da consulta pública utilizando as posibilidades ofrecidas por Internet.
Os proxectos de texto remitidos ao presidente da República e ao primeiro ministro fan aparecer as consultas levadas a cabo, o seu resultado e o modo en que conduciron a enmendar o proxecto.
Máis xeralmente, o goberno tén o deber de transparencia. Respecta escrupulosamente as disposicións garantindo o acceso dos cidadáns aos documentos administrativos. Connduce unha acción determinada para a posta a disposición gratuita e cómoda sobre Internet dun gran número de datos públicos.

3. IMPARCIALIDADE
Os membros do goberno están ao servizo do interese xeral. Non só deben dar proba dunha perfecta imparcialidade senón tamén previr toda sospeita de interese privado. É a razón pola que cumprimentan e asinan unha declaración de intereses cando entran en funcións, declaración que se fai pública, coa excepción das informacións que afectan a terceiros. Ademais, confían a xestión do seu patrimonio mobiliario a un intermediario autorizado sobre a base dun mandato garantizando que non poderán intervir directamente nesta xestión.
Os membros do goberno abstéñense de dar curso a todo convite para unha estancia privada que proceda dun goberno estranxeiro ou de persoas físicas ou morais cuxa actividade estea en relación co seu departamento ministerial. Remiten ao servizo de dominio público, sexa inmediatamente ou á saída das súas funcións, os regalos que teñan un valor superior a 150 euros.
Renuncian a toda participación nun orgaismo, mesmo con fins non lucrativos, cuxa actividade interese ao seu ministerio.
Abstéñense absolutamente de toda intervención que afecte á situación dun membro da súa familia ou dun próximo.

4. DISPOÑIBILIDADE
Os membros do goberno consagran todo o seu tempo ao exercizo das súas funcións ministeriais. A este efecto, deben renunciar aos mandatos executivos locais que podan detentar.

5. INTEGRIDADE E EXEMPRARIDADE
Os medios postos a disposición dos ministros están reservados ao cumprimento da súa misión. Só os gastos directamente relacionados co exercizo das funcións son tomados a cargo polo Estado. Os membros do goberno que dispoñan dun aloxamento de función declaran a prestación en especie correspondente.
Os membros do goberno privilexian o tren para os desprazamentos de duración inferior a tres horas.
Non sendo en casos de restricción particular que xustifiquen unha escolta motoclicista, os seus desprazamentos en automóbil fanse con dsicreción e con respecto as normas do código da circulación.
                                               Asinatura do ministro

jueves, mayo 17, 2012

Ça bouge!


O goberno francés ao completo

"Ça bouge!", Esta expresión é moi utilizada en Francia para indicar que algo se está movendo. Que cambia. Se analizamos as medidas tomadas no día de hoxe polo primeiro consello de ministros do goberno francés, parece evidente que François Hollande está resultando o presidende do cambio e dunha esperanza que se pode extender a toda Europa.
Para empezar, tanto o presidente como o primeiro ministro e cada un dos 34 ministros gañarán un 30 por cento menos do que cobraban os gobernantes de Nicolas Sarkozy. Cada un deles asinou unha carta de deontoloxía pola que se comprometen a cumprir “algúns principios simples que deben guiar o seu comportamento”.
Este documento foi redactado polo equipo encargado de preparar o primeiro ano de goberno, baixo a batuta de Laurent Fabius e supervisado polo presidente da República, François Hollande, e polo primeiro ministro, Jean-Marc Ayrault. Nun breve texto de dúas páxinas, no que se evoca “a existencia dun vencello de confianza entre os cidadáns e os que gobernan” e no que se indica que “un fallo aillado pode bastar, por si só, para mermar a reputación durablemente”, estabrécese tamén o principio de que “a expresión, directa ou indirecta, de acordos non pode debilitar o goberno e suscitar o escepticismo dos cidadáns no tocante á credibilidade da acción política”. En termos xerais márcase o criterio de que “unha vez tomada decisión” o que tén que prevalecer é o “principio de solidariedade”.
Insistindo moito sobre os conceptos de “concertación” e de “transparencia", este código de boa conduta para a gobernanza francesa salienta “a escoita dos cidadáns” mediante “relacións seguidas co conxunto dos partícipes institucionais dos ministerios” e practicando “a consulta do público utilizando as posibilidades ofrecidas por Internet”.
“Os proxectos de texto remitidos ao presidente da Repúlica e ao primeiro ministro –dise na Carta de Deontoloxía– presentan as consultas levadas a cabo, o seu resultado e o modo polo que se conduciron para enmendar o proxeto”. Neste campo aconséllase “unha acción determinada para por a disposición gratuíta e cómoda sobre Internet un gran número datos públicos”.
Coa intención de “prever toda sospeita de interese privado”, os membros do Goberno deben expresar coa súa asinatura “unha declaración de intereses” que se debe facer pública. Os ministros teñen que confiar “a xestión do seu patrimonio mobiliario a un intermediario autorizado, sobre a base dun mandato que garantice que eles non poderán intervir directamente nesta xestión”. Tamén se absterán de “dar seguimento a todo convite para unha estancia privada que proceda dun goberno estranxeiro ou de persoas físicas ou morais que teñan actividades relacionadas cos seu departamento ministerial”. Ademais, os ministros comprométense a remitir ao patrimonio público, “sexa inmediatamente ou sexa á saída das súas funcións, os regalos dun valor superior a 150 euros”, e deben renunciar a “toda participación nun organismo, mesmo de carácter non lucrativo, cuxa actividade interese o seu ministerio”. Han de absterse tamén “absolutamente de toda intervención relativa á situación dun membro da súa familia ou dun próximo”.
Esta deontoloxía comprende máis cousas. Por exemplo, algo fundamental e moi significativo. Que “agás en casos de particular necesidade que xustifiquen unha escolta motociclista, os seus desprazamentos en automóbil faranse con discreción e con respecto ás regras do código de circulación”.
Para cando todo isto en España? Alguén imaxina o coche oficial de Rajoy ou o de Feijóo parándose diante dun semáforo en vermello?

miércoles, mayo 16, 2012

Hollande/Ayrault: 34 ministros


Pódese dicir que François Hollande e o seu primeiro ministro, Jean-Marc Ayrault, non empezan precisamente destruíndo emprego na Administración francesa, a xulgar polo número de ministros que acaban de anunciar: 34 en total, dos que 17 son mulleres.
Comentarios doados aparte, o segundo goberno de esquerda da V República francesa comprende unha mestura de case todas as sensibilidades que habitan no Partido Socialista e a incorporación da ecoloxista Cécile Duflot como ministra de Igualdade dos Territorios e do Aloxamento, e non como ministra de Ecoloxía, cargo para o que foi nomeada unha experta en fiscalidade, Nicole Briaq. Un antigo primeiro ministro de François Mitterrand, Laurent Fabius, incorpórase como ministro de Asuntos Exteriores.
Hollande e Ayrault
Porén, o que máis caracteriza este equipo de gobernantes é a extrema fidelidade –en moitos casos auténtica amizade persoal– rexistrada pola maior parte dos ministros con François Hollande, algún deles amigo dende os seus tempos da mili. Dous ministros, o de iInterior e a de Cultura e Comunicación, son fillos da emigración. O primeiro, o descendente de catalán e suiza Manuel Vals, representa a corrente máis dereitizada do PS. A outra, Aurélie Filippetti, é filla dun emigrante italiano que traballou na Moselle. Tamén indica alguna particularidade a nova ministra de Xustiza, a guaianesa Christianne Taubira, economista de profesión que de moza militou nun partido independetista da Guaiana. Ou o nomeamento como ministro de Edcación de Vincent Peillon, un moi polémico filósofo que defende a “refundación da escola da República”.
Quizais a persoa á que lle resultou máis acaído o cargo de ministra –foi nomeada para Asuntos Sociais– é Marisol Touraine, filla do célebre sociólogo Alain Touraine e recoñecida experta nos temas que agora vai xestionar e sobre os que sempre mostrou unha alta sensibilidade.

Hollande xa incumpriu unha das súas promesas


Jean-Marc Ayrault con Martine Aubry

François Hollande, novo presidente de Francia, comenzou o seu mandato incumprindo xa unha das súas promesas electorais (debe ser un vicio que afecta a todos os políticos). “En non terei onda min, no Elíseo, persoas xulgadas e condeadas”, dixo durante a campaña. Pois xa tén unha, e nada menos que o primeiro ministro elixido por el, o ata agora alcalde de Nantes e presidente do grupo socialista da Asamblea Nacional, Jean-Marc Ayrault.
Por que escolleu Hollande a este ex profesor de idioma alemán, de educación e inclinacións persoais xemanófilas, e non a Martine Aubry, alcaldesa de Lille e primeira secretaria do Partido Socialista, por exemplo, á que por certo non lle caeu nada ben a decisión do presidente francés? Por unha soa e moi sinxela razón: Hollande non se fía máis ca dos que lle son fieis dende hai tempo. Quere ao seu carón persoas de absoluta confianza persoal. Neste contexto, Martine Aubry non será nin sequera ministra. “Hollande –dixo ela– fixo unha escolla política non nomeándome a min para Matignon, e eu non ía entrar en non sei que negociación sobre un Ministerio de non sei que”.
Debe ser moita a confianza e ata a devoción persoal que tén François Hollande por Jean-Marc Ayrault para que se expoña a que os seus inimigos políticos lles estean agora quentando as orellas co pasado penal do seu favorito, que efectivamente foi condeado polo delito de favoritismo, no ano 1997, a seis meses de cárcere coa sentencia en suspenso e 4.600 euros de multa.
Daquela Jean-Marc Ayrault era deputado e alcalde de Nantes, e xa presidía o grupo socialista da Asamblea Nacional. O delito cometido foi o de confiarlle a impresión do xornal municipal Nantes passion a un home de negocios próximo ao Partido Socialista, Daniel Nedzela, sospeitoso de financiar ilegalmente o PS local, que tamén foi condeado a tres anos de prisión por tráfico de influenzas.
O caso foi destapado, a mediados dos anos noventa, pola Chambre régionale des comptes des Pays de la Loire cando Ayrault xa levaba máis de cinco anos dirixindo a cidade de Nantes. Nunha carta de observacións sobre o asunto datada o 5 de febreiro de 1995, este organismo denunciou a xestión levada a cabo por unha asociación directamente vencellada ao Concello de Nantes, denominada Office Municipal Nantais d’Information et Comunication (Omnic), que se encargaba de editar e xestionar o xornal Nantes passion. Segundo os maxistrados de finanzas, esta asociación estaba dirixida por Jean-Marc Ayrault e polo seu xefe de Comunicación, o xornalista Henri Duclos, e atoparon nela un mecanismo para “ao amparo dunha vontade de flexibilidade de xestión, zafarse das normas de contabilidade pública”.
Daquela, entre outras anomalías, a Alcaldía que exercía Ayrault confioulle ao impresor Daniel Nedzela todas as publicacións de Omnic entre 1989 e 1994 “sen concurso público nin contrato por escrito” e por un importe de seis millóns de francos. Ademais, tamén lle concederon a Nedzela a xestión da publicidade de Nantes passion otorgándolle unha elevada comisión do 45 por cento, privilexio que representou, segundo a Cámara citada, prácticas que “constituíron unha malversación grave das reglas do código de mercados públicos”.
Dende había anos, a Xustiza sospeitaba que Daniel Nedzela era un dos dos recaudadores de fondos ocultos para o Partido Socialista local. En 1992, o xuíz Renaud Van Ruymbeke investigou a súa empresa e o impresor nantés mesmo foi encarcerado en novembro de 1993 durante varias semanas. Posteriormente, en setembro de 1997, foi condeado por tráfico de influenzas a tres anos de cárcere (seis meses en firme) e 77.000 euros de multa, por facer de intermediario entre as empresas e os concellos socialistas do Oeste de Francia. Nedzela vendía oficialmente prestacións de “asistencia comercial” que lle permitían traficar con informacións confidenciais sobre as ofertas municipais. Sempre permaneceu a dúbida de se unha parte das cuantiosas comisións que recibiu non foron parar á caixa dun partido político.
O agora primeiro ministro francés sorteou aquela condea beneficiándose da “rehabilitación de pleno dereito” que lle concedía lexislación vixente, prevista para cinco anos despois da execución da pena. Polo tanto, Ayrault está plenamente rahabilitado dende decembro do 2007, pero algúns penalistas franceses sosteñen que o seu caso aínda está comprendido no arquivo xudicial máis completo (ao que só teñen acceso os membros da Xustiza). Pola contra, tanto Jeanc-Marc Ayrault como o resto dos dirixentes socialistas franceses manteñen que a condea de 1997 foi “anulada por unha rehabilitación sobrevida no 2007”, e mesmo ameazan con querellarse por “difamación pública” contra os que “transgredan a lei publicamente coa intención de facer dano”.
En resume, que François Hollande –para moitos, entre os que me conto– a esperanza de Europa agora mesmo, está empezando ben se non se lle conta este primeiro incumprimento das súas promesas electorais.

martes, mayo 15, 2012

Españois na corte de Hollande

No equipo presidencial xa nomeado por François Hollande hai dous descendentes directos de españois. Paul-Jean Ortiz, fillo dun refuxiado político, diplomático de longa experiencia, que ata agora dirixía o Departamento de Asia-Oceanía, pasou a ser o conselleiro diplomático do novo presidente. Aquilino Morelle, fillo dun emigrante español e profesor da Universidade de París, foi nomeado conselleiro político de Hollande.
Paul.Jean ortiz
Paul-Jean Ortiz é un dos mellores expertos en asuntos chineses. Fala mandarín correntemente e exerceu cargos diplomáticos en Pekín durante moitos anos, primeiro como terceiro conselleiro da Embaixada francesa, logo como segundo conselleiro e finalmente como ministro-conselleiro. Tamén foi primeiro conselleiro en Hanoi, cargo que desempeñou despois en Madrid do 2005 ao 2009. Dende este último ano dirixiu o Departamento de Asia-Oceanía do Quai d’Orsay.
Aquilino Morelle
Pola súa parte, Aquilino Morelle, fillo dun emigrante español –o seu pai foi obreiro afiador na fábrica de Citroën en Nanterre–, licenciado en Medicina e diplomado pola Ecole Nationale d’Administration, a famosa ENA, foi conselleiro de Lionel Jospin cando este socialista francés foi primeiro ministro. O seu primeiro posto exerceuno na Inspection géneral d’affaires sociales, onde lle tocou abordar o grave tema do sangue contaminado que se recollía nos cárceres franceses. Daquela experiencia tirou o seu libro La Defaite de la Santé.
Durante a última campaña electoral francesa Morelle foi a pluma de François Hollande escribíndolle case todos os seus dircursos, misión que xa cumprira anos antes con Lionel Jospin. Tamén lle tocou, dende a Inspection Xeral de Asuntos Sociais, redactar o informe concernente ao espiñento caso Mediator, un medicamento que causou varias mortes en Francia.

lunes, mayo 14, 2012

Valérie Trierweiler, unha first lady moi especial


Valérie Trierweiler cando tiña 16 anos (á esquerda), e na actualidade.

Dentro de poucas horas a República Francesa terá oficialmente un novo presidente, o socialista François Hollande, no que están postas non poucas esperanzas para a Europa do futuro inmediato. Por primeira vez, ademais, Francia terá unha first lady ou primeira dama que vive en unión libre e sen estar casada co seu compañeiro, algo que se dá en poucos sitios (Galicia, un deles). Trátase de Valérie Trierweiler, de 47 anos, xornalista de profesión, casada e divorciada dúas veces e nai de tres fillos.
O seu nome de orixe é Valérie Massonneau. Naceu en Angers o 16 de febreiro de 1965, no colo dunha familia modesta que nos tempos do seu bisavó e do seu avó tivo unha relativa importancia na citada cidade do noroeste de Francia, onde foron propietarios do banco Massonneau Mangevine et Cie., adquirido en 1950 por Crédit de l’Ouest. O seu pai, Jean-Noel Massonneau, morreu cando só tiña 53 anos e a súa nai traballou de caixeira nunha pista de patinaxe de Angers.
En total, son catro irmáns que se criaron nun barrio obreiro de Angers, o quartier Monplaisir, no que habitaron nun típico HLM (vivendas oficiais de baixo aluguer) e nun ambiente e unhas orixes dos que Valérie Trierweiler sempre se mostrou orgullosa. Chegou a dicir que, ata que Ouest-France (un xornal editado en Rennes) falou da banca dos seus antepasados, “sempre pensei que se trataba dunha lenda familiar”.
Na súa casa líase Le Canard enchaîné e falábase de política, e tanto ela como os seus irmáns foron á escola pública republicana. Concretamente Valérie Maissonneau primerio foi alumna do colexio Jean-Lurçat e despois do instituto Joachim-du-Bellay, nos que sempre foi unha alumna brillante. Loick Berrou, un antiguo ompañeiro de instituto, contoulle a Ouest-France que Valérie era unha rapaza “dunha beleza que cortaba o alento” e que todos os mozos “se voltaban cando ela pasaba”, pero a Valérie isto non lle facía subir o fume á cabeza.
De Angers marchou a París, onde se licenciou en Ciencias Políticas e empezou a traballar na revista Profession politique. En 1989, entrou no semanario Paris Match, onde tardou pouco en converterse en gran reporteira cubrindo a actualidade política e particularmente a do Partido Socialista. Casada en primeiras nupcias cun amigo da infancia, co que non tivo fillos, contraeu o seu segundo matrimonio con Denis Trierweiler, subdirector da revista Paris Match, co que tivo tres fillos e co que aínda non rematou o seu proceso de divorcio.
Mentres tanto foise facendo famosa, dende o 2005, como moderadora de debates políticos no programa de televisión Direct 8, que moderou ata o 2007 e, con Mikael Guedj, no programa semanal Politiquement parlant dende se mesmo ano.
Coñeceu a François Hollande durante a eleccións parlamentarias de 1988, cando o agora presidente francés aínda estaba casado con Ségolène Royal, e comenzaron no 2006 unha relación sentimental que non se fixo pública ata catro anos máis tarde.
Segundo xa anunciou, Valérie Trierweiler pensa seguir traballando para “manter os seus fillos” e o modelo de first lady que tén na cabeza non é o de Carla Bruni nin o de Bernardette Chirac. De ter que parecerse a alguén, tirará máis polo camiño que tiraron Danielle Mitterrand ou Hillary Clinton.
E, mentres tanto, Carla Bruni "cántalle" a Sarkozy (escoitar no video da dereita ou premer aquí).

viernes, mayo 11, 2012

Ao presidente do Supremo gústalle Puerto Banús


O presidente do Supremo saúda ao cardeal Rouco Varela

Carlos Dívar tén sona de ser un home moi relixioso e devoto da Virxe de Fátima, á que atribúe que non lle pasase nada cando ETA tentou facelo vítima dun atentado terrorista no 2003. De mentalidade moi conservadora e tradicional, acostuma pregerinar frecuentemente á Terra Santa e gústalle dar todas as conferencias que lle encarga o Arzobispado de Madrid. O que non se sabía, ata que o denunciou José Manuel Gómez Benítez, vocal do Tribunal Supremo, é que o actual presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo tamén é moi amante de pasar longos fins de semana –”semanas caribeñas” lles chaman os do seu oficio– no elitista Puerto Banús de Marbella con cargo ao erario público.
Conta hoxe José Yoldi, en El País, que Carlos Dívar viaxou 20 veces a Puerto Banús, aloxándose sempre no mesmo hotel de luxo, dende novembro de 2008 a marzo de 2012, sen que haxa contancia de actos oficiais que xustificasen o cargo ao erario público dos seus gastos, en total 12.996,09 euros, aos que habería que engadir os custos de desprazamento, aloxamento e manutención dos grupos de escolta que lle prestaron seguridade.
Logo da denuncia presentada por Gómez Benítez, o caso está sendo investigado pola Fiscalía e non estaría de máis que a opinión pública chegase a coñecer todos e cada un dos pormenores que caracterizan este novo escándalo da jet society administrativa. A crise que nos corroe a todos esixe que polo menos haxa transparencia.

jueves, mayo 10, 2012

Eles ségueno comendo todo

Un lector amábel case me afeaba hai dous días que escribise sobre os privilexios dos políticos cando abandoan os seus cargos –era o caso de Nicolas Sarkozy– e non falase dos aínda máis escandalosos e nada vituosos exemplos dos altos dirixentes da Banca e do mundo empresarial. Estaba asistido pola razón, sen dúbida, e por iso vou apuntar aquí algúns datos e comentarios sobre a cuestión.
Rodrigo Rato, por exemplo. O ano pasado, por unha xestión que levou a Bankia a ter que ser intervida polo Estado, cobrou 2,34 millóns de euros. Case 200.000 euros cada mes. Ou sexa, o equivalente a 3.648,26 salarios mínimos interprofesionais mensuais. Un traballador que só cobre este salario, que son moitos, tería que currar 298 anos para xuntar tantos cartos coma os que cobrou Rato no 2011. E agora, que case o botan por incompetente, tén dereito a unha indemnización de 1,2 millóns de euros (156 anos de curro para un traballador con salario mínimo).
Como nas monarquías, quen marcou o que tiña que sucedelo na presidencia de Bankia foi o propio Rodrigo Rato, que sinalou como sucesor a José Ignacio Goirigolzarri, todo un lince en comelo todo (escoitar a Zeca Afonso). Durante tres décadas foi alto dirixente do BBVA, ata que no 2009 se retirou sendo conselleiro delegado. Daquela só tiña 55 anos e apañou unha indemnización de 68,7 millóns de euros, que agora non terá que devolver e que seguirá cobrando aínda que fose nomeado, con gañancias millonarias en euros, para presidir a Bankia nacionalizada por Rajoy. Os cartos que meteu na faltriqueira ao xubilarse no BBVA, 68,7 millóns de euros, equivalen a algo máis de 8.925 anos de traballo para un currante que só cobre o salario mínimo interprofesional. Eles comen tudo, eles comen tudo. Eles comen tudo e non deixan nada. Claro que si.

miércoles, mayo 09, 2012

A onde vai o nacionalismo galego?

Cun Beiras que vai e vén, unha Teresa Táboas que vive sen vivir nela, un Rafael Cuíña que se arrima e un BNG ortodoxo que non acaba de decatarse de que non é agora cando o sol lle está pasando pola porta, as posibilidades de que o nacionalismo galego desperte do seu sono de alternativa en decadencia e do seu soño de redención popular son case nulas ou polo menos moi afastadas de calquera renacemento inmediato.
Foi tanto o que se mallou no pelexo do galeguismo de esquerdas e tantos o filibusterismo e os egocentrismos internos que asollaron o BNG que agora o resultado é o que é. Un nacionalismo galego que só sabe meter a marcha atrás. Polo camiño que vai halle ser moi difícil recuperar o moito tempo perdido en retesías e separatismos internos.
Deberían Beiras, Teresa Táboas, Báscuas, Aymerich, Paco Rodríguez e ata o venerábel Bautista Álvarez saír máis á rúa e escoitar o que di a xente. Antes de que condenen a Galicia a seguir sendo o reservorio recaltritante do conservadurismo español.
Sei por experiencia que no nacionalismo galego hai bastantes afrancesados de lectura case diaria de Le Monde e viaxes frecuentes a París. Non serán quen de aprender algo do que está volvendo a pasar en Francia?

martes, mayo 08, 2012

Eles comen tudo


Nicolas Sarkozy, presidente de Francia ata o día 16, anuncia que se vai retirar da política activa, pero non vai precisamente morrer de fame. Segundo a regulación que estabreceu Laurent Fabius en 1985, cando era primeiro ministro de François Mitterrand, o presidente saínte cobrará unha indemnización bruta de 6.000 euros e percibirá 11.500 euros netos cada mes se se incorpora ao Consello Constitucional.
Ademais, ten dereito a dispor dun apartamento de función amoblado e equipado, dous policías de escolta, un coche de función con dous chóferes, 7 colaboradores e billetes ilimitados na compañía aérea de bandeira, Air France, en clase Affaires, así como nos ferrocarís franceses (CNCF) en primeira clase. No estranxeiro será acollido polo embaixador de Francia e beneficiarase de aloxamento nas residencias dos embaixadores ou dos cónsules.
Segundo René Dosière, deputado socialista por L’Aisne e experto en xestión das finanzas públicas, todo isto representa para o Estado francés un custo de 1,5 millóns de euros por cada antiguo presidente e por cada ano (ver Le Monde).
Aínda que François Hollande prometeu suprimir a disposición que lles permite aos ex presidentes seren nomeados de por vida para o Consello Constitucional, e a aínda que a súa proposta fose aprobada polo Parlamento, a Nicolas Sarkozy non se lle podería aplicar  esta medida con carácter retroactivo.
Como ben cantaba Zeca Afonso (ver video á dereita ou premer aquí) eles comen tudo e non deixan nada.