viernes, febrero 27, 2015

Galopada pola chaira


Sen que existise máis razón ca da simple desgana, non volvín a publicar nada neste blog dende o 6 de novembro do ano pasado. A estas alturas do curso da súa vida, ten un dereito a sentirse cansado algunha vez e ata desilusionado e confuso mesmo. Corren tempos de crise e de fatiga, difíciles para todos menos para unha minoría que cada vez ve engordar máis os seus becerros de ouro e o infinito fardelo da súa codicia.
Ata podería pasar perfectamente sen volver a escribir unha palabra máis sobre o mundo que me rodea. Sería máis cómodo e seguramente me reportaría máis beneficios persoais, pero hai algo que me impide deitarme na cama do conformismo cómplice e alienante. Volverei, polo tanto, a darlle á tegra de cando en vez para mostrar o que me parece o que vai sucedendo.
Por exemplo, empezo a alarmarme preocupantemente polo comportamento que están demostrando a maior parte dos que compoñen o egrexio corpo de opinantes oficial do Reino (Xosé Luis Barreiro, Roberto Blanco Valdés, Fernando Onega, etc.) sobre o que está a acontecer na sociedade española, particularmente en todo o que se refire á polo de agora imparábel ascensión política de Podemos. Xa é tal a vehemencia e a demagoxia que expresan estes paladíns do pensamento “correcto” da España máis rancia, contra o partido de Pablo Iglesias, que algunhas mañáns un pensa que retrocedeu cincuenta anos para sumerxerse nas páxinas do desaparecido Arriba, xornal no que algún deles velou as súas armas, para ler aqueles inefábeis columnistas que rompían lanzas constantemente contra a conspiración xudeo-masónica e a atrocidade do comunismo.
Tranquilícense estes novos Jaime Capmany ou José Luis Gómez Tello que aínda non hai comunistas debaixo da mesa. O único que está pasando é que, como acontece en Grecia, á xente incháronselle os cataplines de tanta inxustiza e mal goberno e anda buscando alternativas como pode. Ou é malo que os cidadáns queiramos cambiar o que non nos gusta? Farían mellor estes escribanos do poder estabrecido en tratar de entender que lle está pasando á nosa sociedade actual e non empeciándose tanto en demostrar que o réxime de Venezuela é a Cheká de Latinoamérica ou o Soviet de Stalin (alí polo menos deteñen inmediatamente aos policías que cometen asasinatos).
En fin, que os cans ladran se hai galopada pola chaira. Se cadra é que Rafael Alberti, cando escribiu os seguintes versos, e Paco Ibánez, cando os cantou, tiñan razón:

Las tierras, las tierras, las tierras de España,
las grandes, las solas, desiertas llanuras.
Galopa, caballo cuatralbo,
jinete del pueblo,
al sol y a la luna.
¡A galopar,
a galopar,
hasta enterrarlos en el mar!
A corazón suenan, resuenan, resuenan
las tierras de España, en las herraduras.
Galopa, jinete del pueblo,
caballo cuatralbo,
caballo de espuma.
¡A galopar,
a galopar,
hasta enterrarlos en el mar!
Nadie, nadie, nadie, que enfrente no hay nadie;
que es nadie la muerte si va en tu montura.
Galopa, caballo cuatralbo,
jinete del pueblo,
que la tierra es tuya.
¡A galopar,
a galopar,
hasta enterrarlos en el mar!