tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post1959690458294819299..comments2023-11-05T11:54:22.850+01:00Comments on CROQUES: Menosprezo da corte –e non tanto– e alabanza da aldea (sen pasarse)Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger15125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-56674035247937743262010-05-24T21:56:46.411+02:002010-05-24T21:56:46.411+02:00E polos parapetos, don Perfeuto, polos parapetos. ...E polos parapetos, don Perfeuto, polos parapetos. Non se esquenza.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-65882808527110953562010-05-24T21:55:57.275+02:002010-05-24T21:55:57.275+02:00Anónimo úñtimo.
Xa ve, home, que un remata facendo...Anónimo úñtimo.
Xa ve, home, que un remata facendo as cousas que nunca pensou facer: mesmo aforrando catro perriñas. Que lle imos facer. Vaia todo polo ben da putísima clase media e pola plusvalía dos banqueiros. Pero isto non me impide seguir pensando que hai que continuar berrando polas barricadas.Perfecto Condehttps://www.blogger.com/profile/11756417091268956641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-79706402851179722992010-05-24T21:27:12.832+02:002010-05-24T21:27:12.832+02:00Pois a min, don Perfecto, o que máis me sorprende ...Pois a min, don Perfecto, o que máis me sorprende é iso dos "aforros de toda unha vida". Tiña a impresión (infundada, polo que vexo) de que vostede non era do tipo aforrador.
Sorte coas demais árbores que teña na finca!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-14468932968890800292010-05-23T02:52:27.781+02:002010-05-23T02:52:27.781+02:00Ah, qué deleite se vos zuga lendovos dende este ap...Ah, qué deleite se vos zuga lendovos dende este apéndice vermiforme d'A Baixa California, sabéndovos durmidiños entre ronquidos e outras secreccións tamén sonoras, mentres eiquí comeza o cair do sol e o mar é un espelleante chumbo que se diría lixeiro e sen embargo.... Lástima de algarrobos. En fin, temos unha conversa pendente, don Perfeu.
Chamaréino á volta, IB m.
O ImperfeutoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-73801949594895205812010-05-22T20:46:44.802+02:002010-05-22T20:46:44.802+02:00Pois si que andades inspirados volos dous. Unha co...Pois si que andades inspirados volos dous. Unha coa diarrea intertabicaria e outro cos orgasmos berrados (curiosa variedade, si señor).
Se Antonio de Guevara chegase a coñecervos non sei eu se se atrevería a meterse en menosprezos e alabanzas.
Moitos agarimos aos dous.Perfecto Condehttps://www.blogger.com/profile/11756417091268956641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-78299126772564066432010-05-22T20:18:08.187+02:002010-05-22T20:18:08.187+02:00En tout cas é mellor ca unha diarrea berrada e ret...En tout cas é mellor ca unha diarrea berrada e retransmitida. E, por outra parte, xa saben vostedes que o valor das cousas depende do mercado, aquilo da oferta e da demanda.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-58251688541683085232010-05-22T20:13:14.099+02:002010-05-22T20:13:14.099+02:00Un orgasmo berrado e retransmitido a media noite n...Un orgasmo berrado e retransmitido a media noite non é mellor que ter un loureiro atravesado na finca? Non é mellor escoitar o esforzo telúrico (vaia por onde vaian os tiros) do veciño/a ca rematar ghiñado de veras por mor dunha milésima de ferrado?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-62772659828560086912010-05-22T19:07:26.439+02:002010-05-22T19:07:26.439+02:00Moi divertidos, Sres. de Croques e Arumes e vaiamo...Moi divertidos, Sres. de Croques e Arumes e vaiamos por partes:

Naturalmente que coñezo quen planta loureiros, ás veces de maneira tan apropósito que forman cheirosas sebes que delimitan airas e cortiñas pola parte do vento dominante. Iso non quita que na nosa terra vizosa esta especie, como tantas outras, medre espontaneamente. Un bon propietario e veciño debe vixiar o avance destas plantas ventureiras e caprichosas que nacen e medran onde non deberan menoscabando o prestixio do dono. Outra cousa son os novos camiños, estradas, autoestradas que se abren... para non ir a ningures e aí mesmo podo poñerme de acordo con vostede, Croques. É máis, lamento profundamente que hoxe en día estea todo, absolutamente todo, asfaltado e chapapoteado.
Vostede leme, que feliz me fai.

Arumes, de verdade, que eu tamén vivín en pisos, intentando adormecer ao son dos ronquidos, orgasmos e diarreas veciñais.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-75277281207300162722010-05-22T18:53:05.343+02:002010-05-22T18:53:05.343+02:00SurOeste: que me cachisendiéz, que esas confesións...SurOeste: que me cachisendiéz, que esas confesións que eu lle conto non se poden ventilar así como así polo mundo adiante. Que todo se sabe.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-73601288665968157962010-05-22T10:47:06.108+02:002010-05-22T10:47:06.108+02:00Querida SurOeste:
Vostede non é marciana. O que é ...Querida SurOeste:
Vostede non é marciana. O que é é unha leguleia. "Se un loureiro entorpece o paso a culpa é do que o plantou en mal sitio por ignoranica ou cobiza...". ¿Coñece a alguén que se dedique a plantar loureiros? Non sei vostede, pero eu sonlle da aldea e sei por coñecemento natural que estas laureáceas de virtudes protectoras acostuman nacer pola súa propia conta e sen precisaren de ningunha nodriza que as amamante.
E acerca de que os camiños hai que deixalos expeditos, non fai falta que mo lembre. Non lle é precisamente o caso que nos oupa. E, por certo, de tanto camiño que se vai abrindo innecesariamente pola xeografía galega pode que esteamos abríndolle as veas á nosa flora e á nosa fauna para que se desanguen definitivamente. Viva o cemento e que non falte o alcatrán!
Por se non o sabe, indícolle garimosamente que lle dou esta resposta con admiración. Eu tamén a leo a vostede. Salut!Perfecto Condehttps://www.blogger.com/profile/11756417091268956641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-40190803359444480722010-05-22T08:59:33.565+02:002010-05-22T08:59:33.565+02:00E para que van preguntar os veciños dos bloques de...E para que van preguntar os veciños dos bloques de pisos, se saben perfectamente á hora que se levanta un na casa do lado, na de arriba e non tanto na de abaixo,se houbo polvo ou non, cando se caga e de que textura? A vida nas comunidades de veciños é arcádica, non llelo vou negar, agora, señor dos Croques, o que vostede comenta é de manual de supervivencia máis alá desas idílicas comunidades de veciños que habita Arume: os camiños hai que deixalos expeditos e, se un loureiro entorpece un paso, hai que botarlle a culpa a que o plantou en mal sitio (por ignorancia ou cobiza) e non a quen reclama o uso do camiño ou servidume, míreo desde ese punto de vista, que xa sabemos que vostede non plantou os algarrobos centenarios, e non se cabree. Digo eu, que son marciana e vin cousas peores.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-63435025422036445792010-05-21T19:34:53.714+02:002010-05-21T19:34:53.714+02:00Xa me dirá. A un paso do esencial: a panadería, o ...Xa me dirá. A un paso do esencial: a panadería, o kiosko, o bar (coas correspondientes terrazas). E o coche no garaxe, que se puidera ir en metro ou tiveramos bos transportes públicos nin o tiña.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-10582126753033093842010-05-21T19:27:40.989+02:002010-05-21T19:27:40.989+02:00Que sabio é vostede, Arume! Que Atenea lle conserv...Que sabio é vostede, Arume! Que Atenea lle conserve a intelixencia.Perfecto Condehttps://www.blogger.com/profile/11756417091268956641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-409820093463682812010-05-21T19:25:03.694+02:002010-05-21T19:25:03.694+02:00Que sabio é vostede, Arume! Que Atenea lle conserv...Que sabio é vostede, Arume! Que Atenea lle conserve a intelixencia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-63393572719942428032010-05-21T19:11:12.418+02:002010-05-21T19:11:12.418+02:00Por que cre vostede que a min non me sacan do cent...Por que cre vostede que a min non me sacan do centro da cidade? Aquí non preguntan.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.com