tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post3923196245363902161..comments2023-11-05T11:54:22.850+01:00Comments on CROQUES: Ramiro Fonte será homenaxeado en Ferrol o día 28Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger18125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-84732599000431265892010-02-08T21:32:12.661+01:002010-02-08T21:32:12.661+01:00crops bayir carter thursday wanthmph amgen opinion...crops bayir carter thursday wanthmph amgen opinion supplying leaver simvacor stress
lolikneri havaqatsuAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-75450559355594804852008-07-28T18:24:00.000+02:002008-07-28T18:24:00.000+02:00Boas tardes.Non, mire... Con respecto ao que voste...Boas tardes.

Non, mire...

Con respecto ao que vostede di, querido ou querida Unau, voume permitir apuntar o seguinte, como amigo de Ramón que eu son.

Sei que el non me desmentirá.

Detrás da homenaxe, non está ningún amigo a Ramiro Fonte en particular. O que está, en primeira instancia... é a gran poesía de Ramiro, que talvez como toda gran obra aínda terá que esperar, en boa parte, polos seus verdadeiros lectores.

(Certo que esa obra inmensa xa os ten a vostedes, que merecen sempre a mellor das literaturas, pero no futuro aínda virán moitos máis lectores para eses versos -e para esa prosa-. Uns lectores nos que tamén viviremos, dalgún xeito, todos nós.)

E en última instancia, detrás da homenaxe están vostedes tamén, os Lectores (con maiúscula)de Hoxe, que fan vivir os libros. E por suposto a xente de Ferrol, que esta mañá encheu o salón de recepcións e incluso os corredores do Concello. E ade Pontedeume, que tamén estaba alí. E os amigos todos de Ramiro: desde o ministro de Cultura ata os pescadores, desde a xente do Toxos ata o fotógrafo Tito Ríos.

(O pobo galego, se me permiten un instante de emoción)

O acto desta mañá foi conmovedor. Impresionante, quén o dubida.

Non, sería moi inxusto dicir que iso se lle debía a Ramón, con independencia de que el fixese tamén canto estivo na súa man.

Axudou no que boamente puido. Hoxe case se lle saltan as lágrimas, tamén a el. Pero o mérito é das palabras de Ramiro. E de vostedes, meus amigos, que fan que Galicia sexa un lugar mellor para vivir.

Que teñan toda a felicidade que merecen.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-32987613600196648142008-07-28T16:47:00.000+02:002008-07-28T16:47:00.000+02:00As homenaxes hai que facelas en vida. Moitos de vo...As homenaxes hai que facelas en vida. Moitos de vostedes estarán de acordo. Que alguen pense por favor na persoa tan xenerosa que está detras de todo esto. O autor de esa gran obra "As Galeras de Normandía", o periodista e escritor Ramón Loureiro.unauhttps://www.blogger.com/profile/05705560823044432595noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-60334229387417201782008-07-28T09:14:00.000+02:002008-07-28T09:14:00.000+02:00Hoxe, ás 13.30, é a homanenaxe.Estou plenamente co...Hoxe, ás 13.30, é a homanenaxe.

Estou plenamente convencido, Don Perfeuto, que ata o Ferrol chegarán a través do mar, na voz de vostede, os versos de Homero...

Mil apertas a todos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-32516830640218859192008-07-27T12:19:00.000+02:002008-07-27T12:19:00.000+02:00non me gostan nada estas cousas..pero dispois dun ...non me gostan nada estas cousas..pero dispois dun ano sen mirarvos que menos que ! bicos e sorte ! para Elsa e Ramiro.

O largoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-72771559545215741182008-07-26T17:51:00.000+02:002008-07-26T17:51:00.000+02:00Unha aperta de amizade para Ramiro, sempre no cora...Unha aperta de amizade para Ramiro, sempre no corazón.

Xiao RoelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-36607549162493659772008-07-24T22:14:00.000+02:002008-07-24T22:14:00.000+02:00Non me digas Cristina que xa houbo "peripecias" no...Non me digas Cristina que xa houbo "peripecias" no aeroporto, iso xa comeza ben. Saúdos e que teñan unha boa singradura para Perfeuto,Nito, Jobó, Carlos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-13807281618173154882008-07-24T20:03:00.000+02:002008-07-24T20:03:00.000+02:00a ver, cando empeza a narración das aventuras medi...a ver, cando empeza a narración das aventuras mediterraneas? xa me contou a miña nai vosa primeira peripecia no aeroporto.
espero noticias desde grecia (rezo para que sexan desde grecia e non desde outro lugar). un bico para todos os marinerosCristinahttps://www.blogger.com/profile/08722452074386260555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-21544823087324656032008-07-24T12:13:00.000+02:002008-07-24T12:13:00.000+02:00Nom creio que poda assistir (motivos pessoais) à h...Nom creio que poda assistir (motivos pessoais) à homenagem de Ferrol, mas quero aderir-me desde aqui ao meu querido amigo, Ramiro Fonte, para lhe desejar o melhor e lembrar aqueles tempos em que ambos disfrutávamos da hospitalidade de Pepe Caamanho para prepara as oposiçons. Umha fortíssima aperta.Luisfozhttps://www.blogger.com/profile/18418409726949033824noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-41824370663281825442008-07-24T08:46:00.000+02:002008-07-24T08:46:00.000+02:00Moitísimas grazas, amigo...!!!Moitísimas grazas, amigo...!!!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-80061111287063130372008-07-24T02:06:00.000+02:002008-07-24T02:06:00.000+02:00Neste enderezo podedes ollar unha foto e un video ...Neste enderezo podedes ollar unha foto e un video nun recital das Letras Galegas de 1998 en Vilaxoán de Arousa no Fogar do Pescador. Alí estaba Fonte ao carón de Manuel María, Uxío Novoneyra, Xesús Rábade e moitos máis ata vinte poetas de Galicia.

http://teocf.nireblog.com/post/2008/07/23/homenaxe-a-ramiro-fonteAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-24319655616587304142008-07-22T20:30:00.000+02:002008-07-22T20:30:00.000+02:00As adhesións poden remitirse ao correo do Real Cor...As adhesións poden remitirse ao correo do Real Coro Toxos e Froles

amboage56@hotmail.com

Nese mesmo correo, o Real Coro está atendendo xa, desde esta mesma hora, todas as consultas sobre a xornada de homenaxe a Ramiro.
O poeta terá copia de todas as adhesións recibidas, que ademais se lerán durante a ceremonia institucional do luns. A entrada ao acto é libre.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-62219967796439661942008-07-22T19:55:00.000+02:002008-07-22T19:55:00.000+02:00Súmome á homenaxe a Ramiro con toda a forza da adm...Súmome á homenaxe a Ramiro con toda a forza da admiración e do cariño.

Brión

Ramiro é un poeta excepcional, inxustamente silenciado polo SLG. O tempo porá todo no seu lugar. Andiamo, Ramiro.

Covés:

Adiante, irmán. Vémonos en Pontedeume.

Miguel Cabanas
Para Ramiro Fonte, poeta, sempre os meus mellores desexos.
Boas noites a todos.

Súmome, tamén aquí, a todas as homenaxes a Ramiro Fonte, un gran poeta, unha gran persoa.

Lectora -Admiradora

Es un gran poeta e, por máis que digan que sobran poetas, non é certo. Cóidate que te necesitamos.

Roberto BolañoNon sabía nada. Acabo de inteirarme. Eu tamén lle desexo que se recupere, que non andamos sobrados de poetas.

Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.

Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.

P. D. Xa perguntarei onde é que estás.

Amigo

Se lle deixades a Ramiro unha mensaxe no blog de Perfecto Conde, el nalgún momento do día vaino ver seguro. Saúdos a todos.

Volver arriba

lourixe
Muitos ânimos!

Moitas grazas a todos pola vosa amizade. Se tivesedes un momento tamén para deixar as vosas mensaxes no blog Croques, que xa se vos puxo arriba o enlace, aínda vos estariamos máis agradecidos, porque alí mira Ramiro todos os días.

Amorodo

Desejo que tudo corra bem para o Ramiro.

Perpinyà, ciutat catalana!

Co voso permiso, traslado estes posts ao blog de Perfecto

Leitor

grazas, amigo. ADIANTE, RAMIRO.

Volver arriba

Convidado

Sei da mellor fonte que Ramiro está moitísimo mellor, e que incluso vai poder pasar uns días en Galicia a finais deste mes.

Adiante, irmán...!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-43953001227967487942008-07-22T19:52:00.000+02:002008-07-22T19:52:00.000+02:00Don Ulises Conde: gárdese das Circes, Polifemos e ...Don Ulises Conde: gárdese das Circes, Polifemos e demais perigos de navegantess arroutados e non abra o fol de Eolo, que vostede e de terra interior (aínda que preto da mar, iso si).
Mándelle a Ramiro unha postal cando pase por Itaca,,,e unha aperta fonda tamén...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-47820692935783662622008-07-22T17:34:00.000+02:002008-07-22T17:34:00.000+02:00Permítame dicirlle, querida Hildegard, que unha ve...Permítame dicirlle, querida Hildegard, que unha vez máis coincido plenamente coas súas palabras.

Desde o maior respecto por todo o mundo, penso que xa empeza a ser hora de irmos separando o gran da palla.

(Malo, malo, malo, mentres continuemos chamándolle literatura ao que carece por completo de importancia...)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-76393426642069221202008-07-22T15:43:00.000+02:002008-07-22T15:43:00.000+02:00Polo que lle teño lido e polo que me contan del, R...Polo que lle teño lido e polo que me contan del, Ramiro Fonte é agora mesmo o protagonista das letras galegas que máis merece unha homenaxe. Se cadra andamos case todos demasiado perdidos no fragor da "cultureta" oficial e no estrondio dun noxento "todo a cen", como acostuma dicir Lorenzo Díaz, que nos impide separar ben o trigo da palla.
Dende aquí, o meu abrazo de amiga a un autor que non coñezo persoalmente, pero que xa forma parte da miña vida espiritual.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-14155785852195636882008-07-21T18:19:00.000+02:002008-07-21T18:19:00.000+02:00Ramiro fai cada máis grande Galicia cos seus verso...Ramiro fai cada máis grande Galicia cos seus versos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-69349945910166987212008-07-21T18:16:00.001+02:002008-07-21T18:16:00.001+02:00Concentrate to the things that could give informat...Concentrate to the things that could give information to the people.Anonymousnoreply@blogger.com