tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post5344530205418103988..comments2023-11-05T11:54:22.850+01:00Comments on CROQUES: Uvas (podres) na solainaPerfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-33173336964389674512007-07-21T00:15:00.000+02:002007-07-21T00:15:00.000+02:00Sr. Xosé M. González: Agradézolle a súa puntualiza...Sr. Xosé M. González: Agradézolle a súa puntualización e a xenerosidade de visitarme na miña, que é a súa, casa. A renitencia que me atribúe representar coido que non dá para facer de min un James Dean de licor café, aínda que lle confeso que me encantaría mirarme nos ollos de Nattalie Wood, que foi unha das miñas musas do celuloide. Comigo Nicholas Ray non podería facer un "Rebel without a cause" senón un simple "Por un lado xa o ves e..."
E como lle vou levar a mal que se reitere no da miña radicalidade persoal, se é algo do que estou moi orgulloso? Un día destes fundarei o Partido Radical Persoal (PRP), xa que o do Orgamo Esmerado (POE) colleriame algo a destempo.
En fin, que foi un prazer intercambiar pareceres con vostede. Non estaremos manifestándonos con demaisada cortesía? Ata podiamos semellarnos a Otero Pedrayo falando con Castelao (escolla vostede o que lle vaia máis a xeito).
Saúdos e agardo poder seguir aprendendo de vostede. Xa sabe onde me tén.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-54451420430469759442007-07-20T22:00:00.000+02:002007-07-20T22:00:00.000+02:00Sr. Conde, teño unha puntualización que facer e va...Sr. Conde, teño unha puntualización que facer e vai ser aquí, que cando posible sempre é mellor a comunicación directa có correo secundario.

Se digo que vde. se converte en portavoz de rebeldes con causa, non aludo a portavocía asumida voluntariamente. Renitencia -permita que interprete así o seu punto de vista- coma a expresada na entrada que nós comentabamos é sen dúbida compartida por moitos outros, seguramente non poucos lectores d' "A Nosa Terra" entre eles; entendo hipótese razoable que polo menos algúns se identifiquen cos seus argumentos: e velaí o temos como voceiro posiblemente non intencional, ao mellor tampouco disgustado.

Non lle vou explicar que na miña expresión hai unha chusgada de ollos a certo título cinematográfico; non é gran cousa en termos de retórica, e espero que non redundase noutro factor de incomodo. O resto non o comento, as súas cualificacións son cousa radicalmente persoal, se non leva a mal que me reitere.

Un saúdo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-67067976435466977942007-07-20T19:50:00.000+02:002007-07-20T19:50:00.000+02:00Sr Conde: non se xubile que xa hai moita xente áfo...Sr Conde: non se xubile que xa hai moita xente áfona demais pero coido que vai necesitar a axuda de Nivardo Castro a quen vostede tanto axudou para estas novas leas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-68247651800835948412007-07-20T19:10:00.000+02:002007-07-20T19:10:00.000+02:00Ainda que non se corresponde co tema, A Mezquita ...Ainda que non se corresponde co tema, A Mezquita do Sr. González Seara, o que chegou a Ministro coa UCD, pertence ao Concello da Merca. A Mezquita, da Srta. Caldelas a dona de Baltarín, pertence ao Concello da Mezquita, ao pasar a Gudiña. Só é un pequeno matiz.Anonymousnoreply@blogger.com