tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post6043582781780740671..comments2023-11-05T11:54:22.850+01:00Comments on CROQUES: As contas da Gran Capitana BugalloPerfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-7155854356208665862008-10-23T02:06:00.000+02:002008-10-23T02:06:00.000+02:00Son moi graves estas meteduras de zoca (por dicilo...Son moi graves estas meteduras de zoca (por dicilo suavemente) da anxelical Bugallo. Por hixiene democrática debería demitir. Pero iso sería un duro golpe para o BNG coas eleccións ás portas e non o fará. Mais, se cadra, o asunto pode engrosar e ser peor a enfermidade que o remedio.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-11296434562348646672008-10-22T20:51:00.000+02:002008-10-22T20:51:00.000+02:00O Anónimo que nos endilgou o artigo de Dani Álvare...O Anónimo que nos endilgou o artigo de Dani Álvarez, que eu xa lera en Vieiros, ten todo o dereito a comulgar coas rodas que queira tragándoas no muíño que lle dea a gaña. O que non vexo claros son os argumentos do seu alimentador espititual. A ringleira de titulares que tomou de "La Voz de Galicia" que significan? Pois nada, que se limitan a reproducir a realidade tal e como se vai producindo máis ou menos. Recollen palabras de Peter Eisennman, informan sobre o que van dicindo os políticos da época, etc. É iso manipular a realidade?
Non digo que o xornal de Santiago Rey estea empeñado ou non en levar a auga ao seu canle, todos os periódicos o fan, e fan ben, pero de aí a centrar en "La Voz de Galicia" unha especie de empeño inconfesábel de cargarse a Cidade da Cultura coido que vai o mesmo tramo que hai dende a verdade á mentira.
Ademais e deixémonos de coñas, os que agora cacarean as vantaxes da Cidade da Cultura e multiplican por equis os seus custos son os que botaban pestes contra ela cando estaban na oposición. Esa si que é unha "contraditio in terminis", e non á de La Voz de Galicia.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-76023131979333285872008-10-22T19:48:00.000+02:002008-10-22T19:48:00.000+02:00Nada, se o dis ti, que es un fenómeno, xa está fal...Nada, se o dis ti, que es un fenómeno, xa está falado. Todos tranquilos.Que sitan tirando os cartos, que como son da Xunta non teñen dono e ninguén os paga.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-37552359928786518802008-10-22T17:11:00.000+02:002008-10-22T17:11:00.000+02:00Artigo recomendado sobre o tema:O Gaiás e La VozDa...Artigo recomendado sobre o tema:

O Gaiás e La Voz
Dani Álvarez
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/557/o-gaias-e-la-voz

A min gústame que Galicia teña sete cidades. Está comunmente aceptado que son sete as cidades do País, aínda que hai outras localidades que xa compiten en habitantes e importancia.

Tamén gosto da cultura galega na maioría das súas expresións. Especialmente no eido musical considero que temos unha riqueza que causa envexa noutros puntos de Europa. A literatura é outra expresión da cultura galega que quixera destacar e, aínda que non estea no que de xeito cotiá se denomina cultura, quero facer mención á gastronomía do País como fonte riqueza. Quero dicir que a min gústanme as cidades galegas e a nosa riqueza artística. Creo que a cultura está espallada por toda Galicia de xeito máis ou menos uniforme. E, polo tanto, conclúo que é innecesaria unha Cidade da Cultura. Xa temos cidades abondas e a cultura debe estar en cada curruncho galego.

Sirva esta palla mental aparentemente insubstancial para deixar claro que, se eu no ano 1999 fose Manuel Fraga, que non o era, nin o son, nin espero selo nunca, non decidiría desbrozar unha montaña enteira para enchela de formigón e logo dicir que a cultura ía toda para alí dentro. Porque a Galicia non lle fai falta nin unha nova Cidade nin tampouco pechar no monte a Cultura. Mais non é este o debate, porque a pesar de que seguen as obras, poucos confían na utilidade do mazacote ese.

O debate que quero abrir eu é o de quen abandeira agora a loita contra a Cidade da Cultura. Ben, despois de meses de seguimento (non exhaustivo) da polémica en torno ao Gaias, creo ter claro que o grupo de poder que máis se mobiliza contra o proxecto, ou o que queda del, é o Grupo Voz. Como todos os grupos empresariais, o Grupo Voz busca gañar cartos, cousa que a min me parece marabillosa. Pedro J tamén usou o 11-M para vender máis xornais e foille ben. Está claro que o asunto do Gaias vende. A demagoxia esa de “mira o diñeiro que están metendo aí no canto de facer hospitais” funciona á primeira.

Así que, como me roía a curiosidade, fun á hemeroteca revolver cando decidiu La Voz apostar por dinamitar o Gaiás. Explotalo empresarialmente, quero dicir. E atopeime co seguinte:

21 de decembro de 2000: “En enero se pondrá la primera piedra del macroproyecto cultural de la Xunta. «Soy una persona sincera y clara y si pensase que no iba a cumplir los plazos, lo diría», afirmó Peter Eisenman, acompañado por la sonrisa y el asentimiento del conselleiro de Cultura”.

9 de febreiro de 2001: “Caixa Galicia dona el solar de la Cidade da Cultura y pide una medalla. Méndez recordó que la labor cultural que lleva a cabo la Fundación Caixa Galicia recibió recientemente la Medalla al Mérito en las Bellas Artes, entregada por el Rey. También recordó el compromiso de la Caixa de Aforros con la cultura gallega y su «orgullo» de que la Cidade da Cultura se levante en terrenos donados por ella”.

14 de xuño de 2001: “La Xunta concede la Medalla de Ouro 2001 de la comunidad a la entidad Caixa Galicia. La Xunta subraya entre los méritos que hacen a Caixa Galicia merecedora de la Medalla de Ouro la cesión de terrenos en el Monte Gaiás de Santiago para construir la Cidade da Cultura”.

10 de outubro de 2001: “Eisenmann vincula el desarrollo de la Cidade da Cultura a la victoria de Fraga. Eisenmann es, sin duda, un referente mundial de la arquitectura de vanguardia. Desde ayer, se convierte también en un referente de los comicios gallegos. El arquitecto, que intervino en la apertura del Salón Internacional de Patrimonio Cultural, en Santiago, no dudó en apoyar el camino de Manuel Fraga hacia su cuarta victoria electoral consecutiva”

9 de outubro de 2002: “El sector inmobiliario premia en Barcelona a la Cidade da Cultura”

4 de febreiro de 2003: “Los contenidosde la Cidade da Cultura se demorarán «para estar a la última». Pérez Varela considera un error adquirir ahora tecnología que pronto estará desfasada”.

18 de xaneiro de 2004: “En medio año estarán en marcha los seis edificios de la Cidade da Cultura”

17 de febreiro de 2005: “La construcción de la Cidade da Cultura en el monte Gaiás es un espectáculo. Podrá gustar más o menos lo que empieza a divisarse en la colina, será demasiado o poco ambiciosa, pero lo que nadie puede negar es que el proyecto de Peter Eisenman que se está desarrollando en Santiago es algo insólito en el mundo de la construcción”.

E podería seguir máis e máis sen ter feito esforzo arreo. Isto é unha pasadiña rápida pola hemeroteca. Que pasou en Xuño do 2005? Pois que Fraga perdeu as eleccións. Eu, que pasei a noite electoral traballando desde a sede do PP en Santiago, pregunteille a Fraga se estaría disposto a liderar a oposición se non acadaba o arelado escano 38. “Por suposto”, dixo. E logo escapou de camiño ao Senado. Si, mudou o goberno e o morto caeulle enriba a Ánxela Bugallo. E entón La Voz abriu un proceso de debate sobre os usos que lle había que dar a unha cousa que custaba cartos a esgalla. Daquela si, daquela calquera debatía. Pero, e antes? Onde estaba o xornalismo intrépido para propoñer debates?. Onde a intelectualidade?

Sabedes de cando é o primeiro artigo sobre o Gaiás do denuncia-todo Blanco Valdés? Do 20 de setembro do 2005. Onde estaba el ata entón? Porque ían xa seis anos desde a presentación do proxecto. Segundo o meu repaso, os primeiros en se manifestar na rúa foron os independentistas de Compostela. E quen escribiu desde o primeiro momento contra a indefinición e o custo que supuña a Cidade foi o mestre Barreiro Rivas. A cadaquén o que é seu.

Polo tanto, que non nos enganen. Que non nos veñan abandeirar nada, e menos o presunto candidato de UPyD azoute dos nacionalistas non españolistas. Sabemos onde estaban. E sabemos no que andan agora.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-51547305800373343662008-10-22T12:22:00.000+02:002008-10-22T12:22:00.000+02:00Tranquis. Isto non fixo máis que comezar.Vexamos: ...Tranquis. Isto non fixo máis que comezar.

Vexamos: "Nos ataques contra o de Cuba houbo (e hai) moita demagoxia de dios e moito odio á cultura galega".

Por partes. Demagoxía hai, como en todo. Gastar alí e non gastar acó é algo que só poden decidir os políticos, é unha cuestión opinábel, mais vencellar á crítica a un ataque á cultura galega é demasiado.
Quén, pois, está autorizado para criticar? Só Paco Rodríguez?
Resulta de mal gosto colocar ás persoas que critican algo na diana, acusándoas de quer mal a Galiza, non ser abondo galegos, seren uns españolizados, etc, todo o repertorio de insultos e descualificacións próprios do nacionalismo galego-autonomista gobernante co PSOE.
Non, así non facemos País e se continuamos por aí, solicitarei que o campo de re-educación nacional-popular fique perto da miña casa...

E se alguén anda sorprendido co gasto de Cultura en Cuba é que aínda non prestou atención ao que custa a Cidade da Cultura.
Podemos criticar esa decisión política? Se podemos, entón, hai que dicer que estamos frente un disparate de enormes proporcións, auspiciado polo BNG en primeiro lugar e polo PSOE despois, ou sexa, polos progresistas do País.

Quén vai pagar os custos de mantemento do tremendo edificio?
E cómo, Santas Ánimas benditas, cómo?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-60447040513177004082008-10-22T10:24:00.000+02:002008-10-22T10:24:00.000+02:00E as excursións seguen, de México á Montevideo. Me...E as excursións seguen, de México á Montevideo. Menos mal que Rulfo e Onetti, tan vencellados á comunidade galega, non levantan a cabeza! Estaría ben que a conselleira e os seus asesores explicasen que criterios utilizan para programar as excursións e para elaborar as listas dos excursionistas que levan a que a cultura galega da nova galiza que estamos a construír teña un lugar de seus no mundo mundial dos hoteis de luxo e os destinos turísticos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-35566028987894030212008-10-22T10:19:00.000+02:002008-10-22T10:19:00.000+02:00Gustaríame saber que gañamos os galegos de a pé en...Gustaríame saber que gañamos os galegos de a pé en levar a toda esa xente, "de moca", á Habana. Aumentou o índice de lectura en galego? Fixemos novos lectores entre os rapaces? Ou engordamos as contas de tres ou catro editores que, por outra banda, viven da eterna subvención?
Temos o noso patrimonio abandonado pero, claro, iso non "vende". Non cadra tan ben nas fotos.
Agora, na época de Internet, seica queren facer unha megabilioteca no Gaiás, un depósito de libros.
Antes, con Pérez Varela, aínda sabiamos a que nos ater: montaba, polo Macabeo, tres ou catro concertos de artistas "internacionais", e polo menos fomentaba o "turismo cultural".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-62523064926008865582008-10-21T21:15:00.000+02:002008-10-21T21:15:00.000+02:00Pois eu comprendo perfectamente que a xente non qu...Pois eu comprendo perfectamente que a xente non queira traballar. É moi fodido.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-26904971036918708752008-10-21T21:11:00.000+02:002008-10-21T21:11:00.000+02:00O que fai a conselleira non me resulta tan raro co...O que fai a conselleira non me resulta tan raro como que haxa quen a xustifica cando niso non lle vai nada. O truco de facer pasar por cultura galega o que só son intereses persoais empeza a ser un pouco vello, e aquí tivo a súa maior expresión en todos eses grandes escritores que en xusta correspondencia ao seu talento conseguían que os seus libros fosen lectura obrigada nos colexios. Gracias a iso, logramos que os nosos nenos non saiban hoxe quén foron nin Rosalía nin Blanco Amor nin Cunqueiro, pero que en cambio aprendesen a odiar as letras galegas a forza de ler a catro caraduras infumables que se fan pasar pola esencia do país. Como a lista está no pensamento de todos, vou pasar de exemplos. Isto empeza a cheirar un pouco de máis, ¿non cren? E mellor nin falar xa da farsa esa do audiovisual, furado sen fondo sempre amamantado con cartos públicos. O teatro ¿galego? falaremos noutro momento. E non me gusta nada os anónimos. Moito deben de ter que ocultar cando lles gusta tanto esconderse.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-7523914209750140162008-10-21T20:52:00.000+02:002008-10-21T20:52:00.000+02:00E que terá que ver esa señora coa cultura galega? ...E que terá que ver esa señora coa cultura galega? Ou é que a cultura galega son as suites na Habana, os mojitos, as contas ocultas ao Parlamento e as carrexadas de amiguiños e mantenidos? É que xa non queda aquí vergonza ningunha? É que non aprenderemos xamais nada?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-86344517687479434072008-10-21T20:13:00.000+02:002008-10-21T20:13:00.000+02:00Parece mentira que vostede, que debería coñecer be...Parece mentira que vostede, que debería coñecer ben como se move a prensa, non vexa a campaña que lle ten argallada a Voz de Galicia contra a señora esta.

Nos ataques contra o de Cuba houbo (e hai) moita demagoxia de dios e moito odio á cultura galega.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-34101423031321371692008-10-21T14:40:00.000+02:002008-10-21T14:40:00.000+02:00O post de hoxe, don im/Perfecto, tráeche moito esq...O post de hoxe, don im/Perfecto, tráeche moito esquinal no laberinto.

Mentar a don Paco Rodríguez...é unha picardía.RIODERRADEIROhttps://www.blogger.com/profile/16746587823859962232noreply@blogger.com