tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post8558011281067160357..comments2023-11-05T11:54:22.850+01:00Comments on CROQUES: Blanco Amor, a aventura de vivir nun poboPerfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-63510001486885276352013-10-11T17:07:58.645+02:002013-10-11T17:07:58.645+02:00Excelente aportación para un mellor coñecemento de...Excelente aportación para un mellor coñecemento de Blanco Amor. Eu, que na décado de 1970 tratei moito a Blanco Amor, concordo co retrato que fai Carqueixa da vida ourensá do escritor.Perfecto Condehttps://www.blogger.com/profile/11756417091268956641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-69707999523581151842013-10-11T15:46:19.242+02:002013-10-11T15:46:19.242+02:00Sabe, don Perfeuto, cando eu era mozo, antes de ir...Sabe, don Perfeuto, cando eu era mozo, antes de ir a mili (remateina o ano que morreu Franco; ajnda que non oín misas vestido de militar¡) o sr. Blanco Amor, acabado de chegar da Arxentina ía por o bar a onde eu e os meus colegas botábamos a partida, o bar Rincón, na rúa da Paz, perto de onde el moraba.
Recórdoo sempre sentado nunha daquelas mesas de mármore; unhas veces lendo un libro ou un xornal, e outras escribindo nunha libreta. O que nunca lle faltaba era sempre o que en Ourense chamamos "unha palomita", ao seu carón. Xa sabe, en Ourense daquelas chamábaselle así a unha pequena xerra de louza branca coa que se servía o viño nas cuncas. Hoxe as cuncas só se ven como reclamo turístico.
A miña nai coñeceuno e tratárao cando ela ainda estaba solteira e traballaba no bar Peña da Praza do Ferro, onde tamén el ía antes de marchar para Sudamérica. Lembro que tamén ela me dicía que case sempre o fillo da florista, como ela lle chamaba, cando ía ao bar Peña, pedía unha palomita; polo visto foi un costume, bo costume, diría eu, que nunca perdeu ao longo da súa vida.
O que si me quedou gravada foi a imaxe de que sempre o vía moi só, como moi illado, moi solitario, sempre buscando compaña na lectura e na escrita,non sei se é unha imaxe trabucada, pero foi a imaxe que eu gardo del.
Ao igual ca de don Ramón Otero Pedrayo, outro ilustre da rúa da Paz e a de don Xaquín Lorenzo, ainda que destes as imaxes foron moi distintas.
Grande rúa esta da Paz en Ourense, e que grandes persoeiros nela moraron.
Cumprimentos.
Carqueixahttps://www.blogger.com/profile/09537443192898132439noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-62824266146230603212013-10-11T01:02:50.710+02:002013-10-11T01:02:50.710+02:00Pois que alegría me dá que alguén fale destas cous...Pois que alegría me dá que alguén fale destas cousas. Eu tamén teño ese libro, don Perfeuto, e dei rápido con el. Mercado o 3/01/2001, en La Región. Había unha pila deles. Dos dous que merquei, un regaleino e o outro ficou comigo. Leo no índice, OURENSE E O GALEGO, VALLE INCLÁN EN "TRASACORDO", EL CIRCO DE LOS MUCHACHOS, O GALEGO E AS MULLERES, SANTIAGO OTRA VEZ, JUICIO A CUNQUEIRO, ORENSE Y CASTELAO... E xa que saiu Valle, e agora que lle veñen de dar o Nobel a Alice Munro, que dous grandes premios Nobel terían sido Valle e Blanco Amor. Saúdos.detective crepuscularnoreply@blogger.com