tag:blogger.com,1999:blog-145009482024-02-21T00:34:16.791+01:00CROQUESPerfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.comBlogger1113125tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-35681731434944408252015-08-22T20:07:00.003+02:002015-08-22T20:07:56.477+02:00Repostar en Mondoñedo

Xa está. Por fin sábese por que se fixo tan mal a autovía A-8 ao seu paso polas cercanías de Mondoñedo de maneira que, cando hai néboa, decote resulta obrigado pechar o tránsito por ela. A clave ven de dárnola a alcaldesa de Mondoñedo e presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, dicindo que os veciños da vila onde naceu Álvaro Cunqueiro están a tirar benefizo dos peches da A-8 porque os carros, camións e buses vense orbigados a circular pola localidade e, polo tanto, “poden repostar na gasolineira e tomar algo nos bares, por exemplo”. Ou comprarle algunha tarta ao rei da especialidade, engado eu.

Nunca se me ocurrira a min pensar nunha razón tan sinxela coma esta. Mire vostede por onde saen os tiros: Fomento fixo o que fixo para beneficiar os votantes dunha presidenta da Deputación que chegou ao cargo pola estrambótica vía que todos coñecemos polos xornais. Non hai mal que por ben non veña. Xa se sabe, se alguén mata un veciño sempre ha de haber algunha funeraria ou algún enterrador que tiren ganancia. Hai explicacións políticas que nin léndoas trinta mil veces alcanza un a comprendelas.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-1247548927260080672015-07-13T17:32:00.002+02:002015-07-13T17:32:27.798+02:00A Europa sen maneirasCando eu era un rapazolo –vai boa xa!– todos escoitabamos o que dicían os sabios das diversas tribus. Non sería como nos tempos de Séneca ou de Platón, pero respectábanse en boa maneira as auténticas autorictas, algo que agora non se fai. Nos tempos que corren é como se pesara moito máis o que din e, sobre todo, o que escriben Xosé Luis Barreiro ou Xosé Carlos Caneiro ca o que difundan polo mundo adiante premios Nobel de Economía coma Paul Krugman, por exemplo.

Krugman (ver El País) volve a estar cargado de razón cando sostén que “a economía case se volveu secundaria” e que o tratamento que lle dá o Eurogrupo a Tsipras “probabelmente pretende ser unha oferta que Grecia non poda aceptar, e que, aínda así, é unha traición grotesca de todo o que o proxecto europeo se supoñía que representa”.

Eefectivamente, todo que se aprendeu nas últimas semanas é que ser un membro da zona euro significa que os acredores poden destruir a súa economía se se sae do curral. O proxecto europeo acaba de levar un golpe terríbel, tamén o di Krugman, e, pénsese ou que se pense de Syriza ou de Grecia, non foron os gregos os que o deron.

Polo demais, que lamazal o da maioría dos opinadores que publican na prensa galega sobre este aspecto! Menos mal que aínda nos queda, ás veces, X.L. Franco Grande, que dá ao prelo hoxe un excelente artigo titulado Unha Europa sen maneiras. Claro que si: O que somos por aquí “é un país que puxo a intelixencia ao servizo do terrorismo financeiro, a arrogancia e o asoballamento dos dereitos dos demais, e que despreza a cultura, a solidaridade e o benestar –se é o dos demais–. E enriba, con maneiras de pailáns”.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-7829592009085140112015-06-29T17:52:00.000+02:002015-06-29T18:18:33.101+02:00Dúas maneiras de ver o de GreciaHoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de Julio Llamazares publicado en El País co título de Amor a Grecia, ou o de Xosé Luis Barreiro Rivas en La Voz de Galicia, Alexis Tsipras se quita la careta. Dúas maneiras de ver o mundo. Unha, a primeira, dende a sensibilidade e a cordura histórica. Outra, a do noso sobrevido Jaime Capmany, dende a estulticia neoliberal. Que terá que pasar para poder ler algo intelixente sen ter que pasar do Padornelo?

Aos que lean francés seguramente tamén lles interesará este artigo que acaba de aparecer en Libération. E, mellor aínda, para os que saiban inglés, repasar o que di o premio Nobel Paul Krugman no artigo que lle publica hoxe The New York Times.Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-44712418164163669232015-06-25T19:38:00.001+02:002015-06-25T19:38:26.135+02:00A soberbia de Pablo Iglesias

Sen respiración. Así é como me deixou a lectura das declaracións do lider de Podemos acerca de Izquierda Unida (IU). Non sei se a este rapaz lle picou unha avéspa cargada de veleno, lle entrou un perigoso baile de San Vito ou é vítima dun repentino ataque de fatada política. Atribúelles Pablo Iglesias a “lucidez do pesismismo” aos dirixentes de IU. Pois anda que el, como siga polo camiño que acaba de emprender, vai rematar instalado na lucidez “joseantoniana” (si, polo de Primo de Rivera) do señorito que pringa a súa alma con soberbia e persoalismo. Que volva Monedero canto antes!

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-55995288964303420532015-06-15T20:30:00.002+02:002015-06-15T20:41:24.008+02:00Atención a Ada Colau

Ada Colau viaxando en Metro para parar un desafiuzamento no Nou Barris barcelonés.

De toda a xesticulación exhibida polos novos alcaldes que están protagonizando o cambio político que está renacendo en España, celebro moi especialmente o comportamento da barcelonesa Ada Colau, que estreou o seu mandato viaxando en Metro para trasladarse ao Nou Barris coa intención de parar un dos nove desafiuzamentos que ían ter lugar hoxe en Barcelona.

Parece ser que mentres tanto o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, estaba ocupando ou seu tempo en conceder entrevistas radiofónicas –pero que manía teñen sempre os rexedores galegos, sexan da cor que sexan, por correr tras dos micrófonos!–, o de Santiago andou ocupado en repartir responsabilidades municipais e o de Ferrol, acompañado pola rotunda Beatriz Sestayo dedicoulle algo de tempo a saudar os funcionarios.

Na capital do Reino, Manuela Carmena tamén pillou o Metro para acudir ao traballo e se cadra non lle quedou tempo nin inspiración para facer como fixo Ada Colau en Barcelona, ocupada como debeu estar en apagar o lume que lle prendeu o seu “humorístico” concelleiro de Cultura –xa dimitido– Guillermo Zapata.

Faltándome saber o que fixeron outros moitos rexedores municipais da nova España, insisto que admirar sobre todo a esa moza catalana que vai dar moito que falar e que se chama Ada Colau. Benvida, mossa, á necessaria regeneració del teu país!

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-40394382717181889872015-06-15T11:30:00.001+02:002015-06-15T11:30:25.316+02:00O humor dun tal Guillermo Zapata

Con razón ou sen ela, o tal Guillermo Zapata, flamboyant concelleiro de Cultura do Concello de Madrid, tardou dous escasos segundos en converterse nun auténtico cadáver político grazas exclusivamente ao que pobabelmente non foi máis ca un exasperante sarabullo xuvenil. Estalle ben por confundirse de profesión. O seu debería ser o oficio de humorista de Charlie Hebdo ou polo menos de El Jueves e non concelleiro de Madrid e, menos aínda, ocuparse de administrar a cultura dos habitantes da capital do Estado.

Se por un lado hai que defender –e eu deféndoa, dende logo– a súa sacrosanta liberdade de expresión como cidadán independente, por outro hai que esixir que dimita ou que sexa imediatamente cesado do cargo público ao que accedeu mediante elección directa, unha vez que se deron a coñecer as súas veleidades de pouco e mal inspirado humorista da crueldade.

Anda que ser quen de atoparlle humor a dicir que a única maneira de que collan 5.000 xudeus nun Seat 600 é meténdoos no cinceiro pode facerlle algunha graza a un suposto desalmado coma el e ata se cadra non pasa dun mal chiste, cando se emite no ámbito privado, pero cando se difunde publicamente –a través de Twiter– por alguén que aspira e acepta desempeñar un cargo público a trécola adquire suma gravidade, e non digo eu que se trare de establecermos unha corrección política de cartón pedra senón de depurarmos, aínda que sexa minimamente polo menos, o exercizo eticamente democrático do mundo que nos toca vivir. Por iso ten Manuela Carmena a obriga de cesar a Guillermo Zapata no caso de que el non remate tendo a decencia política de dimitir. A rexeneración que nos prometeron os agora gobernantes da nova España que está a agromar esixe este exercizo de profilaxe e moito máis.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-76726180763567684502015-05-28T00:16:00.001+02:002015-05-28T00:16:45.965+02:00A descomposición do PPPois vai resultar que as tripas do PP andaban moito máis revoltas do que todos pensabamos e, dende logo, moitísimo máis do que se empeñaban en contarnos ata agora os seus dirixentes. Entre o que están empezando a dicir Núñez Feijóo ou o presidente de Castela-León e o expresivísimo escapismo de Mariano Rajoy xa hai case tanta diferenza coma que había no seu tempo entre Fraga Iribarne e Herrero de Miñón, por exemplo. Cuidado, porque o PP pode rematar como rematou a UCD cando as urnas lle voltaron as costas.

Por outra banda, vaia espectáculo que están a dar Esperanza Aguirre e algúns salvagardas máis da “cultura do Occidente”. Do Accidente máis ben, habería que dicir. Resulta que agora hai que aliarse co PSOE para evitar que España se sovietice. Pero bueno, é que toda esta xente non dispón de psiquiatra de cabeceira ou que lles pasa? Por iso me sorprende tanto que, no medio desta contramarea que está a saír das cavernas, haxa algunha voz sensata no PP, coma do ata agora alcalde de Ferrol, Xosé Manuel Rey Varela, atrevéndose a platarlles cara ás “directrices que veñan de fóra”.

Curioso tamén ler o artigo que publica hoxe en El Correo Gallego Pancho Ledo, un rochoso ribadense que herdou de Fraga a coherencia política e que coincide comigo en salientar o alarmante solipsismo do aínda líder máximo do PP. Como isto siga así, a desfeita do PP vai parangonar de lonxe o que foi a morte súbita do desparecido partido que creou Adolfo Suárez.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-86533741356797588692015-05-27T01:08:00.001+02:002015-05-27T01:08:20.464+02:00A boca sucia de Esperanza Aguirre

Coñecín –e tratei– a Esperzanza Aguirre nos meus tempos de xornalista madrigalego e ata podo dicir que non me caía mal. Polo menos vivía como falaba e falaba como vivía. Coñecín –e tratei máis aínda– a Manuela Carmena nos seus tempos –e meus– de loitadora aguerrida pola liberdade e pola democracia durante a longa noite de pedra do franquismo e despois dela.

Polo tanto, con coñecemento de causa, dou fe de que Pablo Iglesias non fala barato cando di que Esperanza Aguirre debe limpar a boca antes de falar de Manuela Carmena como fala. Eu engadiría que ata debería lavala con lixivia.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-67896836130560801242015-05-26T12:15:00.000+02:002015-05-26T12:22:30.049+02:00Un novo mundo

Que España en xeral e que Galicia ou Cataluña ou calquera outra comunidade xa non son o que eran quedou nidiamente claro co resultado das eleccións do 24M. Algo que non saben ou non queren entender os dirixentes do PP nin os do PSOE, polo que se está a ver. Só un gobernante fachendoso e perigosamente solipsista como é Mariano Rajoy pode aferrarse coma un cravo ardendo á contumacia de que tras del só pode estar agochado o diluvio. E tampouco hai, por parte do PSOE, moitos indicios de que saiban entender o que xa pasou e o que pode pasar aínda.

Hai máis de dous anos, nun deses aburridísimos debates aos que daquela aínda me convidaba algunha televisión local, concretamente a do El Correo Gallego, atrevinme a redactar a acta de defunción do bipartidismo e todos ollaron para min pensando que me acababa de dar un ataque de soberana inconsciencia. Xa daquela había que estar algo cego para non decatarse do que lles estaba caendo enriba os que levaron a Galicia e a España enteira á inxustiza, á desigualdade e á corrupción coas que intentaron dobregar a nosa sociedade. Consegírono en parte, pero non de todo. Os cadáveres tamén se erguen ás veces sobre as súas propias cinzas, como se acaba de ver na brutal patada no traseiro que lle acabamos de dar aos que quixeron devolvernos a un capitalismo de mera explotación e escravitude.

As eleccións do 24M déronlle a primeira volta ao calcetín. Agora hai que seguir cambiando o traxe. Volveron a gañar as forzas progresistas, que son as únicas que nos poden salvar de seguir vivindo na ignominia e na dependencia absolutas. Vai custar facer ben o camiño. Son moitos os atrancos que van poñer a reacción e os poderes fácticos e reais dos que xa pensaron que non habería quen os puidese parar, pero tamén é moita e moi forte a vontade e sobre todo a necesidade da xente de volver a sentirse libre, solidaria e dona do seu futuro, digan o que xa dixeron ou sigan dicindo os agoireiros da hecatombe, especie animal que en Galicia non parece estar en ningún perigo de extinción a xulgar polo que se lles nota a varios conspicuos articulistas da prensa diaria.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-47409739907034524902015-05-21T14:23:00.000+02:002015-05-21T14:23:12.363+02:00Velando as armas

Paréceme a min que había moito tempo que non se rexistraba tanta movilización política coma que que aínda se está levando a cabo nestas eleccións municipais. Alcaldes qe nunca pisaron a túa aldea apareceron petando nas portas para pediren o voto ou polo menos presentaren o seu “programa”, que case sempre é algo totalmente inexistente. Líderes ou simples representantes das diversas alternativas que aspiran a botarte a ti para poñérense eles tamén fixeron a mesma romaría. Moi inseguras deben verse desta volta as forzas políticas para descubriren de repente a importancia da cidadanía á hora de desfilar polas urnas.

Seguramente o 25 de maio pola mañá todo seguirá coma sempre, pero polo menos darémonos o pracer, algunha horas antes, de pensar que aínda podemos cambiar o mundo ou polo menos tapar os baches e limpar as gábeas da nosas abandonadas estradas. Quen dixo que unhas eleccións municipais trouxeron a República? E para que queremos a República se pode presidila un gobernante coma Mariano Rajoy? Cousas veredes, Sancho, cousas veredes.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-35781448867585187532015-05-18T00:01:00.001+02:002015-05-18T00:19:19.809+02:00El cura y los mandarinesMenos mal que Sonia Vizoso dignificou o xornalismo escribindo para El País unha crónica titulada El homenaje a un alcalde franquista revuelve la fiesta cultural de Galicia, que está a anos luz do cacarexo conservador e dereitista que ofreceu sobre o mesmo tema a case totalidade da comunicación galega. De non ser polo aporte de Sonia ou pola información minoritaria e política que ofreceron algúns media do nacionalismo –Sermos Galiza, Praza, etc.– parecería que nesta terra San Patricio chámase San Filgueira e que Alonso Montero se volveu o Roger Garaudy galego sen precisar convertirse ao Islán con previo paso polo catolicismo. Pois si que nos amolou o meu vello profesor descubríndonos que todos fomos franquistas. Seríao el, codanado, aínda que durante moito tempo disimulouno moi ben.

Non vou entrar nesa estupidísima polémica que alimentan Alonso, Franco Grande e unha morea de académicos da Galega e outros sabios de Breogania encol do sectarismo e/ou ignorancia que caracteriza a todos os que non lles caeu ben que fose a figura de Filgueira a elixida par ser homenaxeada no 2015. Sorprendentemente a Real Academia Galega case segue sendo como era durante o franquismo: unha institución que obsesivamente –no sentido psiquiátrico do adverbio– se coloca sempre por riba do ben o e do mal aínda que nunca parou –nin para– de repartir certificados de boa conduta e diplomas de corrección política. O que lle acaba de adxudicar a Filgueira é todo un tratado de boas maneiras redactado nada menos que polo que algunha vez foi o intelectual comunista máis notorio da Galicia dos nosos tempos. Manda carallo na Habana, dirialle Martul a Trotski se volvesen pasear polo mexicano Paseo de la Reforma.

Á vista do que está a pasar, agora si que teño que lerlle a Gregorio Morán El cura y los mandarines. Seguramente non fala para nada de Galicia no seu axuste de contas coa intelectualidade española, pero algunha idea aínda ma pode dar.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-44554927229405361952015-05-14T14:31:00.001+02:002015-06-16T13:11:34.718+02:00A clarividencia de Juan Carlos Monedero

Confeso que acabo de ler con moitísimo interese a excelente entrevista que lle fixo Juan Cruz ao cofundador de Podemos Juan Carlos Monedero e que o xornal El País eleva a tres columnas da primeira páxina co inquietante titular de “La moderación puede desarmar a Podemos”. De paso, sorpréndeme –pero comprendo a valoración xornalística do tema– que unha cabeceira tan cualificada do establihsment español lle ortorgue bombo y platillo a unhas declaracións que poden resultar pouco asépticas a dez días vista dunha convocatoria electoral coma do 24 de maio.

Deixando de lado estas minucias, decátome de que Monedero volve a manifestarse cargado de razón. Se Gabriel Celaya acertou poetizando que a poesía é unha arma cargada de futuro, quizais habería que colexir que as palabras de Monedero non están exentas de trilita futuríbel. “A los generales mediocres hay que perdonarles su mediocridad siempre que sea desarmada”, vaticina o vate de Podemos. Pois claro que si. “Una parte importante de los miembros de Podemos han sido mis alumnos. Un alumno nunca decepciona a su maestro”. Fariña do mesmo costado. “Nosotros entendimos que la televisión era el tren que los alemanes pusieron a Lenin para ir a Finlandia. ¡Coño, pero luego tienes que bajarte del tren, reunirte con la gente”. Verdades como puños. Monedero di que Pablo Iglesias ten moi compensada a ambición polo poder pola ambición de coñecer. Oxalá que sexa certo. O líder da esperanza branca española ten chantado un cable a terra, engade Monedero. Sería bo que non errase.

O líder autoexcluído da dirección de Podemos lémbranos aquel exquisito presuposto zapatista de que calquera persoa ten que mandar obedecendo e celebra que ande recuperando o axitador que levaba dentro de si. A Monedero gústalle ser incómodo, e iso tamén é de agadecer, sobre todo nos tempos que corren. Que gran idea a de tirar un panal de avespas nun confesionario. A frescura é o contrario da política do estercoleiro. O pior que pode pasar é que cando fale algún líder todos saibamos o que nos vai dicir. As clases medias non precisan de golpiños no ombreiro para seren tranquilizadas. O que necesitan son ferramentas de indignación fronte aos que nos están rabuñando. A política non pode ser como esas familias que só se atopan cando van o excusado. Así se fala, Monedero, así se fala!

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-26931298680772922812015-05-09T21:06:00.001+02:002015-05-09T21:09:22.844+02:00Qué pais, MiquelarenaSeguramente algo está fallando rotundamente no sistema europeo, que está pasando de ser un dos primeiros do mundo a algo que dá moito que pensar. Avións que derriba contra unha montaña dos Alpes un copiloto seguramente mal tratado polos servizos de psiquiatría ou polo menos de psicoloxía que debería ter a súa compañía e agora un avión militar que cae sobre unha liña eléctrica de alta tensión –pero que facía tal cousa no campo de despegue dun avión?–, inmigrantes africanos que se afogan a milleiros no Mediterráneo, por no falar de moitas outras cousas, pero é isto o primeiro mundo no que vivimos?

Estamos rodeados de alta tecnoloxía e de facilidades para aceder a ela –eu mesmo acabo de comprar en Holanda un protector de tensión para evitar que o mal servizo das compañías eléctricas me estraguen con demasiado frecuencia o hadware da miña casa–. pero non será todo un inmenso castelo de naipes que derruba a mínima incidencia técnica? Que lle pregunten aos clientes de Movistar como lles está afectando unha simple folga nalgunha das súas xa inumerábeis compañías de subcontrata. Privatizar, privatizar e privatizar segue sendo o lema das grandes administracións públicas que nos cobran os impostos e agora quizais nos empeza a pasar o que lles pasou aos británicos coa privatización dos seus trenes, por exemplo. Se vivise Miquelarena seguramete volveriamos a invocar o seu nome relacionado co pais.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-78379556115029477072015-04-30T18:33:00.000+02:002015-04-30T21:04:18.606+02:00A espantada de MonederoPois xa está, alguén falou sinceramente dende a dirección de Podemos e foi Juan Carlos Monedero: “Claro que hay tensión dentro de Podemos porque es evidente. No sólo en la dirección, sino en los círculos”. Debería non pasar nada grave ou polo menos nada irreversibel no que que foi e aínda é, pero cada vez menos, a gran esperanza da rexeneración española.

Con Monedero non hai por que estar en completo acordo e a min, por exemplo, nin me convenceron nin me gustaron nada as explicacións que deu cando a prensa de dereitas tentou inmolalo por determinados ingresos económicos excesivamente escuros, pero hai que recoñecerlle que na súa cabeza leva calquera cousa menos serraduras. A Monedero gústalle máis Eduardo Galeano que “Juegos de tronos”. A min tamén. Polo visto Pablo Iglesias é máis da famosa serie que lle aconsellou ao Rei. Pois non tería que pasar nada grave, insisto. Non temos por que beber todos caña do Ribeiro.

Dirán os máis ortodoxos que Monedero non debería expor esta crítica a dúas ducias de días antes das eleccións municipais. A min gústanme as persoas e, sobre todo, os políticos que se expresan sinceramente. Que falan sen pelos na lingua. Xa sei que esta primeira gran crise interna de Podemos ha ser aproveitada pola Casta para trataren de enrocarse nas seus castelos de poder, pero era necesario que alguén reivindicase a alma orixinal de Podemos. A súa orixe no 15-M, a indignación, a desobediencia, a irreverencia... Po que non ía haber un Varoufakis en España?

En calquera caso, estamos a ver un suceso que non ten nada que ver co lamentábel espectáculo que están a dar dende o PP algúns ministros e outros dirixentes que non paran de recuperar vellas mañas do franquismo. A censura de prensa, por poñer o exemplo máis recente.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-31979399000147998422015-04-22T23:25:00.003+02:002015-04-22T23:34:31.675+02:00O cantoso caso de Cantoria

Antonio Cerrillo con Susana Díaz

Sostén María Dolores de Cospedal que no Partido Popular traballouse moito para “saquear o noso pais”, e se cadra é verdade, aínda que fixese tal consideración dende algunha parte segreda do seu subconsciente. O caso, ademaís, é que acto seguido engadiu que o van seguir facendo. Ha ser divertido se algunha vez algún sociolingüista ou psicoanalista, mellor aínda, decide recopilar e analizar este tipo de manifestacións subconscientes dos que mandan nas nosas vidas.

Están a chegar as primeiras eleccións das varias que van ter lugar este ano e o panorama xa comenza a ser máis arrepiante que divertido. No municipio almeriense de Cantoria, un dilixentísimo e oportuno garda civil rexistrou a Antonio Cerrillo Peña, candidato do PSOE á alcaldía dese lugar, cando saía dun deses prostíbulos que tanto balizan as estradas e barrios periféricos da xeografía española. Atopoulle unha “papelina” de cocaína, polo que posteriormente lle foron requisadas as armas e a licenza de caza que poseía, segundo se deu présa en facer público o Partido Popular mediante a emisión dun comunicado de Prensa.

Tamén hai que ver como elixen os do PSOE a algúns dos seus candidatos! O de Cantoria non lles abondou con que fose cazador e propietario de armas. Tamén tiña que ser “putero” e consumidor de cocaína. E, postos a coleccionar coincidencias, tamén é casualidade que o garda civil de marras se puxese a facer rexistros cando saía do “puticlub” o candidato socialista, e aparecese case de inmediato un comunicado do Partido Popular negándolle “catadura moral para representar os veciños de Cantoria”.

Por certo, Cantoria é un concello do Val do Almanzora (Almería) no que todos parece que teñen moito que rascar. O anterior alcalde, Pedro Llamas, do PP, tivo que dimitir, en xuño do 2013, para cumprir a condea de dous anos de cárcere e 23 meses de inhabilitación que lle impuxo o Tribunal Supremo por cometer o delito de falsidade documental. O candidato que agora presenta o PP, José María Llamas, é irmán do ex alcalde inhabilitado e tamén foi condeado a prisión por construir vivendas en chan non urbanizábel, segundo informou a responsábel de Política Municipal do PSOE en Almería, Adela Segura, cando se fixo pública a renuncia de Antonio Cerrillo a consecuencia do escándalo político que se armou. Curiosamente ao candidato socialista non o denunciaron por ir de putas (catadura moral que aínda segue sendo legal) senón por levar unha “papelina” de cocaína no peto. Cantoso –ou “cantorioso”– é o caso de Cantoria.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-37288862919173114302015-03-09T12:06:00.000+01:002015-03-09T16:09:31.130+01:00Xeografía variábelSigo sorprendéndome pola exhibición de artillería pesada que está despregando o pensamento que reacciona –é dicir, reaccionario– contra a posibilidade de que Podemos acade un esplendoroso éxito electoral. Á súa brigada aerotransportábel acaba de incorporarse o melindreiro escritor Xosé Carlos Caneiro, mentres que o coronel Xosé Luis Barreiro pretende converterse no Michel Houellebecq de Forcarei, aínda que sexa sen o talento literario do novelista francés.Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-86297620652786372372015-02-27T07:40:00.004+01:002015-02-27T07:40:56.364+01:00Galopada pola chaira

Sen que existise máis razón ca da simple desgana, non volvín a publicar nada neste blog dende o 6 de novembro do ano pasado. A estas alturas do curso da súa vida, ten un dereito a sentirse cansado algunha vez e ata desilusionado e confuso mesmo. Corren tempos de crise e de fatiga, difíciles para todos menos para unha minoría que cada vez ve engordar máis os seus becerros de ouro e o infinito fardelo da súa codicia.

Ata podería pasar perfectamente sen volver a escribir unha palabra máis sobre o mundo que me rodea. Sería máis cómodo e seguramente me reportaría máis beneficios persoais, pero hai algo que me impide deitarme na cama do conformismo cómplice e alienante. Volverei, polo tanto, a darlle á tegra de cando en vez para mostrar o que me parece o que vai sucedendo.

Por exemplo, empezo a alarmarme preocupantemente polo comportamento que están demostrando a maior parte dos que compoñen o egrexio corpo de opinantes oficial do Reino (Xosé Luis Barreiro, Roberto Blanco Valdés, Fernando Onega, etc.) sobre o que está a acontecer na sociedade española, particularmente en todo o que se refire á polo de agora imparábel ascensión política de Podemos. Xa é tal a vehemencia e a demagoxia que expresan estes paladíns do pensamento “correcto” da España máis rancia, contra o partido de Pablo Iglesias, que algunhas mañáns un pensa que retrocedeu cincuenta anos para sumerxerse nas páxinas do desaparecido Arriba, xornal no que algún deles velou as súas armas, para ler aqueles inefábeis columnistas que rompían lanzas constantemente contra a conspiración xudeo-masónica e a atrocidade do comunismo.

Tranquilícense estes novos Jaime Capmany ou José Luis Gómez Tello que aínda non hai comunistas debaixo da mesa. O único que está pasando é que, como acontece en Grecia, á xente incháronselle os cataplines de tanta inxustiza e mal goberno e anda buscando alternativas como pode. Ou é malo que os cidadáns queiramos cambiar o que non nos gusta? Farían mellor estes escribanos do poder estabrecido en tratar de entender que lle está pasando á nosa sociedade actual e non empeciándose tanto en demostrar que o réxime de Venezuela é a Cheká de Latinoamérica ou o Soviet de Stalin (alí polo menos deteñen inmediatamente aos policías que cometen asasinatos).

En fin, que os cans ladran se hai galopada pola chaira. Se cadra é que Rafael Alberti, cando escribiu os seguintes versos, e Paco Ibánez, cando os cantou, tiñan razón:

Las tierras, las tierras, las tierras de España,

las grandes, las solas, desiertas llanuras.

Galopa, caballo cuatralbo,

jinete del pueblo,

al sol y a la luna.

¡A galopar,

a galopar,

hasta enterrarlos en el mar!

A corazón suenan, resuenan, resuenan

las tierras de España, en las herraduras.

Galopa, jinete del pueblo,

caballo cuatralbo,

caballo de espuma.

¡A galopar,

a galopar,

hasta enterrarlos en el mar!

Nadie, nadie, nadie, que enfrente no hay nadie;

que es nadie la muerte si va en tu montura.

Galopa, caballo cuatralbo,

jinete del pueblo,

que la tierra es tuya.

¡A galopar,

a galopar,

hasta enterrarlos en el mar!

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-83408022499269265242014-11-06T21:56:00.002+01:002014-11-06T22:10:46.429+01:00Policía local

Periódicamente saltan aos medios de comunicación algunhas noticias inquietantes relacionadas co proceder e co comportamento das chamadas policías locais. Aí está o caso do Concello de Poio (Pontevedra), non precisamente rexido polo PP senón polo BNG precisamente, no que deron moito que falar algunas multas de tráfico impostas por gardas municipais, por exemplo. Ou, anterior e repetidamente, algúns episodios máis inquietantes aínda protagonizados por gardas do mesmo corpo no Concello de Vigo, rexido polo PSOE.

Que está a pasar no interior dalgúns destes aparatos de policía que foron cada vez acadando maior protagonismo nos últimos anos? Para empezar, que se foron configurando e implantando cada vez máis lonxe do que probabelmente terían que ser estes corpos de sguridade local ao servizo da cidadanía. Quizais algo alonxados da vella idea francesa de “gardiens de la paix”, os municipais do noso tempo foron constituíndose como corpos excesivamente autónomos de “xerifatos”, postos ás veces ao servizo de determinados intereses non sempre debidamente controlodos que puideron dar lugar, en casos circunstanciais, a comportamentos e resultados non totalmente desexabéis.

E logo está o terríbel impacto da crise económica que orixinou un inocultábel uso desta forza policial como axencia recaudatoria dificilmente comprensíbel para unha boa parte da cidadanía. Está ben que cada Concello poña algún ou a todos os seus gardas a multar polas infraccións de tránsito, pero como se explica que algún destes gardas municipais impoña unha multa de 200 euros –con resta de tres pontos no carnet de conducir– por non levar o cinto posto a un condutor que acaba de ver saír do aparcamento do supermercado X e que se dirixe ao supermercado Y, situado a escasos 50 metros de percorrido por unha rúa pola que a penas pasan 10 coches cada 5 minutos? E isto é algo que está pasando en varias vilas de Galicia.

Onde fica, por outra banda, aquel vello principio dos “gardas da paz” de facer respectar a orde pública, garantir a protección das persoas e dos bens, asegurar o rol da seguridade e da disuasión e axudar á protección da asistencia ás persoas? E non digo que todos e cada un destes principios non estean a cumprirse como norma xeral, senón que insisto en que unha policía de absoluta cercanía debería ser máis do “terroir” por dicilo en termos de viticultura.

Seguramente o que pasa é que a maioría dos alcaldes e dos poderes locais equivócanse nas súas políticas copiando, un detrás do outro, a idea dunha seguridade local estandarizada sobre ideas elementalísimas, unicamente baseadas no concepto represivo e recaudatorio e non no que debería ser exclusivo fin de servir á cidadanía que cada catro anos lles otorga ou lles retira o poder gobernar. A moitos destes alcaldes e concelleiros delegados de seguridade –cargos para os que os partidos políticos non acostuman designar case nunca os militantes que máis se distinguen no dereitohumanismo precisamente– haberá que empezar a lembrarlles as funestas orixes que tiveron as policías locais en España, para ver se fuxen delas como do demo.

Mediando o século XIX mandaba en España a parte máis moderada do liberalismo e eran cada vez máis os republicanos en Barcelona. Par combater esta situción, o Goberno decidiu botar man dunha guerra sucia que custou moitas vidas. En 1848, Manel Gibert organizou a Comisaría Especial de Vixianza de Barcelona, que tiña unha sección de rondas nocturnas dirixida polo comisario Ramón Serra i Monclús, unha patrulla integrada por 20 axentes que pronto foi ampliada a 30 polo marqués do Duero, todos directamente dependentes do goberno militar. Xa daquela tiñan unha asignación económica moi ben dotada, 126.000 reais, e só en dous anos, de 1848 a 1850, practicaron 1.500 detencións. As torturas e as palizas proliferaron dende o primeiro momento, e nos cárceres non cabían os presos políticos, que foron deportados a América en moitos casos.

Esta banda de policías-delincuentes tardou pouco en ser bautizada como a “Ronda de Tarrés”, en honra dun sanguinario axudante que tiña Serra i Monclús, o axente Jeroni Tarrés, un auténtico asasino reincidente, ladrón habitual, proxeneta e confidente da Policía, ao que se lle encargou reclutar un grupo de criminais dispostos a todo polos cartos.

Con total impunidade e carta branca das autoridades, Tarrés e o seu grupo patrullaban de noite as rúas de Barcelona mallando no lombo dos obreiros. Entre bastonazos e patadas, chegada a madrugada, detiñan a xente e reventaban os actos políticos dos rivais. En 1851 houbo eleccións xerais e, por peimeira vez os republicanos lograron deputados. Entre os seus principais partidarios estaba Francisco de Paula Cuello, un mozo xornalista de 27 anos, colaborador de Abdó Terrades, un distinguido federalista da época e director do xornal El Republicano. Na noite de San Xoán dese ano, Paula Cuello saiu con varios amigos celebrar a verbena e cruzáronse con homes armados con bastóns na esquina das rúas Sant Pere mes Alt e Basses de San Pere. Os descoñecidos pecháronllelo paso e insutáronos, pero os mozos disimularon como se non oísen nada ata que, pola insistencia dos provocadores, estalou unha pelexa. Apareceron máis descoñecidos armados con navallas e o resultado foron catro rapaces feridos. Un deles, con sete puñaladas por todo o corpo, era Francisco de Paula Cuello, que morreu pouco despois na súa casa da rúa Unió.

Segundo conta Conrad Roure, un xornalista acatalán do século XIX, o enterro desta vítima foi o máis multitudinario de todos os que tiveron lugar na Barcelona da época. A xente tardou pouco en identificar os agresores e saíu a protestar o día do enterro botando frores e cantando a Marsellesa. A comitiva fúnebre tardou dúas horas en chegar ao cemiterio, e aquel crime abriu o primeiro xuízo contra a “Ronda de Tarrés”. Pere el Carrinclé, Francesc el Noi e Sureda el Gravat foron condeados a penas de dous a catro meses, pero Jeroni Tarrés tardou pouco en ser procesado polo asasinato de Francesc Tubert, el Ros d’Espolla, e condeado a 14 anos de cárcere que foi cumprindo en estabrecimentos penitenciarios de Barcelona, Tarragona e Ceuta ata que, en 1859, lle permitiron alistarse e morrer en combate formando parte do corpo de voluntarios cataláns do xeneral Prim que loitou no norte de África durante a guerra de Marrocos. Pouco antes, en 1853, a “Ronda de Tarrés” fora sustituída por unha facción da policía aínda máis segreda.

Claro está que, dende estas remotas orixes dunha policía local española aos nosos días, choveu moito e felizmente hoxe nada é totalmente igual. O que non impide que, mentres que eu escribo estas liñas, a Garda Civil tivese que retirarlle as pistolas a dous gardas auxliares da Policía Local de La Albuera (Extremadura) por utilizalas en servizos de vixianza sen estaren legalmente autorizados.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-79536100520945240102014-11-02T18:52:00.000+01:002014-11-02T18:52:26.633+01:00Hubert de Montille

“Morramos polas ideas. De acordo, pero de morte lenta”, cantaba George Brassens. E, a ser posíbel, conforme co que un mesmo é. Máis ou menos é o que lle acaba de pasar ao gran viñateiro e avogado francés Hubert de Montille, que faleceu o sábado 1 de novembro, aos 84 anos, cando estaba comendo con varios amigos e bebendo un execelente Pommard Les Rugiens 1999 da súa afamadísima producción.

De Montille empezou sendo un avogado que coñeceu o prestixio profesional levando con brillantez a defensa dalgúns casos célebres, tradición que lle viña da súa familia, pero a súa verdadeira vocación foi a de ser un bo adegueiro. Cumpriu con creces o seu propósito desenvolvendo en Nolvay, Borgoña, o pouco que quedaba da vella herdanza familiar ata convertela no que hoxe é o prestixiosísimo Domaine de Montille. E todo isto non foi sen dificultades, xa que de entrada os bancos negáronlle todo tipo de créditos para ir comprando os terreos cos que foi agrandando a súa propiedade. De Montille foi un dos grande defensores e creadores do concepto “terroir” para o cultivo e producción de viños de gran calidade. Era un dos grandes do viño francés, que equivale a dicir do mundo, e probablemente acaba de morrer como a el gustaría facelo: comendo cos seus e bebendo un dos seus mellores viños. Así (non) morre calquera.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-56714648231998510472014-10-10T19:10:00.000+02:002014-10-10T19:10:04.454+02:00Xa está ben

Vaia por diante que eu si que defendo, sen ningún lugar para a dúbida, a idea de que España debería ter a obrigación de favorecer e executar o dereito dos seus nacionais que desexen volver ao seu país cando se ven afectados por unha enfermidade tan terríbel como é a do virus Ébola. Mesmo me gustaría que ese dereito se extendese a todos os nacionais que desexen voltar, sen máis, cando carezan de medios propios para efectuaren pola súa conta ese regreso. Un Estado ou un Goberno que non leven ata ese extremo a protección da súa cidadanía non son dignos de utilizaren a palabra xustiza con pleno sentido.

Comprendo, polo tanto e ata certo ponto, as palabras que acaba de pronunciar a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz, no momento de facerse cargo da dirección do comité especial para a xestión do Ébola, a pesar de que a frase que utilizou dificilmente resiste unha mínima análise do uso preposicional: “España tiene una obligación para con sus nacionales, que tienen derecho a volver a su país”.

Pois claro que teñen ese dereito e seguro que o tiñan, dende logo, os dous relixiosos que foron transportados a Madrid mediante medidas espectaculares, máis propias da rodaxe dunha película de Hollywood que dunha eficaz operación sanitaria levada a cabo por un Estado que non tén a capital en Washington nin en Moscú. Pero onde quedou o dereito doutros connacionais a seren igualmente trasladados seguindo a vontade mostrada por eles? Por exemplo, o da monxa Paciencia que agora está axudando a tratar afectados pola infección.

Está claro que o goberno de Madrid de entrada só plantexou a execución dunha operación de propaganda que lles fixo protagonizar a dous relixiosos que entregaron as súas vidas loitando pola saúde dos condeados da terra africana. Ao executivo de Rajoy éralle doado levar a cabo unha acción así, que sen dúbida lle podía reportar réditos políticos entre a súa clientela conservadora. Lucía ben botar a casa pola ventá para traer a España dous santos varóns da relixiosidade nacional. Pero ademais que? Ademais, nada. Ou case nada. Improvisación, chafullada celtíbera e irresponsabilidade como cando foi o Prestige. E o resultado foi o que está sendo. Unha enfermeira –galega– ao borde da morte e ducias de posíbeis afectados agardando con dramática ansiedade o paso dos días.

E o malo é que, se non aprenderon do Prestige, nin do Metro de Valencia, nin do Yak-42, nin están aprendendo moito de Angrois, o máis seguro é que cando haxa outra desgraza, que oxalá non se chegue a ver, volveranse a cometer os mesmos erros. Só hai unha solucción. Que o poder cambie de mans. Xa está ben.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-41720393893523259362014-10-08T21:27:00.001+02:002014-10-08T21:27:32.611+02:00Excalibur

Excalibur, o can da enfermeira de Madrid infectada polo virus Ébola, se cadra pasa á historia como a gran metáfora da alarmante decadencia da asistencia sanitaria pública española dende que goberna o conservador Mariano Rajoy. Pretender demostrar que se fan ben as cousas sacrificando manu militari un animal, sobre o que ninguén se preocupou sequera de averiguar se era un reservorio de virus infectante, máis que honrar o nome do can –pobre princesa do Lago que lle fundiron a espada!– parece evocar momentos, intencións e comportamentos que fixeron tristemente célebre unha parte da historia de Europa.

Non salientaron por estaren á altura das circunstancias nin a instancia xudicial que se prestou a dar urxente vía libre á supresión do animal, sen pararse a argumentar se outras alternativas se poderían ter aplicado; nin a Facultade de Veterinaria de Madrid, que seguramente non soubo aproveitar a ocasión que se lle podía dar de investigar a fondo un caso teoricamente tan interesante dende o ponto de vista da ciencia e da protección da vida animal, nin os servizos da orden pública que non tiraron do caso máis oportunidade ca de de repartir estopa en Alcorcón... E xa non digamos o escandaloso comportamento público da ministra do ramo e do seu xefe de Goberno. Análise aparte merecerán tamén algunha vez os comportamentos dalgúns representantes ou compoentes da tan cacarexada “mellor sanidade pública de Europa”. Unha das leccións que nos vai dar o dramático Ébola é a de obrigarnos a repasar que nos está pasando sanitariamente.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-66563584703523781212014-07-12T18:33:00.000+02:002014-07-12T18:44:20.769+02:00De iletrados e bárbaros

Aínda vai resultar que os coroneis da Real Academia Galega son todos e cada un unha especie rara de sanfranciscos de Asís que nunca rompen unha folla nin pisan unha fror. Con tal de levaren os zapatos ben lustrados son quen de roubarlle o betún a todo quisque que se atreva a facerlles algunha crítica. E parece que, no tocante a todo isto, son todos iguais, sexan de dereitas, de esquerdas ou mediopensionistas. No fondo son como os médicos que había antes, corporativistas por riba de todo.

Non hai máis ca ler as declaracións que viñeron facendo os que abriron a boca pola polémica que ocasionou a designación de Xosé Filgueira Valverde para celebrar o Día das Letras Galegas do 2015. Hainos, coma X.L. Franco Grande, que ata se atreven a examinar de cultura xeral aos “que enchen diarios, blogs e demais medios coas súas protestas e desaprobacións sobre o autor elixido”, deixándonos a todos para setembro porque, segundo el, “nin leron a importantísima obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde, nin saben que nunca, ao longo da súa longa vida, deixou de servir á causa de Galicia, nin que, en momentos aínda difíciles, defendeu con brillantez nas Cortes franquistas o estudo da lingua galega, nin que en actos oficiais, dos que hai representación gráfica, mentres outros erguían o brazo ao xeito fascista, el mantíñao baixado...”.

Deixando de lado ou para mellor ocasión a “representación gráfica” que pode haber sobre a colaboración co franquismo e cos seus símbolos atribuíbel a Filgueira Valverde, sorprende a actitude intelectualmente belicosa destes sumos sacerdotes da nosa cultura, repartindo bulas de sabedoría e diplomas de antibarbarie. Franco Grande ata revolve no subconscente da cultura galega dicindo que Filgueira "non fixo poemas a Franco nin ás forzas represivas, como certos supostos esquerdistas”, e que “xa quixeran os que tanto barullan ter no seu haber unha pequena parte da entrega ao país e á súa cultura que el tivo”. Está claro que Franco Grande non se refire a Álvaro Cunqueiro, que non foi un suposto esquerdista nin lle escribiu poemas a Franco senón a José Antonio Primo de Rivera, nin a Gonzalo Torrente Ballester ou a Eugenio Montes. Esta malicia do señor académico vigués sabemos todos por onde tenciona ir, e non representa precisamente un carro cargado de elegancia.

En fin, que maneira máis simple de arremeter contra os que critican a designación de Filgueira chamándolles iletrados e bárbaros. Iletrado non sei, pero bárbaro seguramente será algo quen fai un uso tan primario da súa ilustración. Xa estamos chamándolles estranxeiros aos que non pensan coma nós, e iso é o que fan os nacionais das patrias excluíntes.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-54655678699799557392014-07-09T19:38:00.002+02:002014-07-09T19:38:52.076+02:00Fernando Vázquez

Nunca fun –nin vou ser– afeccionado ao fútbol, a penas pisei un campo de primeira división máis de cinco veces en toda a miña vida e aínda sigo sendo dos que pensamos que o chamado deporte rei ten máis de negocio e de opio do pobo que de deporte, pero todo isto non me priva de interesarme moito algunha vez polos grandes acontecementos futbolísticos. Procurarei, por exemplo, non perder a final deste Mundial, para a que pronostico ás sete da tarde do martes 8 un match Arxentina-Alemania a uña de gato, como non perdín a sorprendente humillación que lles perpetraron os da Merkel aos brasileiros.

E como me intereso agora especialmente pola infamante destitución que lle acaba de perpetrar a nova directiva do Deportivo da Coruña ao adestrador que lle fixo recuperar a honra de pertenecer á primeira división, Fernando Vázquez. Nin que Tino Fernández e os seus mariachis fosen todos académicos da Galega. Para unha vez que tiñan un adestrador que lles devolveu a honra deportiva e que situou o Deportivo no camiño de comportarse como un auténtico equipo galego, van eles e botan do parnaso a Castelao para substituílo por Filgueira Valverde ou se cadra por calquera Victoriano García Martí que atopen á man.

De Fernando Vázquez acaba de escribir Manuel Bragado que “saíu de Vigo pola presión dos sectores máis conservadores do celtismo, tras un ascenso contundente e unha gran temporada en primeira que levou o equipo á competición europea”, e que agora “foi destituído como adestrador do Deportivo tras outro ascenso meteórico cun equipo improvisado”. Para o director de Edicións Xerais, o cesamento coruñés “amosa o caprichoso e inmaduro comportamento dos actuais dirixentes do Deportivo, a penas outro froito do elitismo coruñés máis cavernario”.

Dificilmente se pode expresar mellor o que lle acaba de pasar a Fernando Vázquez, adestador a quen seguramente os de Tino Fernández non lle perdonaban nin sequera que falase en galego e menos aínda que se atrevese a dicir de vez en cando o que pensaba non só deportivamentente senón tamén cívica e socialmente. Vázquez, que sabe máis inglés ca Tino Fernández, para iso é profesor da materia, exprésase en galego porque é galego e porque leva na cabeza e no corazón a idea e o sentimento do que podería e debería ser un fútbol galego. E iso é o que non lle perdoan os do elitismo cavernario da Coruña. Pior para eles. Fernando, con equipo para adestrar ou sen el, sempre será unha persoa digna e respectábel, e nunca formará parte do país dos ananos.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-18142970592750222432014-07-06T19:39:00.002+02:002014-07-06T19:49:18.104+02:00Academia Galega e Filgueira, polémica servida

Filgueira Valverde "vendendo" as excelencias de Celulosas de Pontevedra.

A Academia Galega é definitivamente algo sen remedio. Dá igual que a presida un galeguista, un nacionalista, un comunista ou o gaiteiro de Soutelo de Montes, coa salvedade de que se cadra ao gaiteiro de Soutelo aínda lle daba por repinicar unha muiñeira ben repinicada. Nin García Sabell, nin Paco del Riego, nin Barreiro, nin Ferrín nin agora Alonso Montero foron quen de resucitar como era preciso unha institución que leva décadas empeñada en navegar fóra da realidade e dos tempos que lle tocou vivir.

Precisamente cando no terreo político a sociedade galega e a española en xeral parecen estaren tomando conciencia cada vez máis crítica do que nos está pasando, aló vai a Academia Galega e encara a celebración do 17 de maio dedicándolle o Días das Letras Galegas a un valor seguro da cultura e da literartura galegas, pero marcada e doadamente relacionábel cun pasado recente da España máis reaccionaria e ata fascista que representou o franquismo. A Louis-Ferdinand Céline, un dos escritores máis influíntes do século XX, o Goberno francés quíxolle dedicar unha homenaxe no ano 2011, pero tivo que ser cancelada pola presión de grupos sociais que denunciaron as súas opinións antisemitas. Xosé Filgueira Valverde, o elixido pola Academia Galega, non foi acaso o noso Petain que gobernou en nome de Franco a cidade de Pontenvedra, participou nas Cortes do ditador e promoveu a imprantación dunha fábrica de celulosa na ría de Pontevedra?

Dende hai varios anos son moitos os que veñen promovendo que a Academia Galega lle dedique o Día das Letras a Ricardo Carballo Calero, proposta que sistematicamente ven caendo en saco roto por causas que cada vez son menos os que as ignoran. Que magnífica ocasión perdeu este ano a institución presidida por Alonso Montero para non meterse no fregado de Filgueira e restituirlle a Carballo a honra que, anos tras ano, lle ven sendo escapulida.

Descoñezo a responsabilidade que lle pode corresponder a Xesús Alonso Montero nesta designación que está chamada a cuestionar, unha vez máis, o controvertido papel da Real Academia Galega, pero xa me está empezando a sorprender que nas primeiras declaracións para xustificar a escolla deste ano o intelectual marxista e o cidadán comunista que con todo mérito representa o presidente da Academia Galega insista tanto na separación dos valores cívicos e políticos dos culturais e literarios. Argumentos así non deixan de sorprender en tan teimudo seguidor de Antonio Gramsci e divulgador de Gyorgy Lukács.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-14500948.post-56548289178449937422014-06-20T19:45:00.001+02:002014-06-20T19:46:23.133+02:00O pelado de Vilanova

Martina Miser/La Voz de Galicia

En Vilanova de Arousa (Pontevedra) goberna un peculiar militante do Partido Popular, Gonzalo Durán, un político de dereitas que exerce de republicán cando non está de servizo. Segundo el opina, hai xente de dereitas que pensa, coma el, que a República é o mellor modelo de estado para España, pero que se mostra respetuosa coa Monarquía.

Menos respetuoso parece mostrarse el propio coas persoas que non coinciden coas súas ideas políticas conservadoras. “El valedor de la república no puede ser el coleta de Podemos. El sistema republicano es un sistema cabal no radical”, perorou para as páxinas de La Voz de Galicia referíndose a Pablo Iglesias, líder de Podemos. Anda que se Iglesias é o “coletas”, o rexidor de Vilanova ben podería ser alcumado de “pelado”. De ideas, polo menos.

Perfecto Condehttp://www.blogger.com/profile/05098203198397638943noreply@blogger.com1