Como ben di o propio Parlamento na comunicación oficial deste acontecemento, "só un artista da talla de Díaz Pardo podería competir con Laxeiro neste espazo preeminente da institución que representa a todos os galegos e que quere unir a dous dos máis representativos artistas que deu Galicia en toda a súa historia".
Así se fala, e non como acaba de facer un xornalista de nome descoñecido nas páxinas do suplemento dominical de El País publicando algo que pretendeu ser unha reportaxe sobre Sargadelos e O Castro e que quedou reducido ao texto dun analfabeto por ignorar solemnemente o máis importante deses dous lugares de referencia da cultura galega. Que un becario da folla parroquial de Pedrouzos de Arriba fose capaz de escribir deses dous sitios sen citar a Isaac Díaz Pardo e a Luís Seoane podería pasar, pero que o faga alguén que publica nun dos catro xornais máis importantes de Europa, como diría Trillo, manda güevos.
manda carallo!
ResponderEliminarImpresentable ese artigo. Ao meu mellor ese becario falou cos actuais donos e untárono ben untado para que ignorase ao Isaac.
ResponderEliminarPois logo cubríronse de groria os "actuais" donos. Total xa estaban cubertos de merda polo que lle fixeron a Isaac.
ResponderEliminar