Ocorreu durante os encontros literarios Carovane 2004, que tiveron lugar en Piacenzza (Italia). Galeano, auténtio experto en semóns da montaña, pronunciou alí un espléndio discurso contra a organización mundial imposta polo capitalismo, defendeu a Hugo Chávez e adiantouse catro anos en falar da salsa da que agora falan Santamaría e Adrià.
E xa posto, o escritor uruguaio emulou a Castelao sen citalo. Non sei se sería por descoñecemento ou por darlle outra dimensión á cousa. Dixo ter visto “nun muro” o que “algún anónimo” escribíu: “Nos mean y los medios dicen que llueve”. Deberon ser Ignacio Ramonet ou Ramón Chao porque tal frase só é quen de escribila un galego. O tal anónimo esqueceuse de engadir que a súa paráfrase procedía de Alfono R Castelao, e Galeano de explicar que o seu amigo galego Xosé Manuel Beiras xa lle ten falado moitas veces do rianxeiro.
O discurso de Galeano ao que me refiro, e no que ata lle responde ao xornalista e escritor italiano Gianni Minà, poden escoitalo pinchando aquí. É moi interesante, sen dúbida.
Pobres de nós! Hasta nos copian os grandes escritores sen dicir nunca que existimos. Castelao, o noso gran Ossian, dándolle pólvora a Galeano para que dispare nun congreso en Italia, onde seguramente foi ben pago e hospedado nalgún hotel de cinco estrelas. Calquera día oímoslle a García Márquez algo que dixeron os rumorosos, pero aposto algo a que non sae para nada o nome de Pondal.
ResponderEliminarGaleano é un dos tipos máis listos que hai: sabe vivir moi ben do conto.
ResponderEliminarNon hai como construír unha boa figura de progre. Coma Galeano. Ou como o seu migo Beiras. Despois páganlle a un por despotricar contra os que lle pagan. Anda que defender, a estas alturas, a Chávez. Pero, iso sí, laretea contra o estalinismo. Debe ser a "gauche divine" latinoamericana.
ResponderEliminarSi, pero sobre Fidel nin mú. Este Galeano sabe nadar e gardar a roupa. Como o seu colega franco-español.
ResponderEliminarYo soy partidario de una alimentación diversa, sana, natural. Estoy convencido de que los alimentos ecologicos son mejores y a las pruebas me refiero.
ResponderEliminarhttp://www.ecoalimenta.com/es/notices/presentacion_en_barcelona_del_estudio_de_la_ue_que_confirma_que_los_alimentos_ecologicos_son_mas_nutritivos_y_saludables_3611.php
Para intentar explicar esta controversia entre cocineros yo utilizo una analogia. Santamaria juega en la NBA al baloncesto y Adria en los Glober Troters.
los Glober Troters no juegan a baloncesto hacen espectaculo. Adria no prepara alimentación, hace espectaculo con la alimentación. Siguiendo la analogia, una cosa es hacer mates en medio de un partido y otra es usar un tranpolin para dar volteretas. pero como no hay federación de alimentación parece que todo vale.
La alimentación mejor se basa en la buena materia prima y una elaboración que potencie los sabores.
En las combinaciones de sabores cada día mas sorprendentes y que en su elaboración no perdamos las cualidades y beneficios de la diversidad. No buscamos lo esencial, buscamos los detalles y la calidad en la diversidad.
Este Nieto non se enterou de nada. Quixo meter a súa gamba na tixola e meteuna. Cada un ao seu.
ResponderEliminar