Nunha entrevista con ela que publica hoxe El País, a líder esquerdista acusa o seu socio de goberno de excluir “sistemáticamente” a IU, mesmo nas áreas da súa competencia, e sostén que Irisarri non acepta a negociación, quere que se faga só o que el diga e non está acostumado nin a negociar cos seus. Díaz explica o que está a pasar dicindo que Irisarri “nunca estivo en politica e nótaselle". Para ela é “un home profundamente autoritario, e iso en política non conduce a nada”.
A corda estase tensando tanto que a coalición gobernante en Ferrol pode romper nos próximos días. O alcalde acaba de gastar arredor de 8.000 euros nunha campaña institucional “para defenderse a sí mesmo”, segundo opina Iolanda Díaz, e négase a baixar os altos salarios cos que dotou o aparato directivo municipal cando chegou á Alcaldía.
Se o alcalde anterior, o nacionalista Xaime Bello, gañaba 45.000 euros anuais, unha das primeiras medidas adoptadas por Vicente Irisarri foi subir ese salario a 73.000 euros. A remuneración dos concelleiros con dedicación exclusiva pasou de 35.000 a 50.000 e a dos membros da oposición medrou de 21.000 a 30.000 euros. Estes estipendios, aplicados nunha cidade que non remata nunca de saír dunha longuísima e profunda crise industrial e económica, foron moi mal vistos pola opinión pública e IU, que orixinalmente votou a favor da subida, agora está empeñada en rebaixar os salarios políticos municipais por mor da crise.
Veñen aí unhas autonómicas, Don Perfeuto...!!!
ResponderEliminarComo me gostaría saber se son certas algunhas cousiñas e certas concesións cando era o gran xefe de Portos de Galicia.
ResponderEliminaro alcalde anterior, se mal non recordo, foi Juan JUncal, neno
ResponderEliminarIrisarri é irritable.
ResponderEliminar