lunes, febrero 09, 2009

Diálogo (imaxinario) nas alturas*

Aeroporto de Barajas. Seis da mañá. Acaba de aterrar o avión que trae a Núñez Feijóo de Buenos Aires. Soa o teléfono na residencia presidencial de Monte Pío.
Ring, ring.
Digaaa! Quen carallo chama a estas horas?
Son Feijóo, que se poña o presidente.
E logo? Tan urxente é para despertalo?
Urxentísimo.
Pasa un minuto e medio, que lle parece un século ao candidato popular. Fala Touriño:
Dime, Alberto. Non será que te pillou o temporal e non podes volver a Galicia.
Non, as que me atraparon foron as putas cadeiras. Chamo para dicirche que, se aínda che queda alguén de pé, cómpralle as sillas que queiras, que eu non volvo a dicir ren de ren. Xa me abondou cos cadeirazos que me devolviche. Vou chamar agora mesmo ao ABC e dicirlles que trasladen a José Luis Jiménez a Andalucía para que escriba crónicas sobre o flamenco.
Dasme unha alegría. Xa sabía eu que ti comprenderías.
E tanto! Agora chama ti a El País e dilles que escriban sobre o temporal. Xa sabes, o dos fenómenos meteorolóxicos adversos porque, se seguimos así, ti non vas ter en que sentarte, pero no PP imos quedar sen alcaldes.
Albertiño, como eres.
Como eres ti, cabrón.

* Transcripción directa da gravación que fixeron os servizos segredos da Comunidade da Esperanza Perdida.

3 comentarios:

  1. Anónimo18:44

    Os que están mortos da risa sonche os do BNG. Mentres PP e PSOE utilizan as cadeiras e os xuzgados como armas de destrucción masiva, parecería que os do Bloque, cas súas mas que sospeitosas maneiras de facer contratacións, son uns "Anxos", empezando por o de Allariz, e seguindo por a Ánxela Bugalla, ainda que ela parece ter levantado o voo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20:55

    Pois que non morran moito de risa,que tamén lles ha chegar a eles. Sei de boa tinta que o tal Jiménez do ABC garda varios tiros na recámara para arrearlle ao BNG cando esteamos máis cerca das eleccións. Esta campaña ha dar para todos.

    ResponderEliminar