martes, febrero 17, 2009

Ministro borracho, e non estaba de caza

Pasou o sábado pasado en Roma, ao rematar unha reunión do G8. O ministro xaponés de Finanzas, Soichi Nakagawa, acompañado polo gobernador do Banco de Xapón, Masaaki Shirakawa, presentouse tan borracho nunha roda de prensa que a penas puido articular palabra, e ata estivo a piques de quedarse dormido (premer aquí para ver video).
De volta en Tokio tivo que dar explicacions, e dixo que estaba tan resfriado que precisou tomar fortes medicamentos que lle afectaron o comportamento físico e intelectual. Se cadra foi que tentou curar o gripe con aferventados de grappa. Valialle de máis ir cazar venados con Garzón.

3 comentarios:

  1. Anónimo13:00

    Home, Don Perfeuto, a ver se non se vai poder tomar un vaso...!!!

    (E dígollo eu que non bebo, como vostede sabe.)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo13:37

    Bueno que carallo, un día é un día. Outros que son vitalicios as toma de morte e máis non pasa ren de ren, inclusive convidan a wozka a outras especies marcianas que andan a catro patas, e todo sigue igual.. Algún que outro vídeo no tempo (non sei cando) aparecerá e logo si que nos imos a rir de moito carallo. Coido que algún ten que esistir e o gardan para a ocasión. Oxalá sexa preto.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo23:01

    baiche boa vilaboa.E que os que navegaron este vran polas augas do mare nostrun teñen que saber que os caldos italianos non teñen punto de comparacion cos asiaticos.

    ResponderEliminar