
Terra Galega, a mini forza política coa que
Xoán Gato aspira a cociñar algo na política galega, leva varios meses sen pagar o aluguer do baixo que ocupa a súa sede en Santiago, segundo publica hoxe
El Correo Gallego. Os grandes partidos débenlle millons e millóns de euros que nunca pagan aos bancos e non por iso saen nos xornais. En calquera caso, que confianza poden dar os que non cumpren o que prometen nin pagan o que deben.
E logo ven o modisto
Antonio Pernas e di, no
mesmo xornal, que a súa utopía sería unha Galicia sen clase política. Ou sexa, gobernada por el e por uns cuantos máis coma el, e, a ser posíbel, sin ter que pasar polas urnas. É curiosa a inclinación política que mostran certos apóstolos do apoliticismo.
Ai, se lle contara eu algunhas couas de Terra Galega, mellor dito, Terra Talega, en Marín, privincia de Pontevedra, con aquel candidato nas municipais... e con aquel chico que viña de viver en Marbella, disposto a facer grandes negocios nunha vila que, a día de hoxe, carece de Plano de Ordeación Urbana, e, da man da coalición de Progreso, BNG-PSOE, tampouco semella que estean polo labor.
ResponderEliminarCando digo que non hai ese Plano, quero dicer que leven máis de 15 anos así, e que en Marín, como en todo o Morrazo (non é a patria dos políticos de toda cor, senón unha península), deixar que o urbanismo teña como modelo a ausencia do mesmo, só poderá levar a desfeita que se pode contemplar no litoral que, xusto agora, un chisquiño antes das elecións, vai camiños de ser legalizada (un paseo por Ardán é-lles moi clarificador)
Estes Pernas non é máis g. porque non ensaia.
ResponderEliminarE o de Gato é a máis clara mostra do que faría se, por unha conxunción dos astros, chegara a gobernar. Deus nos colla confesados!
ResponderEliminar