martes, marzo 10, 2009

Touriño pon no seu sitio a Feijóo


No día de onte o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, mandoulle ao presidente electo que vai sucedelo, Alberto Núñez Feijóo, a carta que se pode ler premendo sobre a ilustración de aquí ao lado. Dificilmente se lle pode contestar mellor a quen parece estar demasiado apurado en sentarse en San Caetano. Esta vez si que Touriño soubo por no seu sitio a Feijóo. O sol de Canarias reforzou as neuronas do presidente saínte e de momento exercente.

4 comentarios:

  1. Anónimo19:50

    Don Perfecto, como explica Vde que La Voz de Galicia, no tocante ao concurso eólico, se posicione tan claramente e descaradamente en contra de caixas, cooperativas e grupos empresariais galegos e pretenda, ao mesmo tempo, presentarse como o paladiño da xusticia?
    E os posibles desposeidos das concesións, van calar?
    Non pensa Vde que moitos intereses ocultos ( ou non tan ocultos) foran decisivos para lograr o desenlace coñecido do 1M?

    ResponderEliminar
  2. Anónimo00:32

    O anónimo vai por las canles máis correctas. A Coz de Galicia foi unha das maldades siniestras que xamais madre pareu.
    Os que pensamos idem de idem non deviamos mercar esa Coz de cabalo. Coz que xa comezara a dar o seu presidente naquela editorial famosa. Desde esa comezou todo, fora un aviso para navegantes e a min xa me daba moi mala espiña.
    Cómo dicía a miña avoa " as cousas teñen que ser como son, e senón son así hai gato pechado, mala centella os coma".

    ResponderEliminar
  3. Anónimo08:35

    Isto das confabulacións xudeu-masónicas (ou comunistas, ou do que sexan) xa o temos escoitado por demáis...Xa fede abondo a tufeira victimista...Inda que sexa non mais por hixiene mental: temos de recoñecer os erros!

    (O que non quita que chegaran recadiños ominosos co selo do Estado Vaticano e a xenreira destimada do vello de Gandarío)

    Fuco de Esteiro

    ResponderEliminar
  4. Anónimo11:22

    Pois a min isto preocupame

    ResponderEliminar