martes, abril 28, 2009

Vaise o rector de Santiago?


Nos medio universitarios de Santiago corre cada vez máis a versión de que o rector, Senén Barro, seguramente non rematará o seu mandato. Fálase de que mesmo pode ser en maio cando abandone o cargo para pasar a dirixir a Fundación Banesto Sociedad y Tecnología, un desempeño polo que podería percibir un salario superior a 12.000 euros mensuais.

4 comentarios:

  1. Anónimo12:00

    Se isto é así, podemos, se queren, preguntarnos as razóns, as causas, de que un cargo institucional serva como trampolín para pasar a mellor vida, nunca mellor dito.

    Claro que tamén hai que pensar desde cando estaba isto amañado e se a soberana estupidez cociñada polos nacionalistas governantes da USC, a de tirarlle un pulso a Senén Barro, precipitou a decisión do Catedrátido de Intelixencia Artificial que é Senén Barro.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo14:01

    Seica o señor Reitor rexeitou a invitación para se pasar á privada.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo00:00

    Os nacionalistas non son cociñeiros e dubido que quixeran botarlle un pulso a quen xa non ten futuro na universidade. E se precipitaron tal cousa, seguro que nunca imaxinaron ter tanta capacidade de influencia!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo08:44

    Pois habían de medir as súas forzas ou intuir cómo podía respostar o Reitor e o seu equipo.

    Se, ademáis, resulta que agora están pior colocados (no sentido mellor da palabra) para as futuras elecións, entón é que son finos analistas e estrategas.

    ResponderEliminar