martes, septiembre 29, 2009

De volta de Bretaña

Regresei de Bretaña. E non pense ninguén que foi con gusto. É un país para vivir nel durante unha longa tempada. Se eu fose presidente da Xunta de Galicia, o primeiro que faría é estabrecer nos programas pedagóxicos a obrigación de visitalo polo menos unha vez para percatármonos todos do que puidemos seguir sendo e deixamos de selo. Os bretóns teñen todo cuidadísimo, ben conservado e revalorizado. Dá gloria chegar a aqueles pobos da costa armórica, pero tamén a calquera outro lugar do país, e comprobar que conservan e aprezan o inmenso patrimono que gardan as súas igrexas, por exemplo.
Sendo Bretaña un país eminentemente católico, como foi e aínda segue sendo, é lóxica a súa devoción pola arquitectura e a arte relixiosas, pero tamén foi e segue a ser católica Galicia e non soubo ou non quixo conservar de xeito semellante o seu patrimonio. Cada cidade, cada vila, cada aldea bretona garda un tesouro desta natureza. Non me extraña que a Castelao lle chamaran a atención os seus calvarios e as súas cruces de pedra.
Por outra parte, a costa bretona está inmensamente mellor salvada ca de Galicia. Só nalgunha praia de Carnac ou nalgunha illa, os edificios invadiron o mar, e fixérono de maneira sensibelmente respetuosa co medio. En Bretaña, no canto de erguer edificios como o da illa viguesa de Toralla, o que fixeron –en Saint-Malo, por exemplo– foi plantar a tumba de Chateaubriand para que o seu corpo descanse fronte ao mar que tanto amou e que el mesmo escolleu como lugar eterno.

6 comentarios:

  1. Canto me gustaría ir eu alá, ver onde descansa Chateaubriand...!!!

    Benvido á Terra, Meu Amigo...!!!

    ResponderEliminar
  2. Pepucha Rocha19:31

    Botábaselle en falla, Don Perfeuto. (Fermosas as súas evocacións viaxeiras, mais xa ve que o persoal o que quere é caña).

    ResponderEliminar
  3. Fotos! Fotos!! queremos fotos!!

    De todos xeitos da igual. Eu marcho pralá este sábado!! Xa vos contarei!!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo16:23

    veña!Remataronse as vacacions e hai que traballar.
    poñase ó dia que hai moito do que falar

    ResponderEliminar
  5. Benvido, Perfecto, da túa viaxe a Bretaña.
    Xa vexo, polo teu comentario de hoxe sobre a adxudicación de contratos da Xunta, que vés con enerxías. Alégrome moito.
    Acabo de ler a noticia d'A Nosa Terra Diario' coa entrevista que che fixeron polo teu blog (aparece tamén no espazo que teñen en Facebook). Espero que axude a que este blog sexa aínda máis coñecido, que boa falta nos fan espazos coma este.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo17:56

    Pero lo más irónico es que en Bretaña en todas las rehabilitaciones que hacen se abastecen de pizarra de Valdeorras e importan mucha madera gallega... y nosostros, sobre todo los arquitectos modernos ( no hay más qu ever los nuevos edificios de las fachadas marítimas de Pontedeume y Mugardos) apostando por cementos aluminios cristal... irónicamente en una época en que se potencia tanto nuestra identidade. !qué mal habrán hecho los tejados de teja, la piedra y la madera... para ser desterrados !
    María Fidalgo Casares

    ResponderEliminar