
Dous afiliados da Federación do Libre Pensamento, que viven en Vannes, André Le Béhérec e Pierrick Le Gennec, pediron que se anulase esa dotación económica cando foi aprobada polo Consello Xeral de Morbihan o 20 de outubro de 2006. Baseáronse nunha lei de 1905 que estipula a separación entre as iglesias e o Estado francés e que precisa que “está prohibido fixar ou colocar algún signo ou emblema relixioso sobre monumentos públicos ou en calquera outro emprazamento público, agás nos edificios dedicados ao culto”.
O xuíz considerou que “a liberdade de conciencia” e “a neutralidade do servizo público no tocante aos cultos” non foron respectadas no caso da estatua erixida en Poërmel na memoria do anterior Papa. Segundo a súa sentencia, o feito de que fose erguida nunha praza pública presenta un “carácter ostentatorio”, debido que a cruz coa que está coroada só é o símbolo da relixión cristiana.
O presidente do Consello que otorgou a subvención, Joseph Kerguéris, xa anunciou que o departamento de Morbihan non vai recorrer a decisión xudicial, pero aproveitou para calificar a demanda que deu orixe a esta medida como “o combate reaccionario dunha banda de laicistas axitados e sectarios”, segundo publicou o xornal de Brest Le Telegranme.
A escultura en cuestión é obra do artista ruso Zurab Tsereteli e foi construída e inaugurada cando era alcalde de Ploërmel Paul Anselin, que declarou con retranca que “agora só falta conseguir do tribunal a orde de demolición”. Pierrick Le Guennec, representando a Federación do Libre Pensamento, xa lle colleu a palabra, e anunciou que van pedir que a estatua sexa retirada do seu emprazamento público.
E agora a pregunta do millón: podería haber en Galicia algún xuíz que dictase unha medida coma esta? Ou, para empezar polo principio, temos nós unha lexislación que puidese permitir unha decisión coma que tomou o Trubunal Administrativo de Rennes? Claro que, agora que me lembro, nós non somos unha República.
"Claro que, agora que me lembro, nós non somos unha República."
ResponderEliminarEs frase Sr. Conde xa pode quedar para a historia, é unha frase que me gustou moito. Porén, polo camiño que levamos teremos a república cando mexen as galiñas. Temos Borbóns para dar e tomar. Están a parir como conexas e os presupostos que levan ninguén se entera, nin pasa por control do Parlamento. Vaia bicoca.....
Se calhar o da república não vai ser tão difícil. Nao creio que "Filipe VI" morra no trono. O do laicismo é outra coisa e, porém, há monarquias laicas como as escandinavas. Ai, a democracia!
ResponderEliminar