
Xoán Carlos I felicitou aos responsabéis da praza de touros sevillana pola “súa aposta exemplar a favor das grandes tradicións” e salientou que da lidia “nace un mundo cultural e artístico fecundo”. Tal e como informou o xornal Público na súa edición do 26 de marzo, o Rei non escolleu o mellor momento para romper a súa suposta imparcialidade pública. Tomou partido radical a favor das touradas no momento en que está habendo a maior polémica sobre a necesidade de suspendelas para parar a histórica violencia que se ven practicando nas prazas de touros contra estes animais. Quince colectivos antitaurinos e animalistas teñen convocada para o domingo que vén unha manifestaciónen Madrid para protestar contra a decisión de tres comunidades autónomas gobernadas polo PP (Madrid, Valenia e Murcia) de protexer como ben cultural a tortura dos touros. A asociación protectora dos animais El Refugio empezou a recoller as firmas necesarias (50.000) para tramitar unha iniciativa lexislativa popular reclamando a abolición das corridas de touros en Madrid.
Con esta adscripción da Casa Real española á defensa dun espectáculo caracterizado polo maltrato ata a tortura dos animais, o Rei de España parece colocarse contra a corrente mundial de ir eliminando costumes e prácticas públicas que poden ser moi tradicionais, pero que resultan escandalosamente próximas á babarie practicada contra os animais. Sen lugar a dúbidas, Xoán Carlos I esta vez ponse só do lado dunha das dúas Españas de Machado. Convértese no Rei de media España. Concretamente, no Rei do sur de España.
Os touros tanto me teñen, non me merecen mais respeto que as vacas, pero si quería decir que hai que ter coidado con pensar touros=sur, porque no norte, e por norte digo Navarra, Euskadi, Aragon, Cataluña, e Francia, hai bastante afición.
ResponderEliminarTanta que a lidia a pé, tal como a coñecemos hoxe, ven do Norte, de Navarra. E a súa implantación en Euskadi non é nada cativa (o propio Jon Idigoras, de novo quixo ser matador). Galicia, en cambio, si que está á marxe da chamada festa. As trapalladas veraniegas en Coruña e Pontevedra son iso, trapalladas, para que Paco Vázquez ou Mariano Rajoy fagan un pouquiño máis o parvo. E a tourada de Noia a paverada que poetizara en clave festiva Labarta Pose. Polo demais este Borbón é tan "populachero" como o foran os seus antepasados. Con especial mención para Fernando VII, a quen Don Xoán Carlos cada vez é máis cuspidiño. En fin.
ResponderEliminarCom efeito, as touradas são muito do gosto dos Bascos. Mas isto não condiz que SM fizesse outra borbonada. Ai!
ResponderEliminar