Eu sempre fora mais dos gatos que dos cans, contra os que mantiña un discurso esquivo e mesmo despectivo. A cousa cambiou hai agora case seis anos, cuando sucumbimos aos desexos da que por aquel entón era rapaza e señora da casa e decidimos adoptar unha cadeliña teckel, que por aquí anda, entre os meus pés. Déranola unha señora que se dedicaba a recoller a todo cuanto can atopaba perdido pola rua ou moraba engaiolado en "perreras" e lembro que cuando a fóramos buscar alá perto do Montseny, a cadeliña vomitáranos no coche, supoño que dos nervios que traía a pobre e das olladas asasinas que lle botaba este que tan mal os/as quería e que daquela non distinguía entre un can de palleiro e unha cadeliña teckel, nen falta que lle facía. Ao segundo día de té-la na casa perdímola porque, acostumada a pasalo mal antes de cair nas maos da señora que nola deu e á pouca confianza que lle debíamos inspirar, decidiu fuxir e perderse na cidade. Creo que fun o que mais sofrín por aquela perda. Roíame por dentro pensando no ben que estaba na casa de campo coa señora e na mala sorte que tivera por culpa nosa. Pobre cadeliña, que sería dela, onde andaría, morrería baixo as rodas dalgún coche. Buscámola desesperadamente e hai que ver que cousas ten o azar e que pequenas son ás veces as grandes cidades: demos con ela cuando xa voltábamos para a casa tristes e desolados. Que alegría levamos, levei, eu, o anticans. Co tempo fun aprendendo esas cousas que se contan dos cans e que acostumamos verbalizar en frases feitas e rotineiras: O CAN, OU CADELA, É UN MAIS DA FAMILIA, etc. Por iso imaxino a dor de Don Perfecto. Como non vou imaxinalo, se a miña teckel leva dous meses operada dunha hernia discal e sei o que se sofre vendo como aínda lle custa levantar as patas de atrás. Unha aperta.
Unha aperta afectuosa co meu sentimento.
ResponderEliminarManuel Lara

ResponderEliminarCompartido sentimento.
ResponderEliminarO amor polos animais é unha característica de humanidade.
ResponderEliminarUnha aperta.
jlr
Mais bonitos os podengos portugueses(dóciles cans lusitanos)......
ResponderEliminar