jueves, mayo 21, 2015

Velando as armas


Paréceme a min que había moito tempo que non se rexistraba tanta movilización política coma que que aínda se está levando a cabo nestas eleccións municipais. Alcaldes qe nunca pisaron a túa aldea apareceron petando nas portas para pediren o voto ou polo menos presentaren o seu “programa”, que case sempre é algo totalmente inexistente. Líderes ou simples representantes das diversas alternativas que aspiran a botarte a ti para poñérense eles tamén fixeron a mesma romaría. Moi inseguras deben verse desta volta as forzas políticas para descubriren de repente a importancia da cidadanía á hora de desfilar polas urnas.
Seguramente o 25 de maio pola mañá todo seguirá coma sempre, pero polo menos darémonos o pracer, algunha horas antes, de pensar que aínda podemos cambiar o mundo ou polo menos tapar os baches e limpar as gábeas da nosas abandonadas estradas. Quen dixo que unhas eleccións municipais trouxeron a República? E para que queremos a República se pode presidila un gobernante coma Mariano Rajoy? Cousas veredes, Sancho, cousas veredes.

2 comentarios:

  1. Don Perfeuto, fáganos o favor de dicirnos a sua análixe das eleccións municipais.
    E escriba máis polo miúdo que aínda que as veces facemos poucos comentarios, querémos lelo todos os días.
    Saúdos.

    ResponderEliminar