Os panadeiros galegos ameazan con subir os prezos un 25 por cento polo alto custo do cereal. Morre unha nena de 18 meses á que o seu pai disparou na cabeza. Un accidente múltiple en Rande colapsa a autoestrada dende Vigo á ponte. Un neno morre e outra agoniza en Braga a causa do Creutzfeldt-Jakob. Non é que estea documentándome para escribir unha serie de terror á que tamén podería engadir que vai subir o leite. Só comencei o día lendo os titulares de
La Voz de Galicia. Menos mal que Galicia alcanza no que vai de ano a mellor cifra de exportacións da súa historia (antes exportabamos traballadores, e agora tamén), e o Dépor vence ao Madrid, leva o Teresa Herrera e deixa boa imaxe. Que nos falta para sermos felices?
No hay comentarios:
Publicar un comentario