

O curioso do caso é que resulta sospeitoso que non se respectara a tramitación ordinaria para presentar este tipo de ofertas. O anuncio en cuestión marcou a data límite para presentalas no 5 de outubro, é dicir, tres días despois de ser publicado. Coida alguén posíbel presentar en 72 horas o deseño dunha caseta que represente a Galicia en doce feiras, co correspondente prezo? Vendo cousas destas, malia levan os malpensados que sempre sospeitan que este tipo de ofrecementos públicos esconden unha formalización contractual dirixida a quen xa estaba no allo da proposta. Ademais, o tal concurso botou man do orzamento de 2006, que evidentemente xa estaba pechado, para cubrir importe do millón de euros.
Este cantamañanas do Rubén...
ResponderEliminarEmpezaron polo "aguinaldo" dos 15.000 euros. Veu logo a fastuosa viaxe do conselleiro de Industria con toda a súa cohorte a Tokio. Seguíu a promoción de salarios "minimileuristas" (xa ve, don Perfecto, que lle leo blog) e agora isto das casetas para os amigos.
ResponderEliminarDefinitivamente, cal é a diferencia entre Bloque, PSOE e PP?
A diferencia é Blanco. Agora traballa máis... moito máis.
ResponderEliminar