Nunha terra tan pródiga en homenaxes de circunstancia, se hai alguén que mereza unha de verdade, ese é Xosé González, Pepiño de Teis, que é como lle chamamos os amigos dende os tempos da longa noite de pedra. Poucos traballaron tanto e tan ben coma el a prol da normalización da lingua galega. A súa constante e eficaz axitación levada cabo no terreo da administración pública, sobre todo, xa é digna de que lle vaian facendo algunha tese universitaria. Sen Pepiño de Teis hai moitas cousas que non serían igual en Galicia.
O día 13 recibirá merecidamente o Premio San Martiño nun acto que terá lugar ás 19,30 horas no Teatro Principal. Despois o homenaxeado reunirase cos amigos nunha cea a que non poderei asistir por seguir aínda en Buenos Aires. Parabéns, Pepiño.
Por el pasou unha parte moi sobranceira da historia (oculta) do próximo pasado de Galiza. Xosé González foi cociñeiro antes que frade.
ResponderEliminar¡Parabéns!
Xa era hora de que a Xosé González se lle recoñecese publicamente o que leva feito por Galicia. A súa laboura, o seu compromiso e o seu ben facer fanno merecente deste premio e de moitos máis.
ResponderEliminarNoraboa e adiante.
Pepiño foi o chefe da UPG ata que Paco e Suevos o defenestraron, non é?
ResponderEliminarPero Pepiño non purgou a Deus e a súa nai cando estaba na UPG?
ResponderEliminarTerá moitos valores este home... pero se lle van todos os que receberon o seu mazo estalinista enchen o local.
Si, el tamén foi a hostia en verso cando mandaba na UPG e andaba con pipa (e non de fumar).
ResponderEliminar