martes, febrero 24, 2009

Os vellos rebélanselle a Quintana

Un pequeno grupo dos afectados polo mitin de Quintana o outro día en Oia observaron a posibilidade de denunciar o candidato doBNG por suposta retención ilegal. Houbo quen mesmo pensou en ampliar a acusación a secuestro, pero desacartaron esa figura delictiva porque a retención forzosa non chegou a 60 minutos de duración. Tamén estudiaron a posible demanda da empresa que os trasportaba a Portugal por suposto incumprimento de contrato. Indudabelmente, tras destes proxectos de demanda agóchanse intereses políticos e axentes concretos do PP.

4 comentarios:

  1. Anónimo14:19

    A dereita con ter o poder son capaces de facer calquera cousa. O reciclaxe do franquismo á democracia lle costa anos. Como sempre outiveron o poder polas armas cando perdían as eleccións, cómo hoxe non o poden facer usan outras armas máis sofisticadas, en iso si que aprenderon.
    A manipulación coa xente maior neste tema é de mágoa. tanto por uns como por outros. Pero os cachorros do franquismo lles teño noxo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo15:34

    Levaron enganados os vellos ou non? Os dos métodos franquistas, neste caso, é o BNG, o máis ben ese grupo, cada vez máis grande, que arroupa ao Quin.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo19:25

    No adro da igrexa de San Estevo de Perlío, utilizada agora como un mesado no que aparecen restos de sangue e pegados de zapatos e de cinza, hai unha lauda medieval, a piques de romper, coas labras en galego. As inscricións, en letra gótica, aparecen no lateral que aínda non foi destrozado polo cemento, e nelas lense claramente que o que titular era señor da casa de andra(¿de?) e que finou no ano de mil (???)
    A parte superior da lauda, tamén con inscricións en letra gótica, comeza a ser ilexible, ante o uso ao que está sometida tras ser sacada do interior do templo.
    Está apoiada sobre o que parecen ser fragmentos doutras laudas que foron fragmentadas para facer as patas do mesado.
    A un par de metros dela hai outra lauda, sen grafías perceptibles, que ten no seu centro unha cruz aparentemente gremial.
    Requírese unha actuación urxente.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo23:06

    Pero qué coño dicides? En qué mans están os nosos maiores? Van a unha excursión e métennos nun mitin. E a culpa de deles? a ver quen os mete nun centro de día ou nun da terceira idade. se cadra os prostitúen ou os meten a coidar os netos de outros. INDECENCIA. Hai qu vixilar a xente que trata cos maiores como os que tratan con nenos: LEI DE PROTECIÓN DO MAIOR xa!!! Pra que a xente sen escrúpulos non poda abusar dos nosos maiores.

    ResponderEliminar