Xa que Alberto Núñez Feijóo nos prometeu a todos gobernar costándonos menos cartos, quizais debería non só ler o artigo senón estudiar rapidamente a posibilidade de implantar un sistema parecido na Xunta, institución na que hai 192 coches de alta gama e 80 chóferes destinados a transportar altos cargos cun custo diario de case 6.000 euros só en gasolina, seguros e reparacións.
É que en Bruxelas coñecen outra maneira de crear emprego produtivo. Eiquí seica non sabemos mais que crear emprego (é unha maneira de falar) nas administracións públicas, cos cartos de todos: emprego subvencionado.
ResponderEliminarFuco de Esteiro
A min gustaríame saber que fai Xavier Alcalá en Bruxelas. Mellor dito que é o que non fai. Aforrar SI, ¡pero TODOS!. Crear emprego SI, ¡pero productivo!
ResponderEliminar