miércoles, diciembre 02, 2009

O caso de Diego

Estremece ler o que publica hoxe El Mundo sobre o caso de Diego Pastrana, o albanel que foi acusado falsamente en Tenerife de ter violado e golpeado a filla da súa compañeira. Dá medo pensar en como poden funcionar ás veces determinados poderes da sociedade actual (Policía, Xustiza, Sanidade, etc.) con absoluto desprezo da presunción de inocencia e ignorancia total dos dereitos individuais. E tamén asusta terribelmente comprobar como están funcionando algúns medios de comunicación respecto a estes temas.
Segundo denuncia Plácido Alonso Peña, avogado de Diego Pastrana, axentes da Guardia Civil de Playa de las Américas levaron a cabo “un macabro exercizo de tortura piscolóxica” co seu cliente. Logo de telo a pan e auga durante cinco días nun calabozo de catro metros cadrados, obrigárono a ver as fotos da autopsia da nena falecida por causas que non teñen nada que ver coa súa actuación, segundo demostrou a autopsia. Mentres que o forzaban a mirar gritáronlle: “Olla, olla, cabrón! ¡Olla o que fixeche coa nena”. ¡Vas papar 40 anos por cabrón!”.
E o malo de todo, como dí a avogado: Que pasaría se a nena non morrese? Que pasaría se só existise aquel informe de Urxencias demoledor? Onde estaría Diego daquela? E, sobre todo, con que ollos mirariamos para el?

10 comentarios:

  1. Xa sei que vostede está de volta pero non se deixe levar polas apariencias. Dende que hai políticos nas inmediacións dos Xulgados escomézase a pensar que por riba de todo a presunción de inocencia, que non está mal, pero oiu o do rapaz canario é unha excepción que cumpre a regra do estropicio que lle poden facer a un en canto merodea a xustiza.

    ResponderEliminar
  2. Estou horrorizado.

    Lin iso esta mañá, e non me pasa o susto!!!!

    ResponderEliminar
  3. Estou horrorizado.

    Lin iso esta mañá, e non me pasa o susto!!!!

    ResponderEliminar
  4. Non se esqueza vostede da portada no monárquico diario o sábado con foto includia do malpocado rapaz e un titular arrepiante:"A mirada do asasino dunha nena de tres anos".

    ResponderEliminar
  5. Reimone19:41

    Que llo pregunten a Dolores Vázquez...que era "moi galega", como decía a fiscalía.
    Que llo pregunten a Rafael Ricardi...que llo pregunten os condenados polo 11-M que foron postos en libertade polo TS tras 13 meses en prisión e expulsados de España...que lle pregunten a eses 2 músicos colombianos...
    La Xusticia en España é unha merda, está feita para os Albertos de turno....Xuices desbordados, funcionarios desganados, procedementos lentos,a quen lle importa???

    ResponderEliminar
  6. Anónimo01:01

    Despois non hai torturas nas Casas da Leña (desta maneira lle chamabamos aos Cuarteis da Garda Civil nos tempos da "Longa noite de pedra"). O que pasa que ante as novas de torturas por AI, pasamos moito dese tema, e o goberno de quenda trata de que os medios non falen nada ou case nada diso. ¿Que pensades? . Por que veu a "democracia" xa rematou os vicios deste corpo. Non estará o cuadro de Franco nas academias por cousa imperativa, pero os métodos son os mesmos, os vicios os mesmos, e sona moito nos entrenamentos aquilo de ¡Rojos de mierda!. Atado e ben atado quedou esta merda borbónica.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo16:21

    De la betanceira Doña Dolores Vázquez Mosquera, dijo un Fiscal "andalú" que tenía un caracter "pusilánime y muy gallego".........

    ResponderEliminar
  8. Anónimo16:29

    El caso de Ahmed Tommouhi

    ResponderEliminar
  9. Anónimo13:49

    lamentablemente hay que hacer el ave a galicia, antonio miguel carmona, la sexta, al rojo vivo, 28 de febrero de 2012

    ResponderEliminar
  10. Anónimo07:49

    para serafín castro, el electricista castiñeiras es un hombre de carácter cerrado, oscuro, gallego.......

    ResponderEliminar