jueves, febrero 25, 2010

O fillo de Méndez é neto de Gómez

Está escrito en prosa porque senón o artigo que publica Xosé Luís Gómez no Xornal que dirixe, sobre o fillo do director xeral de Caixagalicia, podería constituír algunha forma exemplar de ditirambo, composición poética inspirada nun arrebato de entusiasmo e escrita xeneralmente en varidedade métrica. Ou sexa tamén, gabanza esaxerada ou encomio excesivo.
Polo visto, o tal fillo de Méndez é unha aguia que nin diola. Dalle cartos a gañar a Caixagalicia por carretadas. Esta vez Gómez esquenceuse de que Méndez, senior e junior, non só arrimou ganancias a esta entidade. Tamén algunha perda (aventuras inmobiliarias por Levante, por exemplo). Méndez será fillo de Méndez, pero saiulle un avó que se chama Gómez.

8 comentarios:

  1. Cando o lin por primeira vez pensei que era irónico: que o estaba poñendo podre. Debo de estar especialmente sensible para os encomios: nunca tendo a crelos e sempre os leo como vituperios.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo23:07

    O que escribe este xornalisa neste artigo non é precisamente algo que vaia pasar á historia do xornalismo galego. Pero se cadra colle no caixón das mamalonadras.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo08:26

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo10:26

    So podo entender este artigo de Gómez se polo medio hai algún apoio financeiro da Caixa ó Xornal. Só así.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo10:49

    Pois eu nin con esas.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo13:05

    Xa llo preguntei unha vez se Conde e insisto: o Xornal non ten ningunha publicidade (ou case ningunha). De que vive?

    ResponderEliminar
  7. Anónimo16:06

    Son o anónimo dos cartos, e acabanme de que algo hai deso polo medio.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo13:12

    daniel jove martinez contra doña begoña gerpe; coro cillan sacramento fernandez vivancos coro cillan

    ResponderEliminar