Está escrito en prosa porque senón o artigo que publica Xosé Luís Gómez no Xornal que dirixe, sobre o fillo do director xeral de Caixagalicia, podería constituír algunha forma exemplar de ditirambo, composición poética inspirada nun arrebato de entusiasmo e escrita xeneralmente en varidedade métrica. Ou sexa tamén, gabanza esaxerada ou encomio excesivo.
Polo visto, o tal fillo de Méndez é unha aguia que nin diola. Dalle cartos a gañar a Caixagalicia por carretadas. Esta vez Gómez esquenceuse de que Méndez, senior e junior, non só arrimou ganancias a esta entidade. Tamén algunha perda (aventuras inmobiliarias por Levante, por exemplo). Méndez será fillo de Méndez, pero saiulle un avó que se chama Gómez.
Cando o lin por primeira vez pensei que era irónico: que o estaba poñendo podre. Debo de estar especialmente sensible para os encomios: nunca tendo a crelos e sempre os leo como vituperios.
ResponderEliminarO que escribe este xornalisa neste artigo non é precisamente algo que vaia pasar á historia do xornalismo galego. Pero se cadra colle no caixón das mamalonadras.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarSo podo entender este artigo de Gómez se polo medio hai algún apoio financeiro da Caixa ó Xornal. Só así.
ResponderEliminarPois eu nin con esas.
ResponderEliminarXa llo preguntei unha vez se Conde e insisto: o Xornal non ten ningunha publicidade (ou case ningunha). De que vive?
ResponderEliminarSon o anónimo dos cartos, e acabanme de que algo hai deso polo medio.
ResponderEliminardaniel jove martinez contra doña begoña gerpe; coro cillan sacramento fernandez vivancos coro cillan
ResponderEliminar