lunes, marzo 01, 2010

Quen é a muller que compañou a Feijóo na súa visita ao Papa?


Quen é a muller que acompañou ao presidente Núñez Feijóo na súa visita ao Papa Bieito XVI? O gabinete de prensa da Xunta limitouse por agora a distribuír tres fotografías procedentes dos servizos gráficos da Santa Sede, sen acompañar ningunha nota de prensa nin identificación das persoas que aparecen a carón dos dous protagonistas. E nunha delas aparece a muller innominada. Por outra parte, os xornais andan xa publicando outra foto, atribuída a L’Osservatore Romano/Efe, na que tamén aparece a mesma señora.
Non vaia suceder que o acontecemento remate como aquela famosa historia que contaba o célebre profesor Martul a respecto dunha visita súa á praza de San Pedro.

20 comentarios:

  1. Anónimo16:47

    E quen vai ser? A ti que che importa!

    ResponderEliminar
  2. O agasallo é o Códice calixtino ilustrado por Leiro. Non era aquel que non querían pagar porque lles parecía moi caro?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16:57

    Pois a min paréceme algo coñecida esta señora.

    ResponderEliminar
  4. Alfonso García17:09

    Non sei quen é, pero parecía que estaba a rezar moito, non? Non leva rosarios nas mans? Se é católica, apostólica e romana, a vostede non lle ten que importar quen é, señor Perfecto. Outra cousa sería se fose unha pro abortista desas ou das que pasan dietas que non son e non se poñen a dieta!
    Voltouse cronista rosa por un día?

    ResponderEliminar
  5. Anónimo19:24

    E esa señora non será a que todos estamos pensando.

    ResponderEliminar
  6. Non sei quen é esa señora, pero a súa indumentaria responde estrictamente ao que o protocolo romano manda para as audiencias privadas do Santo Padre.

    O do rosario terá, sen dúbida, unha explicación nada literaria.

    Se esa señora acompaña a Feijoo e a Julián (Barrio), que non aparece na foto pero estaba alí, o máis probable é que ese rosario fose entregado minutos antes por algún dos chamados prelados particulares para que despois o Papa, cortesmente, o poida bendicir.

    Se, polo contrario, esa señora pertence a unha visita anterior -o Papa dedica a cada unha desas audiencias non máis de dous minutos, aínda que a través dos periódicos despois poida parecer o contrario, porque cadaquén vende a súa propia moto cando volve á casa-, o rosario foi un regalo do propio Bieito XVI.

    Voulles contar unha anécdota: cando a Principita e o Principio foron recibidos por Juan Pablo II, cousa que aquí se contou como se fose pouco menos que unha visita de estado, Wojtila, que non oía ben, non chegou a saber en ningún momento quen tiña diante (só eran uns máis da cola), e chegou a preguntarlle a ela en qué traballaba.

    Roma, meus amigos, é moi grande.

    A capital do mundo.

    ResponderEliminar
  7. Non sei quen é esa señora, pero a súa indumentaria responde estrictamente ao que o protocolo romano manda para as audiencias privadas do Santo Padre.

    O do rosario terá, sen dúbida, unha explicación nada literaria.

    Se esa señora acompaña a Feijoo e a Julián (Barrio), que non aparece na foto pero estaba alí, o máis probable é que ese rosario fose entregado minutos antes por algún dos chamados prelados particulares para que despois o Papa, cortesmente, o poida bendicir.

    Se, polo contrario, esa señora pertence a unha visita anterior -o Papa dedica a cada unha desas audiencias non máis de dous minutos, aínda que a través dos periódicos despois poida parecer o contrario, porque cadaquén vende a súa propia moto cando volve á casa-, o rosario foi un regalo do propio Bieito XVI.

    Voulles contar unha anécdota: cando a Principita e o Principio foron recibidos por Juan Pablo II, cousa que aquí se contou como se fose pouco menos que unha visita de estado, Wojtila, que non oía ben, non chegou a saber en ningún momento quen tiña diante (só eran uns máis da cola), e chegou a preguntarlle a ela en qué traballaba.

    Roma, meus amigos, é moi grande.

    A capital do mundo.

    ResponderEliminar
  8. Hildegart Canido20:25

    Interesantísima explicación a que nos dá Almiral Mouchez. Coma case todas as que proveñen da súa pluma. Fíxome especial graza a anécdota da Princesa. Seguramente lle respondeu que travalla por mellorar España, como lle dixo á súa filla cando lle fixo a mesma pregunta co Papa.

    ResponderEliminar
  9. Son eu de novo, o pesado de Almiral.

    Para que non digan, vou ter un pouco de mala leche:

    As fotos demostran que a recepción a Feijoo en Roma foi unha mera cortesía.

    O Papa está de pé, o mesmo que o presidente da Xunta.

    Non hai membros da curia.

    Por non haber, non hai nin cardeais da cuarta fila, dos que están retirados en Roma e ás veces chaman para estas cousas.

    É que nin sequera había -miro agora as fotos con atención- un prelado particular!!!

    Está alí o secretario particular do Papa.

    Sobran os comentarios.

    De todas maneiras, xa lles adianto que o Papa non virá este ano a Santiago, a pesar de que vai a Fátima.

    Virá o ano que vén, durante unhas horas, coincidindo coa celebración en Madrid da Xornada Mundial da Xuventude que organiza o cardeal Rouco.

    P.D. Tampouco vexo no foto ao embaixador...

    ResponderEliminar
  10. Non vira a súa intervención, Hildegart, desculpe.

    Aproveito para mandarlle un abrazo moi forte.

    O que pasou, en realidade, foi que a Principita lle dixo ao Papa que estaba desexando volver a Madrid para ponerseatrabajar.

    (Andaban de lúa de mel.)

    Eu non coñezo a este Papa. Xamais o vin. Sei, con todo, onde ía comer todos os días: un bar do máis humilde.

    E coñezo a algún dos seus colaboradores máis cercanos, desculpen a confidencia.

    Mándolles a todos o maior dos abrazos.

    ResponderEliminar
  11. malpensado21:01

    Eu non teño o mais mínimo interese en meterme en camisas de once varas vaticanas, nen de desentrañar a identidade da acompañante de Feijóo, nen tan sequer de levarlle a contraria a mesié Almiral, pero non me digades que, fóra rosarios, cricifixos e escapularios, eses olliños non se derreten de amor "relixioso" contemplando a escea e fixándose non precisamente no pontífice. E non será a muller unha membra de Galicia Bilíngüe?

    ResponderEliminar
  12. Anónimo21:14

    E logo non será a famosa noiva –ou compañeira– do presidente? A que acertei?

    ResponderEliminar
  13. La risposta alle nostre preghiere e sopratutto al amico Civetta :

    CITTA' DEL VATICANO, 1 MAR. 2010 (VIS). Il Santo Padre ha ricevuto questa mattina in udienze separate:

    - Cinque Presuli della Conferenza Episcopale di Uganda, in Visita "ad Limina Apostolorum": - L'Arcivescovo John Baptist Odama, di Gulu, con l'Ausiliare Vescovo Sabino Ocan Odoki, Amministratore Apostolico di Arua.

    - Il Vescovo Giuseppe Franzelli, M.C.C.J., di Lira, con l'emerito Vescovo Joseph Oyanga.

    - Il Vescovo Martin Luluga, di Nebbi.

    L'Arcivescovo Julián Barrio Barrio, di Santiago de Compostela (Spagna) e Seguito.

    Ubi sunt?

    ResponderEliminar
  14. En Roma, meus amigos, mola máis ser sacristán de San Pedro de Cadenas que bispo de Lugo.

    Por tanto, non é estraño que ao cruzar a Piazza de S. Pietro, o presidente da Xunta o faga como membro do séquito do arcebispo de Santiago.

    (É malísimo o chiste, non lle fagan caso. Con indepedencia de que o que di sexa verdade.)

    ResponderEliminar
  15. Anónimo22:54

    Pois era a tal.

    ResponderEliminar
  16. Touceda22:55

    E sabía o Papa que era ela?

    ResponderEliminar
  17. Anónimo23:41

    O que temos que saber é quen paga a viaxe.
    O demais, se están ou non casados, se viven en pecado ou en estado de gracia, só lle corresponden aos tribunais de Rota e a San Pietro, cando lles toque a súa hora.
    Por certo, a Gamir ésta a qué se dedica?

    ResponderEliminar
  18. Aló cando era neo, cría sinceramente, bendita ilusión!, que o Papa era o único ser humano en todo o planeta que tiña audiencia e falaba todos os días con Deus.

    Despois de moitos invernos enriba do lombo, comprobo que non, que con quen fala é con particulares, mesmo con dous que disque cohabitan en pecado mortal. Que humilde, bondadoso e xeneroso é o Papa!

    ResponderEliminar
  19. Miguel Ánxo Souto10:59

    Pero esa señora está ou é maior? Moi maior...

    ResponderEliminar