jueves, septiembre 02, 2010

A Nosa Terra

Corren malos tempos para os xornalismo galego. Hai poucas semanas caeu Vieiros, pechou Chuza ao mesmo tempo e agora tocoulle a A Nosa Terra abandonar os quioscos. Parece unha maldición que xa nos ven dos tempos de Chan e de Teima.
O caso de A Nosa Terra é, sen dúbida, o máis significativo. Que unha publicación histórica cargada de resonancias teña que pechar a súa edición en papel por desleixo dos gobernantes e abandono dos lectores e dos anunciantes debería merecer unha reflexión a fondo que incluíse a responsabilidade do empresario do ladrillo, Xacinto Rey, que tivo nas súas mans os últimos pasos da publicación nacionalista.
Esta reflexión debería tamén pasar polas cabezas dos dirixentes políticos galeguistas (PSdeG e BNG) que sempre viven máis pendientes das páxinas de La Voz de Galicia que do que poda acontecer fóra do xornal de Santiago Rey.
A min, que me sentín moi a gusto formando parte da Redacción de A Nosa Terra durante os derradeiros cinco anos da miña vida profesional activa, magóame profundamente ver o que está a pasar coa Prensa galega. Vaian para Alfonso Eiré, Manuel Veiga, Xan Carballa e todos os meus antigos compañeiros de oficio a miña solidariedade e o meu cariño.

5 comentarios:

  1. Anónimo12:38

    AS VENDAS, MÁIS DE 1,5 MILLÓNS EN 2009, PERMITEN IR PAGANDO A DÉBEDA CON CAIXANOVAJacinto Rey non pode pechar A Nosa Terra sen negociar un plan de viabilidadeA falta de compromiso da Xunta de Galiza cos medios escritos en galego agrava aínda máis a situaciónVigo, 3 de setembro 2010.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.Quen é o dono de A Nosa Terra?Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.San José mantén ao fronte aos responsábeis da criseAo igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha "mala xestión" que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.Responsabilidade da Xunta de GaliciaAdemais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.Por último, o Sindicato chama a todas as administracións a que tomen medidas urxentes ante a continúo feche e despedimentos de medios de comunicación nos últimos meses, especialmente entre os editados en galego. Cómpre lembrar que o Estatuto de Autonomía obriga á Xunta e aos poderes públicos a promover o uso do idioma propio en novos eidos, como os medios de comunicación.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12:39

    O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.Quen é o dono de A Nosa Terra?Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.San José mantén ao fronte aos responsábeis da criseAo igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha "mala xestión" que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.Responsabilidade da Xunta de GaliciaAdemais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo14:55

    EU NUNCA ME FIARIA DUN CONSTRUCTOR (LER DESTRUCTOR)

    ResponderEliminar
  4. Anónimo23:56

    Totalmente de acordo co comentario de Don Perfecto. Para afondar ler http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/a-nosa-terra http://sxg.fesp.org/sxg/inf/index.php?nid=477
    e
    http://galizalivre.org/?q=noticia/07.09.2010/verdadeira-causa-do-feche-d-nosa-terra

    ResponderEliminar