Falaron as urnas e pronunciáronse moi claramente. En realidade todo sucedeu como estaba previsto. O raro sería que acontecese todo o contrario. Cun Zapatero que no foi quen nin de por no seu sitio a Xosé Blanco, cun Rubalcaba ao que dificilmente se lle podía acreditar a súa repentina reconversión á socialdemocracia e, sobre todo, cun electorado extremadamente canso de que lle contaran mentiras, as eleccións do 20N só podían ter o resultado que tiveron: entregarlle todo o poder a unha dereita á que lle fixo Zapatero todo o traballo sucio e sen cobrarlle un can. Ou sexa, gratis.
Fáltanos agora saber como vai administrar toda esta bicoca Mariano Rajoy, o político que máis poder concentrou en si mesmo e no seu partido dende que vivimos en democracia. Como din que facían os esquíos de antano, que podían atravesar a pensínsula de sur a norte e de este a oeste saltando de árvore en árvore e sen saírse dos feudos da Casa de Alba, a Mariano Rajoy estalle permitido viaxar por todas as Españas –menos Cataluña e Euskadi– sendo sabedor de que vai pisando terras políticas da súa propiedade. Case coma un conde medieval.
Aos que pensamos que unha España gobernada por unha dereita todopoderosa só pode levarnos a algunha forma de neofranquismo oculto e vergonzante, só nos queda reconfortarnos cos éxitos extraordinarios de Esquerda Unida e de Amaiur, ou coa resistencia que foron quen de soster Convergència i Uniò (CiU) e o Partido Nacionalista Vasco (PNV). Mágoa que o BNG, aínda conservando os dous deputados que xa tiña, se mostrase incapaz de recoller algo da moita fariña que caeu da fornada do PSOE.
Es calamidad de estos tiempos, que los locos guien a los ciegos. Shakespeare. Dedicado a mi amigo más querido.
ResponderEliminarDeixeme que lle toque un pouco os pés señor Conde:
ResponderEliminarOnde fala vostede do partido que mais creceu en termos absolutos é dicir a upyd? E que os seus votos non on democráticos?
Lembre vostede que é o partido que maior tallada colleu da desfeita socialista.
O de IU está moi ben, pero falamos dun escaso 7% de voto válido. Moito teñen que camiñar aínda.
ResponderEliminarDo Bloque xa non vale a pena nin comentar, moita sorte por manter os deputados, pero en caída libre, como sempre desde o 2001
¿reconfortarse con el éxito de la batasuna "amaiur"?
ResponderEliminar