lunes, agosto 20, 2012

Pousa Antelo

Andaba eu na preguiza do verán disposto a escribir aquí que me tomaría unha semaniña de lecer, cando me chegou a triste nova de que faleceu Avelino Pousa Antelo, e non podo máis ca deixar constancia do respecto e admiración que me inspira tan egrexio personaxe da Galicia contemporánea.
Teño sostido con el longas parrafadas, non exentas de controversia ás veces, pero este home sempre me deixou o sabor dulce da confraternidade, a tolerancia e o agarimo. Vaia para el o deus o teña na súa gloria dun agnóstico que reza poucas veces, pero que cando reza se emociona.
E ata cando volva setembro, que ben sei que nin vai ser marabilloso nin Rajoy nos vai sacar da crise.

3 comentarios:

  1. Anónimo21:28

    O derradeiro.Que o seu pasamento sexa semente,

    ResponderEliminar
  2. De quen é a foto? Unha marabilla.

    ResponderEliminar
  3. Grazas polo piropo, XMS.
    A foto é miña, e foi feita o día que lle deron o Pedrón de Ouro a Xosé Manuel Beiras e a Fernando Pérez Barreiro, na Casa de Rosalía en Padrón.

    ResponderEliminar