Encargouse de decidir os premios un xurado composto por Henriette Martinez (deputada dos Hautes-Alpes e presidenta delegada da Asemblea Parlamentaria da Francofonía), Louis Duvernois (senador de Franceses no Extranxeiro e presidente da Asociación para a Difusión Internacional Francófona de Libros, Obras e Revistas), MC Solar (famoso artista compositor e hábil compoñedor de palabras), Marie-Christine Saragosse (directora xeral de TV5 Monde, a segunda rede mundial de televisión, por detrás de MTV e diante da CNN) e Sapho (famoso artista francés).
A primeira palabra era tuning, traducida pola comisión de terminoloxía por personalización ou sintonización. Os participantes suxeriron termos como autodéco, automotif, autostyle, persauto, persoptmisation e revoiturage. Gañou un mozo de Lyon, Charles Fontaine, propoñendo a palabra bolidage.
Para o segundo termo, chat, traducido pola comisión como diálogo, inventáronse nomes como claverbiage, convel (abreviación de conversación electrónica), cybercommérage, paoptage e toilogue, entre outros. Gañaron ex aequo dous estudiantes de Burdeos, Bilal Benrhayem e Léopold Stéfani, que prsentaron as palabras éblaba e tchatche.
A terceira palabra é buzz, traducida como zumbido. Foron evocadas palabras como actphène, bruip, cancan, écho, échoweb, foin, ibang, potins ou réseaunance, e gañou ramdan, denominación presentada por Elodie Dufour-Merle da Universidade de Aix-Marseille.
A cuarta palabra, newsletter, foi traducida pola comisión como carta de información, e houbo candidatos cos nomes de niouzlettre, plinfo, inforiel, jourriel ou journiel. Gañou infolettre, presentada por Abdrahamane Coulibaly, estudiante da Universidade de Cergy.
A palabra que falta, talk, traducida pola comisión como emisión-debate, recibiu propostas como causerie, parlage, parlotte, discut’, échapar, débadidé, débatel, débafusion, pero o xurado decidiuse por débat, aportado por Mickael Jaffré, alumno de Enxeñería da Escola de Artes e Oficios de París.
Á vista desta información, coido que non estaría mal que os galegos empezásemos a preocuparnos por sacudir a nosa propia preguiza lingüística neste campo. Propoño que aportemos palabras galegas que podan servir para substituirmos nós tamén os cinco vocablos ingleses citados: tuning, chat, buzz, newsletter e talk. Quen se anima? Podemos empezar por estas e seguirmos logo con outros vocablos técnicos ou de uso corrente.
E, para que non se diga, aquí van as miñas primeiras propostas:
ResponderEliminartuning = carroaxe
chat = charla
buzz = zum
newsletter = ecarta
talk = parla
Nalgúns casos xa se ten avanzado (http://corpus.mancomun.org/xestermos.php) e convén no reinventar a roda.
ResponderEliminarReinventar a roda non, pero engrasarlle algo o eixo boa falta faría.
ResponderEliminar"Tuning" = 'anoseo' (neoloxismo), deverbativo de 'anosar'(voz patrimonial: facer noso); "Chat", podería ser 'leria', co correspondente verbo 'leriar'. "Buzz", como verbo, 'zoar', como substantivo 'zunido'.
ResponderEliminarO mesmo Anónimo. Tamén podiamos pensar en 'amiñar', (sería un neoloxismo con significado de facer algo meu, co substantivo 'amiño'. Ambas as dúas palabras evocan as existentes: amañar, amaño, canda os pronomes posesivos meu, miña). Ex.: Quero facerlle un amiño ao buga; vou amiñar o buga un pouco. Tamén se podería pensar en ciberleria (para chat); ciberzoar, zunirede; ciberparola (para talk).
ResponderEliminar