
É evidente que Monteiro escrebe á sombra do desenvolvemento que está a levar o caso policial que orixinou a desaparición da nena británica Madeleine MacCann, pero o contido do seu artigo parece acaído tamén para comentar o que lle acaba de pasar ao estudiante norteamericano da Universidade de Florida Andrew Meyer. Por preguntarlle ao ex candidato á presidencia do imperio John Kerry se é verdade que pertenceu, coma George Bush, á sociedade secreta Skull and Bones que opera na Universidade de Yale, un grupo de policías de uniforme reducíuno á forza e levouno á comisaría como se fora un delincuente.
Como di Henrique Monteiro, "o equilibrio entre segurança e liberdade é difícil e é uma das mais antigas questioes. Já o autor latino Juvenal se interrogaba, nas súas 'Sátiras', sobre quem guardará os guardas ("quis custodiet ipsos custodes"). Porque estes arautos de segurança também devem eles prestar contas".
Eefectivamente, vendo o video que hai en YouTube sobre o que lle fixeron ao estudiante nortemaericano, 2.000 anos despois de Juvenal, cómpre repetir a súa pregunta. Quis custodiet ipsos custodes?
2 comentarios:
A verdade, meu querido amigo, é que para estar tranquilo, a cousa, non che é...
Boas noites a todos.
Almiral Mouchez
Quen controla o controlador? Eis a gran pregunta de sempre e nunca abondo nin ben respondida. Podería pasar alg así no o noso país? Coido que non da maneira en que sucedeu en Florida, pero si doutras que transcorren menos á luz do día e da presenza dos taquígrafos, agora carmarógrafos. Por exemplo, hai en España algún caso parecido ó que se atribuíu ó policía Gonçalo Amaral en Portugal por mor de supostas torturas, manipulación de probas e falsificación de documentos?
Publicar un comentario