
Carla Bruni case perdeu o cú subindo ás carreiras pola escada do avión presidencial francés e a penas volveu a vista atrás para ver se ao seu marido, presidente da República Francesa, lle pasaba algo. Sarkossy, algo máis tranquilo ca famosa chansonnière, tamén apurou o paso para refuxiarse no avión, mentres que os seus homólogos de Israel, Simon Peres e Ehud Olmert, atoparon refuxio nos seus respectivos coches blindados.
Felizmente para todos, esta vez non era un misil lanzado por Hamas e só houbo que lamentar a triste perda do policía que, suicidándose, lles meteu o medo no corpo aos que mandan nunha zona onde a vida non sempre é respectada como debería ser desexábel.
2 comentarios:
O que pasa é que vostede, don Perfeuto, non atura que a Carla o deixase polo Sarko. E agora víngase dela. Iso non sei fai. Hai que ser un cabaleiro, incluso na adversidade.
¿Donde dí que perdeu Carla o cú, que vou ver se o atopo?
Publicar un comentario