Ultimamente vímonos pouco. Tiñamos pendiente unha cita en Vigo que non se cumpríu pola miña culpa. Non puiden asistir á homenaxe que lle fixeron en Ferrol porque estaba navegando daquela por augas de Grecia, e tampouco cheguei a tempo de irlle ao enterro porque estaba baixando de Lipari a Palermo cando morreu. Agora só me queda a lembranza daquel mozo entrañábel que coñecín en Santiago nos derradeiros anos setenta cando xa empezaba a ser o gran poeta galego que agora é. E a grande e boísima persoa que sempre foi Ramiro Fonte.
A súa memoria estará sempre na miña mente o no meu corazón. Somos moitos os que seguiremos querendo a Ramiro. Os seus versos estarán con nós e cos que veñan despois. A onde sexa que estea, mándolle esta flor que collín en Lipari para el. Eolo díxome que parou de soprar para que a súa alma puidese subir tranquilamente ao ceo. E Vulcano desmentíume categóricamente que estivese gardando a boca do inferno. Coido que ata Stromboli acendeu unha candea especial polo poeta de Pontedeume.
7 comentarios:
Ramiro sabía, Don Perfeuto, que vostede estaba aí.
Que sempre -sempre- estivo aí.
Unha fermosa flor para honrar a un poeta que xa non a precisa.
Os poetas e a xente toda, sempre precisamos dunha flor. E, se é fermosa, máis aínda.
O poeta xa nace con estrela e flor incorporadas. Somos nós, oferentes, quen nos agasallamos.
Ti tamén lle estiveches aí a Ramiro Fonte, Almiral Mouchez. Un home coma ti merece ser canonizado (permítaseme esta broma dita con todo o meu cariño para ambos os dous, grandísimos escritores e mellores persoas aínda).
Teo Cardalda colgou en YouTube un video que recolle a participación de Ramiro na celebración do Día das Letras Galegas, correpondente ao ano 1998, en Vilaxoán (Pontevedra).
Un documento que paga a pena ver na seguinte dirección:
http:es.youtube.com/watch?v=dCG424dnOSc
off white clothingoutlet
golden goose
birkin bags
kyrie irving shoes
supreme clothing
golden goose outlet
nike x off white
kyrie 5
supreme clothing
supreme hoodie
Publicar un comentario