martes, febrero 03, 2009

Touriño non quere xogar co PP

Touriño, referíndose á nova polémica acerca do súa suposta inclinación ao luxo asiático, dixo que non vai entrar no xogo do PP, sen cortarse o máis mínimo en engadir que o partido de Núñez Fiejóo está vertendo “camións de lixo” (el chámalle basura) sobre a campaña electoral.
Por outra parte, aínda non hai 24 horas que a Consellería de Presidencia, que non é precisamente do BNG, entrou nese xogo calificando de “calumnias” as declaracións do partido conservador galego sobre este particular e dicindo que, en realidade, o montante das famosas mesas, cadeiras, etc. non corresponde máis que a un orzamento presentado por Ferrovial, que polo visto é a empresa encargada da polémica reforma.
Sen entrar en que o PP indudábelmente está tentando levar a auga ao seu canle electoral, a min ocórrenseme dúas cousas:
1) Os servizos xurídicos da Xunta están en bavia ou non foron consultados para nada antes de emitir a contestación de Presidencia, e xa se sabe que nin Méndez Romeu é avogado ni os xornalistas que emitiron a nota oficial saben moito de leis. Antes de dicir que alguén comete o delicto de calumnia debería ter indicios razonábeis para efectuar tal acusación, so pena de cometer o propio acusador ese delicto que consiste, nin máis nin menos, que en acusar a alguén de cometer un delicto, o que sexa, a sabendas de que tal acusación é falsa. Dicir que alguén tende ao luxo aínda non é delicto. Seriao soster que o gasto acometido polos responsábeis da reforma xunteira é suficientemnte superior ao preciso ou aceptábel polos procedementos administrativos estabrecidos, en cuxo caso podería pensarse nalgún suposto delicto de prevaricación e/ou malversación de fondos públicos, dende logo, pero eu non vexo aínda por ningún lado insinuación algunha nesa dirección. Nin se me ocorre a mi facela, en absoluto.
2) Non hai por que dubidar do que di a nota de Presidencia acerca de que o albarán deses gastos en mobiliario representa só unha proposta realizada pola empresa encargada da reforma e que “non foi aceptada formalmente pola Xunta” (repárese no adverbio da frase). Aceptada "formalmente" non sería, pero significativa pode resultar se cadra. Eu sei ben o que é pedir presupostos. Para iso andiven dous anos metido na rehabilitación dunha casa. Cando eu pedía presupostos previos, os suministradores sabían que os estaban facendo para un cliente economicamente determinado. Eran presupostos para unha casa normal, non para un pazo nin para un castelo. En consecuencia, xiraban arredor de parámetros de normalidade absoluta. A ninguén se lle ocorría propoñerme mármoles de Carrara para os baños ou madeiras nobles para o salón. Por que a Ferrovial lle deu por colocarlle á Xunta cadeiras de diseño a case 3.000 euros cada unha ou mesas de case 8.000? Por algo sería, digo eu. Ou tolearon en Ferrovial de súpeto?
Seguramente facería ben Touriño se non entrase moito neste “xogo”. A menos de catro semanas das eleccións, non parece ter precisamente as mellores cartas para xogalo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Canto mellores sexan as sillas mais poder parecen ter quenes se sentan nelas e estes novosricos estan ansiosos non só de selo tamén de parecelo.