
Conta Roberto Saviano, no seu magnífico Gomorra, que hai empresarios da súa terra que só teñen un credo que se resume neste evanxeo: “A economía tén un arriba e un abaixo. Nós entramos por abaixo e saímos por arriba”. Aquí, por moita culpa que se lle bote á crise, está empezando a pasar algo parecido. Dise que a xente non compra casas ou que só paga menos por elas agora, pero os do morteiro están empeñados en acantilarnos (de cemento) o litoral dende Ribadeo á Garda. Pobres de nós, agora que xa teñen a un dos seus facendo que garda o medio ambiente galego.
E menos mal que o novo presidente tivo a precaución de marcar algunha distancia con eles non lles asistíndo á ceremonia na que oficiaron a misa laica de consagrar os intereses do ladrillo. Nisto, como en moitas outras cousas, Feijóo soubo ser prudente.
4 comentarios:
Digan o que queiran e póñanse como se poñan, pero a cuestión é que sen ladrillo non hai economía: movemento de capital, salarios, innovación, etc. Os construtores galegos non somos mafiosos, somos creadores de postos de traballo e de riqueza en xeral. O litoral ten un potencial enorme que hai que saber renatibilizalo sen estragar a paisaxe nin o medio ambiente, pero é preciso saír do "purismo" ecoloxisteiro se queremos fuxir da crise.
Si,e antes da crise o caso era encher os petos, impórtalles pouco a crise dos demais os contructores. Vender pisos de 1ª calidade (nunca poñen de segunda, e hainos) a prezos de chalet...
Señor Anónimo1, é cousa miña ou non se poden facer casas eternamente?
Digo eu que o espacio e o número de compradores é limitado, non?
E cando se chegue ao límite a que se van adicar os contrutores?
E veña cos anónimos! Non hai maneira de despabilar a imaxinación...
Anónimo 1: sei que ainda pretendedes seguir a encher o país de baleiros? Se non sodes quen de que se ocupe tanto edificio xa construido! Por qué non se da unha volta por outras costas (Irlanda, Cornualles, Bretaña) e aprende a respectar o cidadán? Teñen as suas propostas resolto o acceso; os subministros de auga, electricidade, telecomunicación; a evacuación e tratamento -tratamento, sí- de augas residuais; a recollida e tratamento do lixo e dos refugallos?
A qué raio lle chama "purismo"?
Semella que vostede tenta saír da crise (enténdase: da súa crise) destragando aínda máis o que é de todos...
Atreveríase alguén a non deixar construir en tanto non estea xustificada a necesariedade de todo o xa construido?
Vaia cos "criadores de postos de traballo e de riqueza en xeral": pan pra hoxe, fame pra mañán!
Tucho de Canido
Publicar un comentario