
Viaxes a Tanzania e Namibia por importe de 20.000 euros, un coche de alta gama desaparecido, multas de tráfico impagadas por valor de 1.490 euros, reparación dun coche particular que custou 2.206 euros e pagou a Fundación, venda de madeira por valor de 725.000 euros en 50 das 200 hectáreas de terreo que compoñen a finca de San Xoán de Tor, danos causados nos camiños por importe de 288.000 euros, prácticas furtivas de caza, abandono ata a inanición e a morte de varios dos animais residentes na finca, débedas sen pagar, etc.
A dirección xeral desta Fundación foi exercida por Francisco García-Bobadilla Prosper (na foto con Cacharro), que desempeñou altos cargos en distintos gobernos de Manuel Fraga (secretario xeral de Turismo, director xeral de Conservación da Natureza, director xeral de Comercio) e tamén foi presidente de Paradores de Turismo de España e do Consello Regulador de Orujo de Galicia.
O que máis me chama a atención é a presencia nesta Fundación do prestixioso biólogo Xavier Castroviejo, un dos mellores coñecedores da fauna ibérica. Precisamente foi el quen acompañou a Cacharro Pardo e a García-Bobadilla na viaxe que fixeron a varios países de África.
A Deputación de Lugo, dende que stá presidida polo socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro, investigou a fondo este asunto, que vai rematar nas mans da Fiscalía por se puideren recaer resposabilidades sobre alagúns dirixentes da Fundación. Todo o contrario do que está facendo a Xunta de Galicia, que nin sequera respondeu á comunicación oficial do caso que lle foi transmitida pola Deputación de Lugo.
Como exemplo curioso, pódese contar que a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia gastou, no ano 2007, 30.000 euros en alugarlle por dez anos ao propio secretario da entidade, Carlos Rodríguez de Valcácel y de Ribed, conde de Rodríguez de Valcárcel, vello amigo de Bobadilla, co que veranea dende hai moitos anos en Bueu (Pontevedra), a súa colección privada de caza que a penas consiste nun puñado de inconsistencias que comprenden algunha cana de bambú de pescar salmón, outras de troita, unha ballesta de madeira do século XVII e unha caveira consignada como de lobo, pero que hai quen pensa que é a dun can.
6 comentarios:
Bobadilla..., aquel que estivo en Paradores..., houbo unha ocasión que nun Hostal... beberon champaña francés... a costa dunha VISA-OURO aberta en canal.
Xa somos como os andaluces de pandeirada. Temos señoritos e "cortijos" igual ca eles, pero no noso caso pagados con cartos públicos, é dicir, de todos. O "señorito" Bobadilla que menos podía ter ca un Volfswagen Touareg para desprazarse ao seu pazo de Tor, ou sexa, o seu "cortijo". E, ademais, levalo para a súa casa. Que se lle avería o coche á muller, arránxase e que pague a Fundación. Outra vez todos.
Disntínguenos unha cousa: os señoritos andaluces coidan os seus animais e non os deixan morrer de fame. En Lugo xa se ve o que pasa. Se isto non é digno dunha Escopeta Nacional de Berlanga polo menos merecería que Mercedes Milá fixera un "Diario".
Cando este home chegóu á Dirección Xeral de Comercio ¿1990? escoitárese do seus "Menos mal que lle atopamos acougo a Paquiño: iba xa sendo moi maior para non teren oficio nin beneficio..."
Abofé que rescatóu o tempo esquecido: de camiño o alcumaran coma "Paco Barrigas".......
Maio 1996: Aznar agroma o descontento e chega ó goberno....Despois, ó Paco señorea Paradores.........
Fuco de Esteiro
!Que xente...!
Alguén sabe e pode contar o que pasou co Bobadilla, a quen algúns lle chaman Bodeguilla, no seu paso polos Paradores de Turismo?
Que se pode decir ante tamaña "fauna carroñera", que non é precisamente a do Pazo de Tor que deixan morrer salvaxemente.
Publicar un comentario