

O que pretende ser o presidente da Xunta máis aforrador,
Alberto Núñez Feijóo, vai camiño de ser tamén o máis viaxeiro. Mentres que media Galicia se preparaba para manifestarse en Santiago a prol do seu idioma, marchou a Londres para loubar a BBC nun predicamento no que se esquenceu de lembrar a importancia que tivo
Paco del Riego nas emisións en galego desa cadea. E agora terá que estar o 6 de novembro en Miami para recibir o premio de
Universal Spaniard (Español Universal) que lle entregará a Cámara de Comercio España-Estados Unidos, xunto a
Pedro J. Ramírez, director de
El Mundo;
David Bisbal, coñecido
tonadillero, e a empresa construtora IBT Group LLC.
Polo camiño que vai, pode rematar emulando a aquela
Ánxela Bugallo que tan criticada foi por levar a Cuba os seus amigos para que se encheran de mojitos. Entre tanta viaxe a ningures e tanta subasta de Audis, ¿cómo lle vai quedar tempo a
Feijóo de promover o galego? Se acaso, o inglés ou o
spanglish.
Na foto, en Londres, co historiador británico Paul Preston e co galego Ramón Villares. ¿Cal sería o chiste?
8 comentarios:
O chiste, pregunta vostede, o chiste... un de Vilalba, meu rei, que alí che son de moita chispa.
Chéganme novas de que La Voz de Galicia na súa próxima promoción vai sortear un bo número de Audis, aproximadamente 20 unidades.
Eu quero que me toque o blindado de Touriño.
Pode que o Prestón lles decía que iba prestarlles unha ducía de palabras inglesas para que llas levaran ó Paquiño V e presumira así de troglodita (perdón, quería decir trilíngüe).
Ánxela Bugallo... que levou os seus amigos... mojitos...
Sr. Conde, esperaba de vostede maior obxetividade e altura moral...
E logo que beberon? Coca cubana? A altura moral do Sr. Conde non se mide en mojitos, coido eu.
ni a da sra. bugallo e os escritores que estiveron na feira cubana...
seguen a rir!!! creo que non lles chegou co de Láncara. Que pelotas estes do cártel de Galaxia, estes galeguistas que se venden por un prato de caldo, aínda que o Villares debe andar a réxime.
Publicar un comentario