martes, diciembre 15, 2009

O retorno de Pérez Varela

“Yo adivino el parpadeo / de las luces que a lo lejos / van marcando mi retorno”. Non son Carlos Gardel nin Andrés Calamaro nin Buika os que cantan este tango pisando o bosco de pedra de Compostela. É Xesús Pérez Varela cando cruza decote a praza do Obradoiro camiño dalgún despacho da Xunta no que está a producirse a súa rentrée levado da man por Núñez Feijóo.
“Y aunque no quise el regreso, / siempre se vuelve al primer amor… bajo el burlon mirar de las estrellas /que con indiferencia hoy me ven volver”. De seren así as cousas, o ex conselleiro de Cultura de Fraga Iribarne debe andar coa “alma aferrada a un dulce recuerdo” e, seguramente, téndolle medo ao encontro que volve a enfrontarse coa vida. “Pero el viajero que huye / tarde o temprano detiene su andar / Y aunque el olvido que todo destruye / haya matado mi vieja ilusión /guardo escondido una esperanza humilde / que es toda la fortuna de mi corazón”.
O que falta por saber é a onde está volvendo Pérez Varela. Será outra vez ao Xacobeo para contratar a Carmiña Burana? Porque xa hai quen di que ten mesa no pazo de Raxoi.

3 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Non me gusta falar de xente que non está presente, e menos aínda detrás dun seudónimo, pero voulles contar unha anécdota da que fun testemuña unha vez.

Estaba este señor en presenza da embaixadora de Islandia, e díxolle:

-¡Ay, pues no sabes las ganas que tengo yo de ir a Helsinki!

(A muller, a pobre, non sabía onde se meter...)

Bos días a todos.

Anónimo dijo...

Era Carmiña Burana ou Carmiña a Muradana?

Anónimo dijo...

Era Carmiña, Carmela, a da saia arrevirada, non te jode!