
Na contratapa do libro de Lévy, o editor publica un texto no que se di que De la guerre en philosophie é “un manual para idades oscuras, no que o autor pon as cartas boca arriba e dispón, de paso, as pedras angulares dunha metafísica do porvenir”. Unha afirmación tan rotunda pode rematar sendo chocante. Na páxina 122 do volume, Bernard-Henry-Lévy cita o que el chama unhas investigacións levadas a cabo sobre Immanuel Kant por un tal Jean-Baptiste-Botul que nunca existiu senón que é un personaxe borroso e famoso de novatada. Inventouno Frédéric Pagès, un agregado de Filosofía e articulista do semanario Le Canard Enchaîné, no que cada semana escribe unha sección muy caracterizada e popular: Le journal de Carla B., pola que non é preciso preguntarlle a Sakozy a que Carla se refire.
A Lévy, que lle chaman en Francia “cuistre en chemise blanche” (pedante de camisa blanca), debería abondarlle facer unha pasada por Google para decatarse de que Jean-Baptiste-Botul non é máis ca un personaxe de broma ao que ata se lle fixo aparecer como autor dun tratado titulado Landru, précurseur du féminisme (Landrú, precursor do feminismo). Mon Dieux! diría Jean-Paul-Sartre se erguese a cabeza en Montparnasse.
6 comentarios:
Aínda tremo coa emoción da louvanza que o pedante lle adicou hai un par de semanas a Bieito XVI en EL País de Javi Moreno. Nada, home, se Ana Rosa saíu con bo pé do plaxio e do negro, Henri-Lévy non terá probelmas, o tempo cúrao todo.
Ten que recoñecerlle, amigo Perfecto, non obstante, o seu bó gusto polas camisas e polas mulleres, aquela Arielle Dombasle de Pauline à la plage do finado Rohmer.
Não há nada pior do que os renegados
Pois eu creo que debería ter existido ese tal Jean-Baptiste Botul. E sendo a cousa que, como Don Croques desvela, non existiu, é de agradecer que haxa quen o teña inventado.
Home sr Foz, supoño que os que renegan do fascismo ou de ideoloxías semellantes, non serán "o pior". Dígame de que renegan e falamos...
Falo de gentes como Carlos Luís Rodriguez (ex-PSG), Pedro Arias (ex-PC), Miguel Cancio (ex-PC) e outros parecidos. Normalmente há uma motivação económica.
Publicar un comentario